23/04/09

23 DE ABRIL. LIBROS E LIBERDADE

Neste día mundial do libro queremos amosar unhas reflexións do que, para persoas que se adican ao oficio de escribir, representa o feito da lectura, a existencia dos libros e a literatura.
En todas elas latexa a idea principal: libros e liberdade necesítanse mutuamente. De feito todos os réximes totalitarios teñen un denominador común : en todos eles hai listas de libros prohibidos. Isto é aínda hoxe unha realidade. Hai persoas condenadas por escribir determinada obra, por darlle publicidade a determinado autor.Mesmo en países que se consideran "democráticos"....
Lede e pensade:

“La palabra libro está muy cercana a la palabra libre; … lo cierto es que se complementan perfectamente; el libro es uno de los instrumentos creados por el hombre para hacernos libres. Libres de la ignorancia y de la ignominia, libres también de los demonios, de los tiranos, … de la trivialidad, de la pequeñez. El libro afirma la libertad, muestra opciones y caminos distintos, establece la individualidad, al mismo tiempo fortalece a la sociedad, y exalta la imaginación…. Si el hombre no hubiese creado la escritura no habríamos salido de las cavernas…. En fin, el libro es para nosotros un camino de salvación. Una sociedad que no lee es una sociedad ciega, sorda y muda”.
(Sergio Pitol)

“A creación dunha obra de arte é o que nos distingue das demais criaturas que habitan neste planeta, e o que nos define, no esencial, como seres humanos. Facer algo por puro pracer, polo goce de facelo....A novela é unha colaboración a partes iguais, entre o escritor e o lector, e constitúe o único lugar do mundo onde dous estranos poden atoparse en condición de absoluta intimidade. Levo toda a vida a establecer conversa con xente que nunca vin, con persoas que xamais hei de coñecer”
(Paul Auster)

“A poesía é unha loita contra o mal de ollo que proporciona información esencial sobre a condición humana”
“O libro é a célula nai da liberdade"
(Manuel Rivas)

DIA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, é o día do libro. Neste día conmemoramos a morte de dous grandes escritores en 1616, W. Shakespeare e Miguel de Cervantes. Dende hai moitos anos esta data vennos servindo de excusa para promocionar libros, premiar a escritores e, en definitiva, poder disfrutar máis da lectura. Podemos aproveitar para mercar libros, porque hoxe teremos un pequeno desconto en calquera libraría.
Pero non sempre o libro foi un obxecto cotiá, fácil de adquirir nin fácil de ler ou levar. Se botamos unha ollada á esta presentación, veremos que ata a aparición da imprenta o libro foi privilexio duns poucos tanto na Antigüidade como na Idade Media. Que gran sorte a nosa agora!

22/04/09

JUAN MARSÉ, PREMIO CERVANTES 2009

El premio Cervantes, que será entregado mañana por los Reyes en la universidad de Alcalá de Henares, fue otorgado este año a Juan Marsé, novelista español nacido en Barcelona en 1933. Su visión lúcidamente crítica de la posguerra lo sitúa entre los autores más notables de la narrativa española de la segunda mitad del siglo XX. De formación autodidacta, decidió dedicarse de lleno a la literatura. En el marco de las tendencias del realismo social, sus primeras novelas, Encerrados con un solo juguete, de 1960 y Esta cara de la luna (1962), tratan asuntos relacionados con las consecuencias de la guerra civil sobre la juventud.También escribió guiones de cine.
En su gran éxito Últimas tardes con Teresa (1965), construye una brillante sátira de la burguesía barcelonesa. Su intención testimonial y de denuncia se plasma en un realismo de corte clásico , magistralmente armonizado con nuevas técnicas narrativas.
Posteriormente apareció La oscura historia de la prima Montse (1970), implacable análisis de los sectores tradicionales de la sociedad catalana y su relación con la emigración, y
Si te dicen que caí (1973), que tuvo que publicar en México a causa de la censura franquista.
La muchacha de las bragas de oro (1978), que obtuvo el premio Planeta, trata de un escritor falangista que retoca incansablemente su pasado sirviéndose de unas memorias, mientras que en El amante bilingüe (1991) juega con la idea del doble a través del personaje de Marés, que intenta reconquistar a su mujer transformándose en el charnego Faneca.
La recuperación de la infancia es el tema principal de algunos de sus libros siguientes, como
El embrujo de Shangai (1993) y Rabos de lagartija (2000).Marsé opina en una reciente entrevista, que los premios han de aceptarse por un mínimo de cortesía y gentileza que obliga a estar agradecido. A la pregunta de si se considera un rebelde, contesta que con sus 76 años no se lo puede permitir.
(Beatriz Pumar y Patricia Buján)

