Amosando publicacións coa etiqueta Cursos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cursos b>. Amosar todas as publicacións
20/02/14
III XORNADAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Un ano máis o IES de Melide ven de organizar as Xornadas de atención á diversidade, este ano na súa terceira edición.
Ao igual que o ano anterior, solicitouse colaboración ao equipo de biblioteca, neste caso para que expuxésemos o noso traballo para o presente curso Un ano de película.
Aquí vai un repaso das actividades que fixemos este ano, a maioría delas documentadas neste blog, e un pequeno adianto de próximas actividades.
01/02/13
TRABALLANDO NA DIVERSIDADE
O equipo de traballo da biblioteca foi convidado a participar nas II Xornadas de Formación e Sensibilización sobre Atención á Diversidade, que organiza o IES de Melide o 29, 31 e 1 de Febreiro.
Publicamos aquí unha presentación na que dalgún xeito tentamos dar conta do noso traballo nos últimos anos, en colaboración con EDNL e outros equipos do noso centro.
Etiquetas:
Actividades,
Cursos,
Diversidade,
Novas
24/10/11
III CURSO DE FORMACIÓN SOBRE PATRIMONIO LÚDICO
Os días 21 e 22 de outubro celebrouse no noso centro o III Curso de Formación sobre o Patrimonio Lúdico. Foi un curso dirixido a profesores/as co que se quere conseguir que os xogos tradicionais teñan cada vez máis importancia nas escolas e institutos galegos. A organización estivo a cargo da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, que ten a sede no noso instituto, e tamén colaboraron a asociación de profes Nova Escola Galega e o propio IES.
Asistiron unha sesenta persoas en total e, á parte de escoitar varias conferencias, os participantes puideron xogar a unha manchea de xogos, entre os que cabe destacar a loita galega, os birlos de lastra e ao canteiro, e os birlos de Caxide . Para ensinar os rudimentos destas catro modalidades deportivas, estiveron presentes no curso loitadores do Club A Cambadela da Estrada, xogadores de birlos da Órrea –A Terra de Miranda, e un xogador de birlos de Caxide – Parada do Sil.
Na biblioteca do centro levouse a cabo o obradoiro O xogo tradicional e as artes, impartido por Natalia Val e Pía Outeiriño.
Todo o mundo pareceu marchar moi contento de como saíran as cousas durante o curso. A ver se o ano que vén se pode organizar a cuarta edición.
Deixámosvos por aquí algunha foto.
02/12/10
I Seminario sobre a memoria no IES de Melide: Os maquis na Vía Láctea
Os días 26 e 27 de novembro de 2010 celebramos no IES de Melide o I seminario sobre a memoria “Os maquis na Vía Láctea”. Comezamos o seminario coa proxección da película de Montxo Armendáriz “Silencio roto” sobre a guerrilla no Val de Arán, cun debate ao finalizarse con Quico o “guerrilleiro do Bierzo” e Xaquin Yebra. Seguidamente tivo lugar a conferencia sobre “Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco” por Carlos Parrado e a inauguración oficial da aula do IES Melide que leva o nome de Ramón Rodríguez Varela, O Curuxás. O día 27 iníciase coa conferencia de Xaquin Yebra “Os últimos maquis galegos” para continuar co traballo de campo Percorrido polos espazos vitais dos útimos maquis nas proximidades de Castro Caldelas, pola Ribeira Sacra, onde baixamos ao refuxio do Mario. Nestas covasrefuxiábanse os antigos maquis entre eles Mario de Langullo, o Pinche, e logo foron aproveitadas por membros do exercito guerrilleiro.Rematouse o seminario no salto de Belesar onde foi abatido Xosé Castro Veiga “O Piloto”.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


