Amosando publicacións coa etiqueta Cómic b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cómic b>. Amosar todas as publicacións
14/03/13
OS XUDEUS SUPERVIVENTES AO HOLOCAUSTO
Nesta segunda semana de marzo tiveron lugar na biblioteca do IES de Melide as charlas tituladas “Xudeus superviventes ao holocausto”, impartidas por Ashley Lauber, a nosa lectora de inglés, de nacionalidade estadounidense, descedente de xudeus polacos que emigraron aos EEUU despois da segunda guerra mundial. A casualiade levounos a descubrir que os seus catro avós eran superviventes de Auschwitzc-Birkenau, un dos máis tristemente famosos campos de exterminio nazis. Ashley tivo a xenerosidade de compartir con nós unha parte importante do pasado da súa familia e do seu propio pasado, de amosarnos as feridas aínda abertas nas persoas próximas ao seu entorno.
Esta actividade xurdiu a raíz dunha das nosas lecturas de Papalibros, Maus, xa convertida nun clásico da novela gráfica. Ashley compartiu con nós esa lectura. Entre todos fumos descubrindo como a traxectoria do protagonista, Vladeck Spiegelman, pai do autor, foi moi parecida á dos avós de Ashley: familias xudías polacas de clase media que foron obrigadas a vivir en guetos e máis tarde levadas aos campos da morte. Ao final da guerra, coa liberación dos campos, os poucos que lograron sobrevivir non conseguiron vivir de novo naqueles países que antes forn os seus e que en certa medida permitiron ou se beneficiaron das expropiacións dos xudeus e do propio holocausto.
A lectura de Maus encaixa perfectamente no tema monográfico de traballo da biblioteca para este curso: "A viaxe e a migración, entre o descubrimento e a necesidade". As viaxes dos xudeus aos campos da morte foron auténticas viaxes aos infernos, a catábase da antiga Grecia, un contacto directo co máis absoluto dos horrores, do sufriemento e da morte que transformou profundamente, cando non destruíu, a vida de millóns de persoas. Os superviventes logo tiveron que emprender unha segunda viaxe, enteiramente necesaria, para atopar o fogar e o medio de vida que lles fora negado.
Ashley non puido reunir tantos datos precisos e concretos como o Art Spiegelman, o autor de Maus, pero o seu relato tivo a forza do directo e da narración en primeira persoa. Tal como confesou, se non fose polas preguntas dos Papalibros non tería falado de todo isto coa súa nai e seguiría sen coñecer unha parte da súa propia historia. Pero coñecedora deste pasado e sen perder a memoria, Ashley decidiu dar un paso adiante e non vivir como vítima.
Con este pequeno artigo queremos animara aos Papalibros a recuperar a memoria da súa familia e agradecer de novo a Ashley o tela compartido con nós.
Etiquetas:
Actividades,
Cómic,
Holocausto,
Viaxes
15/04/12
Crónica dunha crise anunciada
Hai pouco uns cantos rapaces e rapazas deste instituto disfrutábamos no cine coa versión cinematográfica de Arrugas, pola que Paco roca recibiu dous premios Goya. Hoxe Paco Roca danos unha mostra máis da súa xenialidade con este resumo da crise económica en formato cómic, publicada no País Semanal. Está claro que entre outras moitas, a banda deseñada pode ter unha función didáctica importante, en palabras do propio Paco Roca: "Si hubieran explicado las hipotecas en formato cómic, se habrían firmado la mitad".
Crónica de una crisis anunciada, por Paco Roca
Crónica de una crisis anunciada, por Paco Roca
29/05/11
CHARLAS NA BIBLIOTECA: UN PERCORRIDO POLA HISTORIA DO CÓMIC
O pasado mércores 25 fixemos un percorrido pola historia do cómic na nosa biblioteca da man de José Barreiro, libreiro especializado e gran lector de banda deseñada.
Falóusenos un pouco da historia do cómic, que tería os seus antecedentes máis remotos nas pinturas rupestres, atendendo á necesidade do home de contar historias con imaxes dende os tempos maís antigos. A comezos do s. XX xurde a tira cómica e ao longo deste século a banda deseñada consolídase como xénero artístico. Tes máis información sobre o contido desta charla en Papalibros, o blog do Club de Lectura.
Moitos dos libros que se mencionaron nesta charla forman parte da nosa biblioteca, mencinamos aquí algúns títulos adquiridos por si vos animades a lelos: Historias de Color Tierra, Watchmen de A. Moore, El invierno del dibujante de Paco Roca, El Paréntesis de E. Durand, Contrato con Dios de W. Eisner, Blankets de C. Thompson, Una historia popular del Imperio Americano de H. Zinn, El héroe de David Rubín, La Ilíada, Un zoo en invierno de Taniguchi, Ana Frank. La biografía gráfica, Sky Hawk de Taniguchi, El local de Gipi... anímate a visitar a nosa exposición, seguro que atopas algo que te enganche.

30/01/11
30 DE XANEIRO, DIA DA PAZ
"Tendemos a pensar que o que vemos no presente é eterno. Esquecemos o moito que nos sorprendeu a repentina desintegración dalgunhas institucións, o cambio extraordinario que sufriu a forma de pensar da xente, as inesperedas rebelións contra algunhas tiranías, o brusco derrubamento de sistemas de poder que parecían invencibles.
Ter esperanza nos malos tempos non é un simple romanticismo absurdo. É algo que se basea no feito de que a historia humana non é só unha historia de crueldades senón unha historia de compaixón, sacrificio, valor e bondade.
Se recordamos todos esos momento e lugares, e son tantos nos que a xente se portou de forma admirable, darannos enerxías para actuar. A esperanza é a enerxía do cambio.
O futuro é unha sucesión infinita de presentes e vivir como cremos que deben vivir os seres humanos, pese a todo o malo que nos rodea, é unha victoria marabillosa."
Este texto está extraído de Una historia popular del imperio americano, adaptación ao cómic do ensaio La otra historia de los Estados Unidos de América,onde o seu autor, Howard Zinn, plantexa unha visión diferente da historia oficial do seu país. Trata temas como a loita entre os nativos norteamericanos contra os conquistadores brancos, a intervención norteamerica sobre os estados veciños, os enfrontamentos entre sindicalistas e capitalistas, a loita contra o racismo, a loita polos dereitos civís, os movementos pacifistas...
Se queres saber algo máis sobre este libro, visítanos en Papalibros.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)