Amosando publicacións coa etiqueta Concurso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Concurso. Amosar todas as publicacións

26/02/22

ENTROIDO DE PERSONAXES ILUSTRES


Para festexar o Entroido, a vicedirección organizou un concurso no que o alumnado tiña que averiguar o personaxe famoso que cada profesora ou profesor representaba co seu disfraz. O profesorado escolleu personaxes relacionados coa materia que impartía: Marie Curie en química, Frida Khalo en plástica, Safo en grego, Rosalía de Castro e Quevedo en linguas e literatura, Dian Fossey en bioloxía, Hipatía e Pitágoras en matemáticas, Rosalía en música, ou Flavio Gioja, o perfeccionador da brúxula, en orientación... entre outros.

A biblioteca converteuse nun fervedoiro de rapazas e rapaces que buscaban na rede os personaxes a partir dos seus atributos e das pistas que daba o profesorado.

O resultado é que gran parte do alumnado aprendeu cosas novas que non coñecía e, ademais, divertiuse. Viva o entroido!

15/11/16

CONCURSO DE MICRORRELATOS




Un ano máis o Equipo de Biblioteca do IES de Melide convoca un concurso de Microrrelatos con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Cantas palabras necesitamos para poder contar unha boa historia? Retamos ao alumnado do IES de Melide a que con menos de cen palabras tente chegar ao corazón d@s lectores/as. Atrevédesvos?

Velaí as BASES e desta vez ninguén se queixará do moito que ten escribir:

- Os relatos xirarán en torno á violencia contra as mulleres ou ben a non violencia e  como debe ser o bo trato en calquera relación.


- Terán unha extensión máxima de cen palabras.

- O prazo de presentación remata o mércores, 30 de novembro de 2016 .

- Establécense tres premios para os tres mellores microrrelatos presentados (1º ciclo; 2º ciclo e FP Básica;  Bacharelato e CF).

*O xurado poderá deixar deserto/s o/s premio/s se o considera oportuno.