"Radio na biblio", en colaboración con Radio Galega ,convocou o 2 de abril o I Concurso de Podcasts para centros de ensino non universitario. Cada centro podía enviar un máximo de 3 podcasts, cunha duración entre 3 e 5 minutos, sobre o patrimonio de Galicia, material ou inmaterial, buscando un vínculo coa contorna. Os programas gañadores serán retransmitidos o 17 de maio na Radio Galega.
O IES de Melide participa na categoría de ESO con dous podcasts:
1.- "Topónimos", adaptación do texto sobre toponimia de Sechu Sende,
Topónimos exóticos na Galiza, na súa obra
A República das palavras. O podacasts foi adapatado, realizado e presentado por Eric Arias, Denís Ibezim, Adrián López e Sergio Varela de 2º ESO C.
2.- "O patrimonio onde vivimos", programa no que se explican os conceptos básicos do patrimonio dunha comunidade con exemplos da nosa contorna, foi elaborado e gravado por Cristian López, Icía García e Daniel Meiriño de 2º ESO D.
Moitas grazas a este alumnado polo seu taraballo e participación nesta iniciativa. Ogallá poidamos escoitalos o día 17 na Radio Galega. Se isto non puidera ser, sempre nos quedará Falamelide!!!