31/03/09

MULLERES TRABALLADORAS II

Desta vez presentamos unha pequena "selecta" dunha mostra exposta no interior da biblioteca: son escenas cotiás da vida da muller, reflectidas en instantáneas atopadas na rede: dende os traballos típicos do mar e do campo e o tempo de lecer até personaxes femininos pioneiros na súa época na política, coma Mª Purificación Gómez, alcaldesa da Cañiza, única muller galega en acadar este posto durante a segunda república. Elisa e Jimena Fernández de la Vega foron as primeiras mulleres universitarias galegas, ámbalas dúas licenciadas en Medicina e investigadoras cos doctores Gregorio Marañón e Nóvoa Santos; e mulleres de "antes" paseando pola rúa.
O traballo das primeiras mulleres, con labores non recoñecidos e, non por iso menos importantes, foron os piares das derradeiras. Grazas ó traballo polo recoñecemento da muller galega das nosas devanceiras, somos hoxe en día o que somos, cos mesmos dereitos e oportunidades que o sexo oposto, e aínda que xa levamos camiño percorrido, a loita pola igualdade dos sexos non debe cesar.

Conserveiras











Redeiras

Marisqueiras

Mulleres pola rúa




Alcaldesa republicana


Excursión parroquial


1ªs universitarias galegas


(Alumnas de 4ºA da Eso)

12/03/09

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Unha das actividades coas que dende o IES de Melide quixemos conmemorar o Día da Muller Traballadora, foi a elaboración dunha exposición de fotografías que reproducen Escenas da Vida Cotiá da Muller. No taboleiro exterior da biblioteca , e gracias á colaboración de distintos membros da comunidade educativa, pódense ver fotos en branco e negro e de cor sepia, algunhas delas, moi antigas, nas que vemos á muller traballando no agro, nunha conserveira, mariscando, remendando as redes, de paseo pola rúa na cidade, na praia ou no río, fronte á súa máquina de coser, na tenda ou taberna, nas "funcións" a un santo (que aínda se seguen facendo nas aldeas galegas) , no día da súa voda....ou simplemente posando nun espazo rural ou urbano, aproveitando as poucas ocasións en que tiñan unha cámara diante. En moitas desas fotos hai algo en común: case sempre están acompañadas de cativos, fillos, veciños, incluso nos ratos de lecer. Esa dobre función de "nai-traballadora", "nai-educadora", que aínda se segue a manter na actualidade, debido, en grande medida , á non asimilación dos varóns do reparto das tarefas, nunca será debidamente recoñecida e valorada.
Segundo datos contrastados, as mulleres efectúan as dúas terceiras partes do traballo do mundo. Producen entre o 60% e o 80% do alimento de África e Asia e o 40% do de América Latina. Sen embargo, só gañan unha décima parte dos ingresos do mundo e posúen menos do 1% das propiedades deste. Figuran entre as pobres máis pobres do mundo.
Se engadimos as situacións de violencia, agresión directa ou indirecta, discriminación laboral etc. que padece en todas as partes do planeta, a muller vive, con moita frecuencia, en condicións verdadeiramente dramáticas. É preciso algo máis que un día para lembralas. Como sempre, a primeira fronte é a educación dende a infancia de nenos e nenas, a interiorización do concepto de igualdade da dignidade persoal de cada quen, independentemente do seu sexo.
Esta é, sen dúbida, a primeira pedra sólida dos "cimentos da casa" que queremos construir. Que cada quen faga o que lle toque no seu posto. É unha carreira de fondo e haina que gañar. Porque gañaremos todos.
Na sección cinematográfica deste blog, www.biblomelidecine.blogspot.com, podes atopar a reseña de películas que tratan a fondo o tema da muller traballadora.

21/02/09

AMORES.....

Co gallo do día dos namorados, dende a biblioteca, impulsouse a reflexión sobre o que xurde inmediatamente en nos, cando pensamos no amor de parella: o máis probable é que imaxinemos uns mozos guapos , de "anuncio", nunha actitude amorosa. Isto é o que estamos afeitos a ver, nesta sociedade nosa, que prima, por riba de todo, os valores da xuventude e a beleza. Pareceríanos igual de "normal" ver a unha parella de anciáns namorados, bicándose pola rúa..... ou serían motivo dun sorriso pola nosa parte?.
Esta non é só unha reflexión de hoxe. Xa Castelao en "Cousas", recrea nun pequeno relato o amor apaixoado e silencioso de dous vellos , amor que vai máis alá da morte. Pensamos que pola súa beleza e sensibilidade, cómpre reproducilo neste espazo.

DOUS VELLOS QUE TAMÉN TIVERON MOCEDADE

"Dous vellos que tamén tiveron mocedade, que se coñeceron nun baile, que logo se casaron por amor e que viviron amándose tolamente. Dous vellos, sempre xuntos e sempre calados, que viviron escoitando o rechouchío dun xílgaro engaiolado. Sen fillos e sen amistades. Soios.
Antonte leváronlle o viático ó vello e onte morreu. A compañeira dos seus días visteuno, afeitouno e púxolle as mans en cruz.
Hoxe entraron catro homes e sacaron a caixa longa onde vai o morto. A vella saíu á porta da casa e, coa voz amorosa dos días de mocedade, despideuse do seu compañeiro:
-¡Deica logo, Eleuterio!
E os veciños que acudiran ó espeutáculo tapáronse as bocas e riron cos ventres. A despedida da vella foi rolando e chegou ó casino, e o "deica logo Eleuterio" xa se convirteu en motivo de risa.
Todos, todos, se riron e ninguén se decata con que delor a vella namorada chamará pola morte nesta noite de inverno."


19/02/09

DIA DOS NAMORADOS

Na biblioteca do IES de Melide celebrouse o día dos namorados co tradicional concurso de cartas de amor , pero cunha variación sobre os destinatarios: desta vez, estes tiñan que ser personaxes literarios, cinematográficos ou televisivos.
O remitente tiña que poñer o seu nome máis un pseudónimo con vistas á posible publicación.
Por outra banda, organizouse unha pescuda de parellas de namorados históricos, cinematográficos ou televisivos: cunha imaxe e unhas poucas pistas , os alumnos debían adiviñar a súa identidade. Aquí temos un exemplo do noso traballo.
"Ela é unha moza fermosa, rica e caprichosa que fará todo o posible para conseguir o amor del.
El é un mozo sinxelo, de carácter bo e débil. Sente unha forte atracción por ela , pero casará coa súa curmá, por sentido do deber.
Un segundo home está perdidamente namorado da moza, pero este é un amor non correspondido.
A historia ten lugar durante a Guerra de Secesión americana."
No soporte de cortizo da biblioteca expúxose unha “miniescolma” con poemas moi coñecidos, representativos do amor e o namoramento, e da morriña que este pode provocar: dende o famoso soneto de Lope de Vega que describe o estado de “tolemia” polo que pasa o amante (“ desmayarse, atreverse, estar furioso”) pasando polos consellos de Rosalía sobre os “bos amores” (“busca eses amores, búscaos, si tes quen chos poida dare ") até a “aguda espina dorada” cravada no corazón de Antonio Machado, as tres feridas de Miguel Hernández (“la del amor, la de la muerte, la de la vida”) e a soidade e inquedanza da moza da cantiga de amigo (e ai Deus, se verrá cedo!)




