14/11/08

LECTURAS DAMATIZADAS EN 4º DA ESO

Hai unhas semanas tivemos o pracer de recibir a visita da actriz Fusa Guillén quen axudou a 7 rapaces de 4º da ESO a poñer en escena a peza teatral "O Mexillón", baseada na obra do autor estadounidense John Steinbeck. Nela abórdase a historia do descubremento dunha perla que axudaría a mellorar as condicións de pobreza nas que vive unha familia de pescadores. Pero o agasallo" resulta ser unha fonte de desgrazas, unha tras outra, até que deciden desfacerse dela.A adaptación libre da novela transcorre nun campamento de rapaces que descubren unha "perla" dentro dun mexillón. Esta descuberta sementa a discordia entre os compañeiros e fai que xurda o peor deles: cada un quere apropiarse do "tesouro", e ,tras unha serie de incidentes, a suposta" perla" desfaise e todos aprenden a lección: é moitísimo mais prezada a súa amizade que ningún tesouro. Ao monitor, Serafín, aínda lle quedará por aprender o que os seus "titorandos" xa saben.Sete alumnos de 4º da ESO, dirixidos previamente polo seu profesor de galego, fixeron ensaios das lecturas na clase e un derradeiro con Fusa. O resultado foi satisfactorio: os 4 actores e 3 actrices foron: Iria, Diego, Bruno (de nome artístico "Ramón"), Alejandro, Diego, Yolanda e Ana. Non é doado subir ao "estrado" e superar a posible vergonza, nervios e o famoso "medo escénico" que padecen case todos os actores, sobre todo os noveis.Por iso mesmo dámoslles as gracias por facernos pasar un rato agradable e divertido. Noraboa e que non sexa a última vez!!!