08/05/08

Crepúsculo



Este é un dos títulos que últimamente está arrasando no noso club de lectura, Os Papalibros.
Crepúsculo é unha triloxía na que a autora, Stephnie Meyer, cóntanos a complicada relación entre Bella e Edward... e tan complida xa que Edward é un vampiro. Iso si, guapo e noviño.
Na primeira parte, Un amor peligroso, cóntanos como se coñece a parella.
No segundo libro, Luna nueva, Bella darase conta de que namorarse dun vampiro pode ser moito máis perigoso do que imaxinaba. Edward sálvaa dun diabólico vampiro, pero tal vez os seus problemas non fixeron máis que empezar.
En Eclipse, a terceira parte, Bella atópase unha vez máis en perigo, pero ademais terá que elixir, entre o seu amor por Edward e a súa amistade con Jacob... sabendo que a súa decisión pode desencadear a loita intemporal entre vampiros e homes-lobo.
Veña, non apalanques os libros, que hai cola agardando.
Escribe o teu comentario, a ver se alguén se anima con esta historia romántica con toques de terror.

1 comentario:

  1. Anónimo16/1/09

    Increible!que decir deste libro que xa non sepa todo o mundo?!por suposto que o recomendamos!e non so para adolescentes!!
    A pesar de que a primeira vista pode parecer unha historia surrealista podes acabar desexando que existan vampiros como Edward agardando por ti!!jej.
    E por suposto que os seguintes nos decepcionan, xa que non so é unha historia de amor se non que tamén ten pasaxes de acción e intriga.
    Aseguramos que ó final do libro estarás desexando ler o seguinte!

    ESMERALDA E ANA

    ResponderEliminar