Como xa se explico nunha anterior entrada ,tentouse acertar cos gustos de cada quen. O curioso é que neste punto foi onde mais dubidaron as participantes. Quizais porque todos estamos mais afeitos a saber as cores, ou os complementos que lle agradan a un familiar, pero non soe ser tan fácil acertar coas lecturas, algo máis , cos discos e as películas.
O material foi variado, e abondaron os “clásicos” en todos os eidos. Por citar algún exemplos, hai pais e nais que se deleitaron con obras de Castelao (Nós) ou “A vida e a fala dos devanceiros”. No apartado de cine tamén se viron con gusto ( e en familia) “El club de los poetas muertos” ,“El nombre de la rosa” ou “Cinema Paradiso”.
Pero houbo xéneros cinematográficos tan variados como os devanditos e “As vacacións de Mr.Bean”, “Twister”, “Big fish”, ”Uno,dos,tres”, “M. Batignole”, “Kirikú y la bruja”etc.
Os cómics sempre funcionan ben , como o testemuñan as lecturas de aventuras de Astérix (especialmente os últimos números baseados nas películas) ou , dende outro punto de vista ,“Cómo dibujar Manga”. Na música decantáronse pola clásica e Vivaldi, Mozart e Beethoven volveron deleitar coas súas obras maestras. Ás veces tamén cadrou que un libro de literatura xuvenil, acáballe gustando á nai: foi o caso de “El último tren a Zurich” e viceversa, unha lectura proposta para os adultos “engancha” á rapaza ( vg.“El perfume”).
Conclusións conxuntas de alumnos e familiares: hai que repetir a actividade , resultou moi grato levar, de xeito extraordinario, até oito ou dez recursos (di unha alumna) , e este ven sendo, ao fin e ao cabo, un achegamento mais das familias ( sobre todo dos pais) ao centro no que estudan os seus fillos. Un inimigo común a todos: o tempo. De onde se saca o tempo para ler?. Non coñecemos a fórmula máxica , pero agradecemos sinceiramente os esforzos feitos por todos os familiares que participaron na “mochila viaxeira”.
ATÉ A PRÓXIMA OCASIÓN!!!