17/02/09

MAIS SOBRE O DIA DA PAZ: ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA

Aínda que cun pouco de retraso (temporais e outras incidencias) aquí sae a reportaxe sobre o Día Escolar da Paz e da non Violencia, cunha esperanza obstinada ante o panorama que se pode ver nos medios de comunicación todos os días. Adxudicámoslle un lugar especial ao Texto Introductorio sobre a Paz. “ PAZ, UTOPÍA IMPOSÍBEL?”. Fronte a violencia de todo tipo, tamén nós eliximos a palabra. A palabra, e a poesía, aínda coa súa fraxilidade .
Este ano, no IES de Melide, fixemos un “tendal de cancións e poemas” en distintos idiomas sobre este tema, que acompañaban ao" Texto Introductorio sobre a Paz", tendo unha participación moi especial, os alumnos de Ética de 4º da ESO, aínda que traballaron alumnos de todos os grupos e niveis até encher a entrada do IES e un longo corredor.

Tendidos como panos, hai textos en galego, castelán, portugués, wolof (lingua do Senegal), latín, inglés, francés…. Todas as linguas para reivindicar un ben que é imprecindible para toda a humanidade.

PERSOEIROS RELACIONADOS COA PAZ

Tamén dende a Biblioteca e co apoio do profesorado Ética, realizouse unha actividade consistente nunha “ pescuda de personaxes e organizacións ocultos” que ao longo da historia contribuiron dun ou doutro xeito, en diferentes eidos, á procura dun mundo mellor e mais xusto . Proporciónase a imaxe destas 18 persoas e entidades e unha serie de pistas . Con mais xente coma esta o mundo iría doutra maneira!!! Os alumnos de 4ºESO están na investigación. Sorte!!!!!

11/02/09

30 DE XANEIRO: DIA DA PAZ

Na conmemoración do Dia Escolar da Paz e da non Violencia, os alumnos de 2º BAC de Ciencias Políticas e Introdución á Socioloxía, realizaron un vídeoclip alusivo ao tema. Dámoslles as gracias polo seu traballo e dedicación.


04/02/09

Entrevista a Ánxeles González, encargada da Biblioteca Municipal

1. Canto tempo leva traballando como bibliotecaria no Concello de Melide?
Recentemente fixo 30 anos, o día 2 de xaneiro.
2. Que é o que máis lle gusta da súa profesión?
A min xeralmente gústame todo, menos que a veces se sae un pouco de si o ruído, pero hai que entender que esta é unha biblioteca pública na que a idade non está limitada, e iso é algo normal.
3. Recorda algunha anécdota curiosa que lle sucedese no seu traballo?
¡Que pena que non avisarades antes! Tería que facer memoria..., pero acórdome agora dunha moi curiosa. Isto era un neno o que coñezo dende hai moito tempo, agora xa está feito un home. Eu estaba cerrando a porta da biblioteca e de súpeto chegou moi axitado, como se viñese correndo, e dime: “ Espera, espera, espera” e pregúntolle “A ver, que pasa?” , “É que necesito un libro de galos e de galiñas que tes aí arriba, porque a miña veciña ten un galo e quéreo capar”.
Creo que é un argumento bastante consistente para ver que nos libros hai solucións para todo.
4. De cantos libros consta aproximadamente a biblioteca?
Duns 18.400, aproximadamente.
5. Cales son os libros máis reclamados neste momento?
Made in Galiza e O neno do pixama de raias, entre outros.
6. O neno do pixama de raias, é un deses libros que ten unha película. En xeral, que cre que chama máis a atención á xente, o libro ou a película?
A ver, á persoa que viu a película xa non lle interesa tanto o texto, pode haber un tanto por cento que logo o reclame, pero é unha minoría. Eu creo sen dúbida, que o reclamo é o libro, e despois a película, pero iso é ó gusto de cada un, para algunha xente é máis doado ler o libro simplemente.
7. Un lector... nace ou faise?
Sen dúbida, faise. Eu creo que se o neno ve aos seus pais co libro na man, vai ser moito máis doado que se afaga a este hábito.
8. Cre que a lectura é un hábito que está aumentando ou diminuíndo entre a xuventude?
Pois eu aí discrepo moito, penso que todo iso varía bastante.
E entre os maiores?
Entre os maiores, a lectura manda.
9. Internet é cada vez a fonte de información máis solicitada pola xente nova. Papalibros é unha desas páxinas que intenta reflexar que os libros non son sempre aburridos, xa que todas as opinións están escritas por estudantes, cre que con este tipo de iniciativas se pode chegar a fomentar a lectura naqueles que non teñen ningún tipo de interese por esta?
Por suposto que si, a xuventude cre máis o que di o seu compañeiro de pupitre ou da clase do lado que o que vaia dicir eu ou o seu profesor, posto que para el é moito máis real o que di un rapaz da súa idade.
10. Como se sente despois de que o escritor Xosé Vázquez Pintor, nativo desta terra, doase toda a súa obra á biblioteca do concello?
Iso foi unha lotería para min e para todos os melidenses, ademais é un honor que un escritor da súa talla de nome a esta biblioteca.
11. Sabemos que o ilustrador Xosé Tomás está preparando un mural para a biblioteca. Que opina do proxecto?
É unha convocatoria da Xunta de Galiza do ano pasado que facilitou unha serie de axudas para realizar un proxecto de biblioteca ilustrada.
Ente a lista de ilustradores que a Xunta nos facilitou encontrábase Tomás, que nos cadrou moi ben porque estaba preto e el aceptou encantado cando llo dixemos.
12. Recomende un libro
La Guerra Civil que no va a gustar a nadie, de Baragalan, que trata as cousas cun pouquiño de humor a pesar da situación política da época.

Mónica e Laura (1ºBAC A)

31/01/09

DE VOLTA COA MOCHILA VIAXEIRA

Reiniciouse o curso escolar e xa están de volta das vacacións de Nadal , as mochilas viaxeiras. Qué foi delas?: todas regresaron íntegras coa súa carga “cultural” en perfecto estado. Qué lles pareceu ás familias das rapazas?: un pouco o mesmo que a elas; ao principio causoulles sorpresa e estraneza unha actividade que nunca se fixera na biblioteca do noso instituto e que implicaba achegar os recursos dos que dispoñemos no I.E.S. ás persoas que conviven cos alumnos.
Como xa se explico nunha anterior entrada ,tentouse acertar cos gustos de cada quen. O curioso é que neste punto foi onde mais dubidaron as participantes. Quizais porque todos estamos mais afeitos a saber as cores, ou os complementos que lle agradan a un familiar, pero non soe ser tan fácil acertar coas lecturas, algo máis , cos discos e as películas.
O material foi variado, e abondaron os “clásicos” en todos os eidos. Por citar algún exemplos, hai pais e nais que se deleitaron con obras de Castelao (Nós) ou “A vida e a fala dos devanceiros”. No apartado de cine tamén se viron con gusto ( e en familia) “El club de los poetas muertos” ,“El nombre de la rosa” ou “Cinema Paradiso”.
Pero houbo xéneros cinematográficos tan variados como os devanditos e “As vacacións de Mr.Bean”, “Twister”, “Big fish”, ”Uno,dos,tres”, “M. Batignole”, “Kirikú y la bruja”etc.
Os cómics sempre funcionan ben , como o testemuñan as lecturas de aventuras de Astérix (especialmente os últimos números baseados nas películas) ou , dende outro punto de vista ,“Cómo dibujar Manga”. Na música decantáronse pola clásica e Vivaldi, Mozart e Beethoven volveron deleitar coas súas obras maestras. Ás veces tamén cadrou que un libro de literatura xuvenil, acáballe gustando á nai: foi o caso de “El último tren a Zurich” e viceversa, unha lectura proposta para os adultos “engancha” á rapaza ( vg.“El perfume”).
Conclusións conxuntas de alumnos e familiares: hai que repetir a actividade , resultou moi grato levar, de xeito extraordinario, até oito ou dez recursos (di unha alumna) , e este ven sendo, ao fin e ao cabo, un achegamento mais das familias ( sobre todo dos pais) ao centro no que estudan os seus fillos. Un inimigo común a todos: o tempo. De onde se saca o tempo para ler?. Non coñecemos a fórmula máxica , pero agradecemos sinceiramente os esforzos feitos por todos os familiares que participaron na “mochila viaxeira”.
ATÉ A PRÓXIMA OCASIÓN!!!