21/04/09

ABRIL, MES DE LOS LIBROS. BICENTENARIO DE LARRA

En el mes de marzo se cumplieron 200 años del nacimiento del periodista y escritor Maraiano José de Larra. Antes de acabar con su vida, cuando apenas contaba 28 años de edad , había publicado en los periódicos de la época más de 200 artículos a lo largo de tan sólo ocho años de brillante carrera como creador de un estilo que siempre figura por derecho propio de plena autoridad. Cultivó también la poesía, el teatro y la novela.
Nacido en Madrid, hijo de un médico afrancesado que huyó de España, Larra es producto de su tiempo, sufriendo desde pequeño el exilio, al tener que acompañar a su padre.Vive en Francia entre los 4 y los 9 años.
Un Larra atormentado muestra el dolor por España, que presidiría su obra y su vida. Lamentó el atraso del país, criticó la exclusión de España del proceso romántico, defendió los derechos de los débiles, denunció los vicios nacionales, como la pereza, los políticos de pesebre, la abundancia de malos actores y traductores. Se ganó, con sus críticas , la persecución de la censura , como adelantado que era y comprometido con la libertad. Desde sus primeros textos, se mofa de la sociedad inculta y zafia. Representa el máximo exponente del romanticismo democrático de un liberal progresista.
Antonio Machado consideró su suicidio un acto maduro de voluntad y conciencia. Ramón Gómez de la Serna le brindó un histórico homenaje en su tertulia.
Para terminar , recordamos unas significativas palabras del autor, figura insigne de las letras y referente del periodismo independiente y crítico . "Mi vida está condenada a decir lo que otros no quieren leer"
Lee el artículo más conocido de Larra, "Vuelva usted mañana".

23 DE ABRIL, DIA DO LIBRO:A LIBRARIA MÁIS FERMOSA

Seguro que a miúdo te preguntaches por unha boa libraría...menos común é preguntarse pola máis fermosa, ben, pois nós investigamos para ofrecervos un pequeno artigo sobre a libraría "Lello & Irmao", en Porto, según din, unha das máis famosas do mundo. O seu encanto non só reside na beleza da súa arquitectura, senon nunha particularidade que a fai única: que nas súas orixes foi contruída precisamente para ser iso, unha libraría, a diferenza de moitas outras que deixaron de ser pazos ou igrexas para ser dedicadas a esta función.
Foi fundada en 1869 co nome de "Libraría Internacional de Ernesto Chardron" . Tras a inesperada morte do fundador ós 45 anos, vendeuse á firma "Lugan & Genelioux Sucessores". Tras varios cambios de nomes e propietarios actualmente chámase " Livraría Lello & Irmao".
O edificio foi construido polo enxeñeiro F.X.Esteves. O xornal inglés The Guardian calificouna como a terceira máis fermosa libraría do mundo.
Esta pode ser unha das razóns polas cales as esceas de libraría de Harry Potter se rodaron nela. En todo caso, é un edificio que paga a pena visitar
Enderezo: rúa dos Carmelitas, á beira do río Douro.
A maiores de disfrutar da súa beleza, podes mercar LIBROS, eses amigos cos que trabamos unha especial relación ao longo da nosa vida.
(Doa Laya e Laura Sánchez, 4ºA) .

15/04/09

Obradoiro de poesía divertida 1º ESO

Foi Marisa Irimia a encargada de axudarnos a disfrutar da poesía e dos contos. Este obradoiro tivo lugar o 2 de abril, na Biblioteca Pública de Melide e consistiu na representación dunha divertida historia sobre poesía que Marisa nos contou, valéndose da nosa axuda.
Queres saber quen é Marisa Irimia? Marisa é ilustradora e "contadora" noutras ocasións. Como ilustradora ten varios libros publicados, contos infantís ou libros de texto. Participou en varias exposicións de ilustradores e actualmente imparte obradoiros de ilustración en diversos concellos galegos. Colabora regularmente con actividades de animación á lectura e contacontos en direrentes editoriais. Anímate agora a pór o teu comentario. Opina pois!

PREMIO PARA A COLECCIÓN RESCATE DA EDITORIAL ALVARELLOS


Xa hai uns días que a colección Rescate da editorial Alvarellos recibiu o premio á mellor obra editorial do 2008 por parte do xurado da 18ª edición dos Premios Irmandade do Libro que cada ano outorga a Federación de Libreiros de Galicia. A entrega foi na localidade ourensana de Carballiño. Para máis información consultar a nosa sección boasnovas, que podedes atopar no noso blog.

