07/11/08

As nosas primeiras visitas á biblioteca

O grupo de 1º de ESO D realizaron hoxe unha visita guiada pola biblioteca do noso centro. Nela aprendimos, como se cataloga un libro, as diferentes seccións da sala, as normas de uso, e sobre todo que a biblioteca non é só un espazo físico, senón máis ben un lugar de encontro entre distintas materias, entre diferentes experiencias. E descubrimos que este ano imos "disfrazar" a nosa biblioteca de diferentes temas. Imaxinádela convertida nunha fortaleza medieval? Ou nun barco pirata? Ou nun espazo de terror e misterio? Para iso imos precisar a axuda de todos, especialmente dos alumnos (que son os máis ocorrentes).