19/01/09

ENTREVISTA A JAUREGUÍZAR

Un grupo de alumnas de 3º de ESO A realizou unha entrevista ao escritor e xornalista Santiago Jaureguízar, con motivo da lectura da súa obra "SALITRE". Aquí a tedes íntegra:


1.Cando comezaches a sentir curiosidade pola lectura?
Pois durante moitos anos lía libros que non me interesaban moito, porque eu, cando era neno, nos colexios e nos institutos mandábannos ler libros moi clásicos, moi serios, de cousas que aconteceran hai moitísimos anos, cunha linguaxe antiga; a literatura para rapaces aínda non entrara nos institutos nin nos colexios. Eu descubrín que os libros eran unha cousa moi divertida lendo libros de Salgari e de Pío Baroja, un libro que se chamaba Zalacaín el aventurero, que foi o primeiro, lino con 13 ou 14 anos.

2.Cal é o tipo de libros que máis che gusta ler?
Son libros parecidos aos que escribo eu, porque un sempre acaba contando
historias que lle gustan a el, e son libros con intriga, aventuras con intriga, sempre que acontezan nos tempos nos que vivimos; a min gústame a literatura que fala sobre o tempo no que estamos, e non a literatura histórica. E son ese tipo de libros nos que pasan cousas.

3. Como comezou o teu afán por escribir?
Empezou hai uns 30 anos, cando eu tiña 13, e daquela estaba comezando un grupo que se chamaba “Siniestro Total”, que todos coñecedes, pero a min daquela era un grupo que me fascinou moito e me interesou moito o que estaban a facer, unha cousa moi divertida, moi fresca. Empecei a facer letras para formar un grupo, algo parecido a iso; como son torpe de orella non son capaz de facer música, polo que comecei con letras, e a partir de aí empecei a facer contos, e despois acabei facendo as novelas que fago agora.

4. Imaxinaches, cando escribiches as primeiras obras, que algunhas delas ían ser publicadas?
Cando escribín as primeiras non, porque era moi novo, pero xa daquela empecei a
publicar historias nas revistas do colexio; a primeira historia que publiquei tería 10 anos e publiqueina na revista do colexio, e a partir de aí empecei a publicar en revistas do instituto e despois da universidade, en xornais pequenos, e máis ou menos ía vendo que publicaban esas cousas que facía. Logo chegou un momento no que conseguín publicar libros.

5. Como te sentiches ao velos publicados?
Recordo a primeira vez que publiquei un libro de contos, pois recordo que estiven
dando saltos pola casa durante un cuarto de hora cando vin que era meu, que estaba publicado o meu libro, pois é unha emoción grande.

6. Traballas só como escritor ou tes outra profesión?
Non, a miña profesión principal é a de periodista. Eu son un redactor de cultura no diario O Progreso de Lugo, é ao que me dedico fundamentalmente, e a parte diso escribo libros, pero o meu traballo é o de periodista.

7. Gustaríache dedicarte única e exclusivamente aos libros?
Non sei se me gustaría dedicarme única e exclusivamente aos libros, pero de momento como agora non pode ser, non mo plantexo. Sobre todo porque estou traballando nun sitio que me permite estar en contacto con moitas historias que acontecen todos os días. Isto deume moito material para os libros, e non creo que fose bo que deixase de estar no xornal, por que supoño que as miñas novelas perderían moita vida.

8. Escribes para todos os públicos ou só para a xuventude?
Teño 17 libros publicados, e a metade son para rapaces, e a outra metade para adultos, máis ou menos, escribo tanto para un público como para outro. Vou combinando, o normal é que faga unha historia para rapaces e outra para adultos ao mesmo tempo porque me gusta combinar as dúas cousas que son algo distintas; nas de rapaces tento que teñan máis vida, máis acción, máis ritmo; e as de adultos, que teñan máis de análise ou de reflexión.

9. En que te inspiraches para escribir Salitre?

Nace de que fun pasar un verán nunha casa que estaba sobre unha praia, e nun extremo da praia había un chiringuito dende o que se vían rapaces facendo surf. Aí foi cando comecei a pensar nesa historia.

10 Adoitas deixar o final destas historias indeciso como en Salitre?
A historia de Salitre ten un final que non se pecha, que non se conta o que aconteceu, que non se sabe que foi da nai. Este final estaba pensado para que os lectores participasen nel, que pensasen en como podía ser o final. Quería que os lectores participasen dalgún xeito neste libro, pero hai moita xente que me pide unha segunda parte, e xa estou vendo que non sentou ben que deixase este final sen resolver.

11. Por que trataches os temas das drogas, alcohol e sexualidade?
As drogas, o alcohol e a sexualidade son tres temas que aparecen moi pouco no libro, pero son os que máis chaman. Tratei os temas porque son os que a min me preocupaban moito cando tiña 14 anos, cando nos contan que todo isto non se pode tocar, e logo vaste dando conta dos perigos que teñen cada un deles e das partes boas que teñen. Son temas de sempre, non os inventamos nós; xa en tempos de Grecia e Roma acontecían estas cousas. Son temas que me atraían nesa idade, como supoño que agora vos atraerán a vós, pero a verdade é que os trato moi pouco no libro.

12. Que queres ensinar con este libro?
Cando escribo libros non pretendo ensinar nada, porque non dou clases, non son profesor, son periodista. Simplemente conto historias, tanto no periódico coma nos libros. Este libro fala sobre a importancia dos afectos sobre todo. Hai un rapaz que ten unha visión un pouco negativa de seu pai porque é ríxido con el e fai que sexa moi disciplinado, sen embargo o pai é o que coida del e lle soluciona a vida, e el, a pesar diso, ten mitificada a súa nai, que foi unha muller que o abandonou con seis anos; e falo un pouco diso, de que moitas veces queremos a quen non o merece e miramos mal a quen merece que o queiramos.