06/04/09

ABRIL, MES DOS LIBROS: 50 ANOS DA PUBLICACIÓN DE "A ESMORGA"

Neste mes de abril, dedicado aos libros, lembramos unha importante data nas letras galegas : o 3 de abril de 1959, publicábase en Bos Aires, a primeira novela en lingua galega de Eduardo Blanco Amor, A esmorga. A novela xa estaba escrita tres anos antes e foi Isaac Díaz Pardo quen trouxo o orixinal dende América e llo entregou a Francisco Fernández del Riego, na editorial Galaxia, pero a censura impediu a súa publicación. A Asociación Galega de Universitarios Escritores e Artistas ( Aguea), que puxera a andar a editorial Citania, baixo a dirección de Luis Seoane, decidiu asumir a edición da obra. Sae así do prelo unha das obras senlleiras da narrativa galega contemporánea. Nela cóntanse as andanzas de tres personaxes; o Bocas, o Milhomes e o Cibrán, polos suburbios da cidade de Auria (Ourense) . Bebendo e soñando, loitando por se evadir da realidade, a súa esmorga rematará tráxicamente. Blanco Amor escribe esta súa obra con case 60 anos, facendo o esforzo de reencontrarse a si mesmo e "moldeando" a lingua, coma el dicía "xuntando as palabras todas, construíndo ou reiventando o idioma, que sentía crecer dentro de min, como unha montaña".
P.S: en Ourense pódese percorrer o roteiro da Esmorga, os mesmos lugares polos que pasaron os protagonistas da novela.

01/04/09

Charla da Escola Permanente de Adultos. Centro Penitenciario de Teixeira


Hoxe, o noso antigo compañeiro Benito veu con dous dos seus novos alumnos a contarnos como é a vida no cárcere de Teixeiro, o seu novo lugar de traballo.
Aquí vos deixamos unha entrevista que lle fixeron dous dos seus ex alumnos, onde nos fala das súas experiencias neste centro de ensino tan distinto do noso:
1)Que cambios notaches dos institutos ó carcere?
2 )E mellor, peor ou o mesmo que esperabas?
3)Que opinas dos internos?
4)Podes describirnos a tua xornada laboral ?
5)Tiveches que solventar algun tipo de conflicto entre internos?
6) E o carcere realmente como nos cremos?
1) Cambios...eh...eh...todo! Non tiñamos de nada nun principio. refirome a materiais e recursos pero pouco a pouco imonos poñendo ao dia. Para empezar, estaba a feito a grandes Centros con moitos compañeiros e aqui somos doce. Ten as suas vantaxes a hora do traballo pero tamen os seus inconvintes a hora dos roces normais do dia a dia. A programacion non serve de nada xa que cada semana poden entrar novos alumnos e marchar calquera dos que tes na clase polo que tiven que argallar un xeito de ter unha clase aberta a que se poida incorporar calquera sen problemas e para que os permanezan non morran de aburrimento...non foi, non e, e non esta sendo doado.temos que pedir permiso para todo...dende deixar un CD a un alumno ata para usar o salon de actos e as veces tardan dias en contestar. Temos moitos mais homes que mulleres (porque os homes somos moito peores) e iso tamen e un gran cambio. As poucas que hai son o centro de atencion, como vos podedes imaxinar, e hai que loitar con eso tamen.Tampouco tivera que traballar con tanta mezcla de culturas, relixions e enfermidades. Ter de alumnos a persoas con dependencia a drogas fai que as clases sexan calquera cousa menos "normais". Vou parar aqui...senon non remato nunca.
2) A experiencia e mais ou menos como me esperaba. a verdade e que estou encantado. Boto de menos a compañeiros, alumn@s etc de antes pero necesito ter retos a nivel laboral e este esta cumprindo coas expectativas.
3) Entramos as nove. As clases son de 45 minutos coma en calquera outro centro de adultos. Aparco, e camiño durante uns 5 minutos (depende a axilidade que tenhan os funcionarios en abrilas portas) e atraveso 14 portas antes de chegar a sala de profesores. (pecho toda canta porta abro). Os alumnos de primeira hora sempre chegan algo tarde. As duas primeiras horas teño clase con un grupo de estranxeiros , a terceira segundo da ESO a cuarta cuarto da ESO e a quinta vou ao modulo terapeutico onde teño unha mezcla de niveis. Aos estranxeiros doulles clase de castelan e galego e aos outros ingles. Non todolos dias e exactamente asi pero mais ou menos.
4) Conflictos hainos todolos dias pero con man esquerda podense solventar. So un par de veces chegaron as mans pero algun compañeiro tivo que presenciar algunha escea un pouco mais violenta. Nada que non tenha remedio.
5) Non sei o que pensades que e o carcere realmente. Para min, a realidade supera a ficcion. Non e un hotel, nin un campamento de veran. E un lugar que precisa ser coñecido. Todo o mundo deberia pasar como minimo unha tarde para poder reflexionar sobre o tema da cadea. O que se inviste nos internos (educacion, sanidade, cursos...), non son cartos tirados e a unica forma de que cando saian tenhan un minimo de esperanza de sobrevivir.
Adolfo e Ariana (2ºBAC A)