Amosando publicacións coa etiqueta Escritoras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Escritoras. Amosar todas as publicacións

28/02/23

DÍA DE ROSALÍA

 XORNADA ROSALIANA

 O 23 de febreiro celebramos no  noso centro o Día de Rosalía.

 A súa imaxe na entrada do centro estivo acompañada por unha colección de marcapáxinas confeccionadas polo alumnado de 3ºde ESO 



O alumnado de 4º de ESO  do noso IES completou o taboleiro ilustrando versos rosalianos de diferentes obras da escritora:

                        Este vaise e aquel vaise/ e todos, todos se van 

                          

                              Cala rula, os teus arrulos ganas de morrer me dan"

                               Tecín soia a miña tea...

            

   

20/10/22

DÍA DAS ESCRITORAS

17 de outubro: Día das Escritoras

Conmemoramos  o Día das Escritoras, unha data ben acaída para reivindicar a escrita en feminino plural. Son moitas as autoras que  escribiron a guerra e nós lémola. E nesas páxinas camiñamos da súa man por situacións de sufrimento, de entrega e tamén de compromiso, porque 

despois de cada guerra
alguén ten que limpar
non se van ordenar as cousas soas

diría a poeta polaca Wisława Szymborska.

Pero nas voces das nosas  escritoras sentimos o conflito máis quente. Con Eva Mejuto férvenos o volframio no sangue, e devecemos por socorrer  ás dúas Marías na Alameda de Compostela, acosadas, perseguidas por mor da súa ideoloxía se as escribe Concha Blanco; choramos adeuses desde o barco de Marina Mayoral e precisamos con urxencia o mesmo xarope que Adela Figueroa para erguer un muro contra a barbarie. É por iso que andamos á procura desesperada dunha pílula de poesía contra tanta demencia colectiva, porque ninguén marisca piedade coma Yolanda Castaño.

Estas son algunhas das autoras, cuxas obras foron expostas na entrada do noso centro, coa finalidade de darlles  visibilidade, despois de seren lidas polo alumnado. 


17/10/16

DÍA DAS ESCRITORAS

Este ano celébrase por primeira vez o “Días das Escritoras”, unha iniciativa da Biblioteca Nacional de España, a  Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarais (FEDEPE) e a Asociación  Clásicas e Modernas para a igualdade de xénero na cultura.
 Como data de celebración elexiuse o primeiro luns seguinte á festividade de Teresa de Jesús, que se conmemora o 15 de outubro.
 Con esta celebración “búscase reivindicar o labor e a  traxectoria das escritoras tantas veces relegadas a un segundo plano ao longo da  historia”.
 Pola nosa parte, unímonos a esta iniciativa facendo a presentación dos últimos libros das escritoras  Ledicia Costa, Cassandra Clare e J.K. Rowling,  xunto a  unha breve reseña delas, e rescantando un monográfico sobre mulleres galegas escritoras publicado na Revista das Letras  no ano 2007. Forman parte deste monográfico Lupe Gómez, Eva Pedreira, María Reimóndez, Marilar Aleixandre, Ana Romaní, Xohana Torres, Pilar Pallarés, Eva Veiga, Marica Campo, Medos Romero, Marta Dacosta, Rosa Aneiros, María do Cebreiro, Chus Pato, Helena de Carlos, Olga Novo e Carmen Blanco. Cada escritora escolle á seguinte explicando as razóns da súa elección.