13. Esta obra trata dunha problemática actual. Todos os teus libros tratan deste tipo de temas?
Os meus libros son sempre actuais; eu non fago novela histórica porque parece que non ten moito sentido se estás vivindo nunha época que non fales sobre a túa época, das cousas que pasan na túa época, das cousas que lle preocupan á xente da túa época.
14. Estás escribindo algunha historia?
Eu sempre escribo dous libros a un tempo. Estou escribindo unha historia para rapaces e outra para adultos, e acabo de entregar dúas novelas que conto que sairán en marzo, que tratan sobre un reporteiro que investiga misterios polas cidades galegas, e vai para rapaces. Espero que vos guste se tedes oportunidade e interese de lelo.

15. Canto tempo lle dedicas á creación literaria?
Érgome todas as mañás ás seis, e o normal é que escriba ata as oito, máis ou menos. Eu teño dous nenos, e depende do que durman eles, do que me deixen traballar eles, pero o normal é entre unha hora e media e dúas horas.

16. En que te inspiras cando creas as historias. Véñenche simplemente as ideas á cabeza nun momento?
Non, as ideas non veñen á cabeza, o normal é que un vaia todo o día lendo prensa, eu estou traballando un xornal, co cal todos os días estou en contacto con moitas historias que me interesan que van creando un pouso e ao final hai unha chispa que prende e sae a historia de aí, pero estou sempre lendo historias, mirando historias en internet e iso crea ao final os libros.

17. Cal dirías que é a túa obra preferida?
É complicado dicir isto, porque non é moi xusto o éxito dos libros, a vida dos libros. Hai libros que custou moito facelos e que logo non interesaron a ninguén; outros que escribín rápido e foron un éxito. Un dos que me gusta máis é Salitre, é o que se leu aquí no instituto de Melide, e se me gusta é porque primeiro contei unha historia que me apetecía contar, de intriga, unha historia moi sinxela e que foi moi ben recibida polo público, e iso sempre se agradece moito.

18. Acábanos de chegar a noticia de que fuches o gañador do premio Terra de Melide coa túa obra O Globo de Shakespeare. Como te sentes con este premio, un máis dos moitos que estás acadando?
Este é un premio moi importante. Paréceme importante que un concello coma este faga unha aposta por manter un premio como o de Terra de Melide. Eu presenteime a el porque considero que é un dos premios importantes que hai nestes momentos no país. E foi cunha novela que se chama O Globo de Shakespeare, que está chegando nestes momentos ás librarías, e sempre cando un saca un libro ten un certo medo, porque un non sabe como vai reaccionar o público. Se houbese unha fórmula, todos nos dedicariamos a ela, e este libro en concreto, como vai respaldado por un premio, sempre hai un dobre medo porque a xente sempre o vai ler pensando que ese libro levou un premio e que sempre ten que ser un bo libro. Non sei se é un bo libro ou un mal libro, iso téñeno que decidir os lectores, pero sempre hai esa cousa.

19. Poderíasnos falar un pouco da túa obra O Globo de Shakespeare?
É unha historia que acontece en Ribadeo, nunha vila da costa de Lugo na que eu pasei a miña infancia toda, e o que pasa é que hai un pazo no que aparece unha obra inédita de Shakespeare; entón é un pouco contar esa historia. Hai unha intriga e unha serie de personaxes que viven os seus amores e desamores a raíz de que atopan ese suposto manuscrito de Shakespeare.

20. Gustaríache dicir algo para os nosos lectores?
Si, gustaríame contarvos o que estiven comentando hoxe nas clases aos rapaces que estabades. Que as historias non están unicamente nos libros, que están tamén nas mensaxes de SMS que vos enviades e nas historias que vos cantades de cando vos pasa algo con un rapaz, ou con un profesor.


Andrea Vázquez Rodríguez
Silvia Vázquez Sufuentes
Patricia Roca Fernández
(S3A)

23/12/08


ATÉ O ANO QUE VEN COA MOCHILA VIAXEIRA!!!

Neste trepidante final do 1º trimestre no que se xuntan os exames, os traballos de última hora para subir nota, a participación en actividades de Nadal e un longo etcétera., un grupo de rapazas de 4º da ESO do IES de Melide, atoparon un pouco de tempo para , coa axuda da profe bibliotecaria, escoller libros (de ficción, ensaio, cómics…) películas e discos para levarlles aos seus pais, nais, irmáns, abós, e até madriñas , nunha mochila de "ida e volta". Esta actividade hai pouco que se fai no instituto, e soe espertar bastantes reticencias: "os meus pais non teñen tempo para ler, non sei ben os seus gustos, a miña irmá está na típica idade insoportable, non sei que lle levar….” Pero entre todas (si, todas "féminas", ¿por qué será?) puxémonos as pilas e nun tempo récord fomos quen de acadar o noso obxectivo: facer un pequeno “agasallo” ás familias dos alumnos e tentar, tamén, inculcar a idea de que os regalos de Nadal ou Reis poden ser algo mais que roupa, complementos, xogos de ordenador etc. Non esquezades os libros. Un bo libro é un regalo que nunca se esquece. Un libro é a mellor viaxe.
Este foi o lema que puxemos dentro das mochilas xunto con este outro:“AFAITE A REGALAR LIBROS POLO NADAL “

14/12/08

UN PASEO POLA IDADE MEDIA

Este ano na biblioteca do IES decidimos tratar a animación lectora con temas que se van miodificando cada certo tempo. Así, decidimos comezar co MUNDO MEDIEVAL: toda a biblioteca se converte nunha fortaleza.

A mesa do banquete está preparada co necesario: xarras e copas para beber e libros para comer (ou, mellor dito, para devorar).

Pero non falta o preso na terrible mazmorra, o recuncho do frade copista, as imaxes de arte e películas proxectadas na pantalla, os murais sobre diferentes aspectos medievais, e moitas máis cousas.


Animádevos todos a entrar no pasado, e botádelle un ollo aos fabulosos libros que temos na mesa dos PAPALIBROS: son para mirar, para tocar, e para levar a casa e ler.
Dende a biblioteca queremos dar as grazas a todos os que fixestes posible que a ambientación se levase a cabo: a alumnos (que tanto traballastes nelo), e a profesores de moitos departamentos (a vós, que fixestes cancelas, almeas e escudos; aos que trouxestes manequíes; aos que montastes Powerpoints para proxectar; aos que elaborastes murais cos rapaces; e un longo etcétera).
Á volta de Nadal seguiremos un pouco con este tema, e en breve cambiaremos. Iso si: aceptamos suxestións!!

