08/07/10

FELIZ VERÁN 2010 !!!

Xa entrados de cheo no verán, aproveitamos para desexarvos a tod@s un fructífero, reparador e feliz verán, sempre en compaña dos libros, eses tesouros agochados que sempre están esperando que alguén os atope e os "resucite" co persoal xeito de facer a lectura que temos cada un de nos. Agora, sen prisas, nin exames, é bon momento para adicar un tempo a eses amigos de papel que tanto fan (xa teñen feito) na nosa formación, imaxinación, no noso crecemento. O rei medieval Ricardo Corazón de León, adoitaba dicir "os libros ensináronme a pensar, e o pensamento fíxome libre". Non é mala cita. Libros, pensamento e liberdade. Tres cousas que teñen que ver entre si. Non esquezades nunca que libros é unha palabra indisociable de liberdade. E que a liberdade non fai aos homes mellores, fainos simplemente, homes. Unha aperta e FELIZ VERÁN !!!