12/12/08

OUTRA CARA DOS DEREITOS HUMANOS

Na D.U.D.H., a Violencia de Xénero ocupa, ou debería ocupar, un lugar prioritario. Ese artigo que fala da non discriminación por razóns de sexo, semella papel mollado ante a crúa realidade. Esta lacra existe en todos os rincóns do planeta, mesmo no considerado “mundo desenvolvido” : as mortes de mulleres a mans das súas parellas , acadan cifras arrepiantes que van en aumento, a máis das mutilacións xenitais, a prostitución feminina (incluida a infantil), as vexacións e a explotación laboral , que son prácticas globalmente extendidas. É preciso recoñecer que moitas veces oímos falar destes temas nos medios de comunicación cunha indeferencia certamente culpable.
Os alumnos do IES de Melide traballaron sobre este terrible problema dende distintos puntos de vista.
Co gallo do 25 de novembro, o alumnado de 4º da ESO cubriu toda unha parede do instituto con esquelas funerarias duns 30 casos de crimes cometidos contra mulleres : as fontes da información foron os xornais e as revistas da biblioteca .
Rapaces de 1º de BAC, recorrendo ás mesmas fontes xornalísticas (prensa escrita e dixital), elaboraron un mural con textos de noticias e imaxes ilustrativas, algunhas moi elocuentes, do drama que non cesa.
Finalmente alumnos de 2º de BAC elaboraron unha información (recollida en soporte mural e exposta a carón da Biblioteca) sobre a consideración da muller nas distintas relixións: cristianismo, islam, hinduísmo, budismo, mitoloxía grega...
E despois de todo este traballo, qué podemos facer fronte a estas situacións?. Cando nos falan de sucesos ocorridos en lonxanos países, pensamos que iso “non vai con nós”, que realmente pouco podemos facer. Isto é relativo:existen O.N.G.s que se adican a loitar pola dignidade da muller
nos cinco continentes e, especialmente no 3º mundo. Podemos colaborar con elas, cada un, dentro das súas posibilidades. Podemos non mercar productos que sabemos que están feitos gracias á explotación laboral, especialmente a feminina. Pero por enriba de todo, hai un elemento fundamental: a EDUCACIÓN nos valores do respecto á vida, á dignidade e á igualdade entre sexos dende a infancia, educación, que, no noso país, é aínda tan deficiente. Non perdamos a esperanza. E lembremos que “nada do humano énos alleo”. Aínda que sexa doutro sexo.

10/12/08

60º ANIVERSARIO DE LA D.U.D.H. POLA O.N.U.

Tal día coma hoxe en 1948, a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración Universal de Dereitos Humanos. Os antecedentes mais próximos no tempo, foron a Carta Magna da Inglaterra medieval, a Declaración de Independencia Norteamericana, e a Declaración de Dereitos do Home en 1789 durante a Revolución Francesa, texto que ilustra este comentario.
Na historia da humanidade, sempre se loitou polo establececemento escrito das leis,que regulaban as relacións entre os poderosos e o pobo chan, e entre os cidadáns mesmos, cando se tivo conciencia disto. A realidade, coma sempre, é túzara , e o nivel de cumprimento de ditos dereitos é calamitoso en moitísimas partes do planeta. Informes de organizacións como Amnistía Internacional dannos a alerta sobre situacións arrepiantes de xenocidios, prostitución infantil, terrorismo, explotación laboral e un longo etcétera. Tamén no chamado primeiro mundo abondan casos desta índole. Tócalles aos gobernantes, aos poderes públicos, evidentemente , arranxar este cumio de inxustizas, pero todos, no noso traballo, no noso posto, podemos facer mais do que en principio podemos pensar. Non esquezamos aquelas palabras que Hemingway

utilizou na introdución dunha das súas mais coñecidas novelas: non somos illas, somos continentes....por iso...non preguntes por quen dobran as campás: dobran por tí.
Que o saibamos entender a tempo.

14/11/08

LECTURAS DAMATIZADAS EN 4º DA ESO

Hai unhas semanas tivemos o pracer de recibir a visita da actriz Fusa Guillén quen axudou a 7 rapaces de 4º da ESO a poñer en escena a peza teatral "O Mexillón", baseada na obra do autor estadounidense John Steinbeck. Nela abórdase a historia do descubremento dunha perla que axudaría a mellorar as condicións de pobreza nas que vive unha familia de pescadores. Pero o agasallo" resulta ser unha fonte de desgrazas, unha tras outra, até que deciden desfacerse dela.A adaptación libre da novela transcorre nun campamento de rapaces que descubren unha "perla" dentro dun mexillón. Esta descuberta sementa a discordia entre os compañeiros e fai que xurda o peor deles: cada un quere apropiarse do "tesouro", e ,tras unha serie de incidentes, a suposta" perla" desfaise e todos aprenden a lección: é moitísimo mais prezada a súa amizade que ningún tesouro. Ao monitor, Serafín, aínda lle quedará por aprender o que os seus "titorandos" xa saben.Sete alumnos de 4º da ESO, dirixidos previamente polo seu profesor de galego, fixeron ensaios das lecturas na clase e un derradeiro con Fusa. O resultado foi satisfactorio: os 4 actores e 3 actrices foron: Iria, Diego, Bruno (de nome artístico "Ramón"), Alejandro, Diego, Yolanda e Ana. Non é doado subir ao "estrado" e superar a posible vergonza, nervios e o famoso "medo escénico" que padecen case todos os actores, sobre todo os noveis.Por iso mesmo dámoslles as gracias por facernos pasar un rato agradable e divertido. Noraboa e que non sexa a última vez!!!

09/11/08

24 DE OUTUBRO, DIA DA BIBLIOTECA






O 24 de outubro celébrase o Día Mundial da Biblioteca. En España vense conmemorando dende 1997.
As bibliotecas son, na súa acepción tradicional, espazos onde se atopan libros. En todas as épocas históricas houbo importantes e magníficas bibliotecas, dende a Antigüidade (Alexandría, Pérgamo) pasando pola Idade Media, o Renacemento, Barroco....até chegar a nós.
Para celebrar a data, este curso fixemos unha exposición cunha serie de bibliotecas de distintas épocas e estilos, dende a da Universidade de Santiago de Compostela (hoxe en día na Facultade de Xeografía e Historia) até algunhas de E.E.U.U. ben curiosas, por certo, cos libros facendo de muros exteriores.
E sempre sen esquecer a frase de J.L.Borges que encabeza a exposición: “sólo entendería el Paraíso como un lugar donde hubiese libros” Ogallá que todos saibamos aproveitar os recursos que temos ao noso dispor, no noso centro e noutras entidades para non deixar de abrir e descobrir ese tesouro agochado que está esperando a que o atopemos..........nun libro.

07/11/08

As nosas primeiras visitas á biblioteca

O grupo de 1º de ESO D realizaron hoxe unha visita guiada pola biblioteca do noso centro. Nela aprendimos, como se cataloga un libro, as diferentes seccións da sala, as normas de uso, e sobre todo que a biblioteca non é só un espazo físico, senón máis ben un lugar de encontro entre distintas materias, entre diferentes experiencias. E descubrimos que este ano imos "disfrazar" a nosa biblioteca de diferentes temas. Imaxinádela convertida nunha fortaleza medieval? Ou nun barco pirata? Ou nun espazo de terror e misterio? Para iso imos precisar a axuda de todos, especialmente dos alumnos (que son os máis ocorrentes).

10/10/08

Un instituto multicultural

Este ano temos a sorte de que alumnos e alumnas doutros países se matricularon no noso IES: Brasil, Marrocos, República Dominicana. Queremos dende o BIBLOMELIDE darlles unha cálida benvida, e compartir con todos este poema de Rafael Amor, titulado "No me llames extranjero".

No me llames extranjero, por que haya nacido lejos,
O por que tenga otro nombre la tierra de donde vengo
No me llames extranjero, por que fue distinto el seno
O por que acunó mi infancia otro idioma de los cuentos,
No me llames extranjero si en el amor de una madre,
Tuvimos la misma luz en el canto y en el beso,
Con que nos sueñan iguales las madres contra su pecho.

No me llames extranjero, ni pienses de donde vengo,
Mejor saber donde vamos, adonde nos lleva el tiempo,
No me llames extranjero, por que tu pan y tu fuego,
Calman mi hambre y frío, y me cobije tu techo,
No me llames extranjero tu trigo es como mi trigo
Tu mano como la mía, tu fuego como mi fuego,
Y el hambre no avisa nunca, vive cambiando de dueño.
Y me llamas extranjero por que me trajo un camino,
Por que nací en otro pueblo, por que conozco otros mares,
Y zarpé un día de otro puerto, si siempre quedan iguales en el
Adiós los pañuelos, y las pupilas borrosas de los que dejamos
Lejos, los amigos que nos nombran y son iguales los besos
Y el amor de la que sueña con el día del regreso.
No me llames extranjero, traemos el mismo grito,
El mismo cansancio viejo que viene arrastrando el hombre
Desde el fondo de los tiempos, cuando no existían fronteras,
Antes que vinieran ellos, los que dividen y matan,
Los que roban los que mienten los que venden nuestros sueños,
Los que inventaron un día, esta palabra, extranjero.

No me llames extranjero que es una palabra triste,
Que es una palabra helada huele a olvido y a destierro,
No me llames extranjero mira tu niño y el mío
Como corren de la mano hasta el final del sendero,
No me llames extranjero ellos no saben de idiomas
De límites ni banderas, míralos se van al cielo
Por una risa paloma que los reúne en el vuelo.

No me llames extranjero piensa en tu hermano y el mío
El cuerpo lleno de balas besando de muerte el suelo,
Ellos no eran extranjeros se conocían de siempre
Por la libertad eterna e igual de libres murieron
No me llames extranjero, mírame bien a los ojos,
Mucho más allá del odio, del egoísmo y el miedo,
Y verás que soy un hombre, no puedo ser extranjero.


RAFAEL AMOR
Se queres escoitar a canción, fai click aquí.

03/10/08

CONTACONTOS - MARIO TOMÁS






A través da nosa biblioteca chegou ao centro o contacontos MARIO TOMÁS. Cunha marcada expresividade dos xestos, e unha modulación da voz que, en máis dunha ocasión, fixo saltar da cadeira aos asistentes, encandilounoscun repertorio de contos do mundo, doutros lugares, doutras épocas,... Fabuloso. A xente de 1º de ESO involucrouse de cheo no espectáculo (bueno, na "contada"), e chegaron a meterse tanto nas historias, que más dun acabou rebuznando!!

26/09/08

BENVIDOS - BIENVENIDOS - WELCOME - ترحيب - BOA VINDA - BENVINGUTS - WILLKOMEN - BIENVENUE - BENVENUTTI


Comezamos o curso e o BIBLOMELIDE sae do cascarón. Veremos que sorpresas nos trae este curso, que novas aventuras nos agardan por ler, e canto poderemos viaxar coa mente e coa imaxinación. Desexámosvos unha calurosa benvida ao noso centro, á nosa biblioteca, e ao noso BLOG. VAMOS ALÓ!!

08/06/08

Un blog sobre BANDA DESEÑADA

Está moi ben que a prensa aposte pola historieta (ou cómic, ou banda deseñada, ou...). La Voz de Galicia ten un blog, que dirixe o xornalista Rubén Santamarta, que fala desa arte, e nel podemos ver novidades, autores galegos, críticas, etc. Realmente paga a pena visitalo. Se vos apetece botarlle un ollos, facede click nesta ligazón: http://blogs.lavozdegalicia.es/comic/

09/05/08

Relecturas musicadas: Celso Emilio Ferreiro na longa noite de pedra

Deitado frente ao mar

Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro,
alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,p
equenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan sabe
nafirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...

08/05/08

Crepúsculo



Este é un dos títulos que últimamente está arrasando no noso club de lectura, Os Papalibros.
Crepúsculo é unha triloxía na que a autora, Stephnie Meyer, cóntanos a complicada relación entre Bella e Edward... e tan complida xa que Edward é un vampiro. Iso si, guapo e noviño.
Na primeira parte, Un amor peligroso, cóntanos como se coñece a parella.
No segundo libro, Luna nueva, Bella darase conta de que namorarse dun vampiro pode ser moito máis perigoso do que imaxinaba. Edward sálvaa dun diabólico vampiro, pero tal vez os seus problemas non fixeron máis que empezar.
En Eclipse, a terceira parte, Bella atópase unha vez máis en perigo, pero ademais terá que elixir, entre o seu amor por Edward e a súa amistade con Jacob... sabendo que a súa decisión pode desencadear a loita intemporal entre vampiros e homes-lobo.
Veña, non apalanques os libros, que hai cola agardando.
Escribe o teu comentario, a ver se alguén se anima con esta historia romántica con toques de terror.

06/05/08

FAHRENHEIT 451


“E se non tivésemos dereito a ler?” Esta frase que aparece na promoción do filme, introdúcenos nesta película dirixida por François Truffaut e baseada nunha novela do estadounidense Ray Bradbury: é unha fábula de ciencia-ficción que nos amosa o futuro dunha sociedade sen acceso á lectura, onde unha especie de “policía política-corpo de bombeiros” se encarga de queimar todos os libros que atopan. A 451 º da escala Fahrenheit (equivalente a 233ºC.), prende o papel: todos os libros, sen excepción, son queimados, os lectores, detidos e os cidadáns, alentados a delatar aos presuntos culpables.
Os rasgos dos individuos non lectores son patolóxicos.
Esta obra de R. Bradbury, escrita durante o macartismo de E.E.U.U., non é, por desgraza, pura invención: todos os reximes totalitarios de calquera signo político fixeron e fan as súas “listas negras” para evitar que os cidadáns lean cousas “non convenientes”. Quizais, a razón hai que buscala nese pensamento de Ricardo Corazón de León: “os libros ensináronme a pensar e o pensamento fíxome libre”.
Ficha técnica
Dirección: François Truffaut
Producción: Lewis M. Allen
Guión: François TruffautJean-Louis Richard
Música: Bernard Herrmann
Fotografía: Nicolas Roeg
Reparto:
Oskar WernerJulie ChristieCyril CusackAnton Diffring, Jeremy Spenser, Bee Duffell, Alex Scott, Michael Balfour.
País: Reino Unido
Año: 1967
Género: Ciencia ficción

01/05/08

DÍA DEL LIBRO - MIGUEL DE CERVANTES

Ésta es una buena ocasión para acercamos un poco a la figura de Cervantes. No se sabe con certeza cuando nace pero, sí que se bautiza el 9 de octubre de 1547. Como sabéis, Miguel de Cervantes Saavedra es el autor del Quijote, la joya por excelencia de la literatura castellana, que ha sabido conquistar al mundo entero, y es una de las obras que se ha traducido a más idiomas, pasando a ser sus personajes verdaderos arquetipos de categoría universal.
Esta obra magnánima es el producto de un escritor ya en decadencia; Cervantes tiene 58 años cuando, en los últimos días de diciembre de 1604 , sale la 1ª parte del Quijote y 68 cuando se publica la 2ª parte. Con todos estos datos, ¿ diríais que Cervantes disfrutó de la gloria y del reconocimiento social?: pues todo lo contrario. Nunca a lo largo de su vida conoció la popularidad y el reconocimiento como escritor. Su existencia, al contrario de lo que pueda parecer, fue una ininterrumpida serie de fracasos, cautiverio, injusta cárcel, penurias económicas que llegaron casi hasta el final de sus días. Por eso, cuando sale la 1ª parte del Quijote, se dice:

“Si necesidad le ha de obligar a escribir,
plaga a Dios que nunca tenga abundancia,
para que con sus obras, siendo él pobre,
haga rico a todo el mundo.”

Sólo al final conoció cierta tranquilidad pero, siempre agobiado por las deudas. Al revés que su personaje ( D. Quijote), él no pudo escapar de su destino de hidalgo, soldado y pobre. El 19 de abril recibe la extremaución y escribe: “Ayer me dieron ésta, el tiempo es breve, las ansias crecen, las esperanzas menguan y, con todo, llevo la vida sobre el deseo que tengo de vivir.”
Entre el 22 y 23 de abril de 1616 , muere. Pero Cervantes no sólo escribe el Quijote, también:
Novela: Los trabajos de Persiles y Segismunda, La Galatea, Novelas Ejemplares Teatro: La Numancia Ocho comedias y ocho entremeses .El trato de Argel

¡Y poesía! Cervantes era poeta y más original y valioso de lo que se cree. Ahí va una pequeña muestra de su poesía ; leamos los versos sin el velo en los ojos y observemos no sólo la capacidad técnica , sino también lírica de este gran escritor de la literatura universal:

Cuando Preciosa el panderete toca
Y hiere el dulce son los aires vanos,
Perlas son que derrama con las manos;
Flores son que despide de la boca.
Suspensa el alma, y la cordura loca,
Queda a los dulces actos sobrehumanos,
Que, de limpios, de honestos y de sanos,
Su fama al cielo levantando toca.
Colgadas del menor de sus cabellos mil almas lleva,
y a sus plantas tiene Amor rendidas una y otra flecha.
Ciega y alumbra con sus soles bellos,
Su imperio Amor por ellos le mantiene,
Y aún más grandezas de su ser sospecha.

Pero en la memoria siempre, quedará el Caballero de la Triste Figura, que con su cuerda locura, le dice a su fiel escudero:

“La libertad, Sancho, es uno de los más preciosos dones que a los hombres dieron los cielos; con ella no pueden igualarse los tesoros que encierra la tierra ni el mar encubre: por la libertad, así como por la honra, se puede y debe aventurar la vida ; y, por el contrario, el cautiverio es el mayor mal que puede venir a los hombres”.

22/04/08


SEMANA DOS LIBROS (21 AO 23 DE ABRIL)
OS LIBROS AO LONGO DA HISTORIA

Os soportes da escritura foron moi variados ao longo da historia: os babilonios e asirios utilizaban táboas de arxila . Os exipcios usaron o papiro , unha especie de papel feito co talo dunha pranta que se cortaba a tiras, estas secábanse e prensábanse até convertirse en follas que logo se enrolaban.

No século II a. C. comezou a utilizarse até a Idade Media o pergamino (debe o seu nome á cidade de Pérgamo en Asia Menor) feito con peles de animais tratadas dun xeito especial: xuntábanse en pregas, cosíanse polos bordes e poñíanselles tapas formando os códices .

Cara o século XII, en Occidente adoptouse unha materia nova: o papel, unha invención dos chinos que xa o usaran moitos séculos antes.

No século XV xurde a imprenta, invento atribuido ao alemán J.Gutenberg.
Aos libros impresos antes do ano 1500 chámaselles incunables.
O primeiro incunable galego é o Misal Auriense, saído dun prelo do castelo de Monterrei no ano 1494. O libro está editado a dúas columnas con letra gótica e inclúe a tipografía musical co pentagrama en tinta vermella.
A imprenta revolucionou o mundo do libro, e contribuiu á democratización do saber.
No século XIX apareceron prensas mecánicas que permitiron , por exemplo, imprimir grandes tiradas de xornais en pouco tempo.
Durante o século XX continuou o desenvolvemento deste invento.

Hoxe en día, o soporte dos libros xa non é , somente o papel, senon toda a gama de medios audiovisuais.
Na nosa biblioteca temos mais de 12700 libros rexistrados e , nos ordenadores que alí se atopan, pódese entrar en ligazóns de “audiolibros”, títulos famosos da literatura universal para escoitar.
Como vedes, non sempre foi tan fácil como hoxe ter acceso a un libro. Porque os libros e a lectura son mais importantes na nosa vida do que quizais nós pensamos.

Misal Auriense



17/04/08

MÁIS LIBROS FEITOS POR E SOBRE MULLERES

Las mujeres que leen son peligrosas




De la mano del autor Stefan Bollmann recorremos las vivencias de las mujeres vinculadas a las lecturas. Relegadas a un papel secundario, e incluso pasivo en la sociedad, las mujeres encontraron en la lectura un modo de romper las barreras de su mundo cotidiano. A través de un viaje por las numerosas obras de arte en las que aparece plasmada la estrecha relación entre el género femenino y los libros, el autor rinde tributo a la mujer y confirma el excepcional poder que confiere la lectura. El cuadro que aparece en la portada se titula, “Soñadora”; sin embargo, la postura de la dueña, parece expresar más bien una actitud de desafío y determinación. La explicación, en el libro. Las mujeres que leen son peligrosasAutor: Stefan BollmannEditorial: Maeva, 2006


Las mujeres que escriben también son peligrosas






También Stefan Bollmann, nos acerca al mundo de las mujeres escritoras que, ya desde la Antigüedad, lucharon por encontrar un espacio en la literatura, campo tradicionalmente reservado a los hombres. Muchas de ellas, ya en el siglo XIX y XX, tuvieron que adoptar seudónimos masculinos para poder publicar sus obras.En este libro, lleno de ilustraciones y fotografías, se hace un repaso por la trayectoria de escritoras como las hermanas Brönte, Jane Austen, George Sand o Virginia Woolf. Las mujeres que escriben también son peligrosasAutor: Stefan BollmannEditorial:Maeva, 2007



DICIONARIO DE MULLERES GALEGAS



Abrangue desde as orixes, dende os datos mais antigos que se coñecen sobre mulleres galegas, até 1975. Obra feita cunha intención globalizadora : recolle 1800 voces ás que hai que engadir 12 apéndices. A autora, Aurora Marco, manifesta o seu desexo de desvelar o legado das galegas, rescatar a herdanza cultural que foron quen de crear nos pasados séculos, co obxectivo de reivindicar o seu peso histórico. No prólogo da obra aparece una cita de Xohana Torres, que ben pode resumir o espírito da obra: “as mulleres sostemos a metade do ceo” Diccionario de mulleres galegasAutora: Aurora MarcoEditorial: A Nosa Terra, 2007


MULLERES

Oito mulleres, con Galicia sempre como paisaxe permanente. Ursula Heinze publicou este libro arredor de tres escritoras, unha pintora, unha deseñadora de moda, unha, cantante e dúas actrices de teatro: falan de si e de todos nós, do presente, do futuro…Na crónica persoal de cada unha delas está tamén a crónica do noso tempo. MulleresAutora: Úrsula HeinzeEditorial: Xerais 1985


POLIFONÍAS. VOCES POÉTICAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Desta vez, amosámovos un libro de poesía: unha poesía feita por mulleres arredor dunha arrepiante e crúa realidade : a violencia de xénero. Aínda que ninguén pode nindebe falar por elas, compría elevar unha voz para facelas visíbeis, para que o gravísimo problema social non fique esquecido ou agochado tras as portas do privado.As autoras consideran unha obriga social saber escoitar a estas mulleres e poñer os medios para que recuperen a súa voz plenamente, os seus pensamentos e a súa vida.E, como non, a necesidade sempre pendente dunha educación que, dende a nenez, inculque o valor esencial da dignidade irrenunciabel de toda persoa, independentemente do seu sexo, raza, lingua ou crenza. PolifoníasAutoras: V.V.A.A.Editorial: Espiral Maior. Xunta de Galicia Todos estes libros poderás atopalos no armario expositor ou na biblioteca !!

10/04/08

CARROS DE FUEGO

Esta película refleja como pocas el mundo del deporte de élite y, en concreto, el mundo del atletismo. Basada en hechos reales (la preparación de unos deportistas británicos para los J.J.O.O. de París de 1924) aborda las distintas y complejas motivaciones de los distintos atletas: un acomodado gentleman de clase alta, un escocés de firmes convicciones y un inglés de origen judío que lucha por demostrar al mundo ( y a sí mismo) todo lo que puede dar.
La imagen inicial y final de la película, con los atletas corriendo en una playa y la música de Vangelis de fondo, constituye todo un símbolo del esfuerzo del competidor .

FICHA ARTÍSTICA
Título original: Chariots of fire (1981)
Director: Hugh Hudson
Nacionalidad: británica
Intérpretes: Ben Cross, Ian Charleson, Cheryl Campbell, Sir John Gielgud
Música: Vangelis

08/04/08

Entrevista a XOSÉ DÍAZ DÍAZ

Rescatamos do INTRES unha entrevista realizada por dúas alumnas ao escritor e profesor de matemáticas XOSÉ DÍAZ DÍAZ. Temos a honra de contar no noso centro con xente do seu talento e creatividade, que escribiu libros coma O dómite indómito ou A morriña das balas. Fixádevos o que di desta última obra unha páxina especializada en cultura e literatura: "Escrita nunha prosa coidadísima e con grande alento de estilo, respecta as convencións deste xénero de literatura popular, descubríndonos a un narrador de indubidable talento". Aí tedes a entrevista:


Andrea e Sylvia :Ola, bos días ! queriamos saber se podiamos facerlle unha entrevista para o Intres sobre a súa faceta de escritor.
Xosé Díaz: Si, por suposto.
Andrea e Sylvia : Sabemos que recibiu algúns premios, como se sentiu cando os recibiu?
Xosé Díaz : A verdade é que te sentes ben, por exemplo, no caso deste libro (A morriña das balas) cando mirei que era finalista e souben que entre os tres últimos que podían gañar encontrábase o meu… Acórdome perfectamente, estaba no ordenador, vin iso e deume así unha alegría, que me tiven que conter, claro, porque había máis xente arredor, pero é algo co que non contas, é lotería, entón cando pasa unha cousa así, que en principio non está para ti, pero é para ti, dende logo motívate moitísimo, sénteste ben, moi alegre, moi contento.
Andrea e Sylvia : Nós lemos A morriña das balas, baseouse en algo para escribilo?
Xosé Díaz : Usei, dende logo, a influencia das películas dos vaqueiros, claro, porque era o referente que tiña de ver na tele, e despois a información que busquei de como era a historia realmente, o que pasara alí, foron así as cousas que máis me influíron, non lera antes un libro de vaqueiros, por exemplo.
Andrea e Sylvia : Cre que aos seus alumnos lles gustou esta obra?
Xosé Díaz : Ben, non o sei, eles non me din que non lles guste nin tampouco me din que lles guste, entón estou así a medio camiño, iso terían que dicilo eles,claro.
Andrea e Sylvia : E por que escolleu que a súa obra fose de vaqueiros e non doutro tema?
Xosé Díaz : Ben, porque igual era un pouco paveiro falar de vaqueiros en galego, máis que nada por iso, é un tema así tipicamente inglés ou norteamericano, entón pois que se poñan a falar en galego e tal igual é algo simpático.
Andrea e Sylvia : Vostede escribe os seus libros en galego, pensa que iso pode fomentar a quen os lea a falalo?
Xosé Díaz : Este dende logo, oxalá, non? Ese ten que ser o propósito, escribes en galego para que se lea en galego e se aprendan cousas e despois se utilicen, claro, se non é un idioma a perder.
Andrea e Sylvia : Saíndo do ámbito da literatura, sabemos que tamén fai trucos de maxia, poderíanos dicir onde os aprendeu?
Xosé Díaz : Aprendina por libre, a verdade; como as matemáticas e a maxia teñen moito que ver, pois tamén por matar o tempo comprei algún libro deses de maxia e tal, vía algún programa na televisión, e aí vas aprendendo, pero fago moi poucos trucos.
Andrea e Sylvia : Que lle gusta máis, a literatura ou as matemáticas?
Xosé Díaz : Home, gústame máis poñerme a escribir, iso está claro, sen dúbida.
Andrea e Sylvia : Pois isto foi todo, moitas grazas pola súa atención e esperamos que escriba moitos libros máis.


Silvia García, Andrea Vázquez, S3B

06/04/08

ABRIL, o mes de Shakespeare

Seica non te enteiraches de que o gran William Shakespeare naceu e morreu en abril? Pois si, en 1564 e 1616, respectivamente. Por iso abril é o mes de Shakespeare.

E aínda que sabrás que foi un gran dramaturgo, famoso polas súas 40 obras de teatro (entre traxedias e comedias), non todo o mundo coñece unha xoia que saiu da súa pluma: os seus sonetos de amor. Estaredes pensando: "Bah, poesía amorosa cursi e con pouca chispa". Pois estades equivocados. Consistían en poemas que precisamente facían mofa das tradicións poéticas da época, ríndose das mulleres perfectas que outros poetas retrataban. Falaban de damas sen dentes, que se cheiraban dende a distancia, e que se escoitaban vir porque pisaban coma bestas. Ademais, foi moi rompedor coas convencións sociais, porque nos sonetos máis intensos e fermosos trata o amor homosexual.

Neste vídeo que tedes a continuación podedes escoitar un deles, interpretado por Rufus Wainwright, como parte da banda sonora da película Orgullo y Prejuicio (se queredes ver un tráiler da película, face click aquí).


E se queredes seguir a letra, aquí a tedes:

Sonnet 29 "When in disgrace with fortune and men's eyes"

When in disgrace with fortune and men's eyes,
I all alone beweep my outcast state,
And trouble deaf Heaven with my bootless cries,
And look upon myself, and curse my fate,
Wishing me like to one more rich in hope,
Featur'd like him, like him with friends possess'd,
Desiring this man's art, and that man's scope,
With what I most enjoy contented least:
Yet in these thoughts myself almost despising,
Haply I think on thee,--and then my state
(Like to the lark at break of day arising
From sullen earth) sings hymns at heaven's gate;
For thy sweet love remember'd such wealth brings
That then I scorn to change my state with kings'.

William Shakespeare