02/04/24

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

                              O día 21 de marzo celebrouse  o Día da Poesía.
 
 

 No expositor da biblio deixáronse algunhas das últimas novidades poéticas  así como o programa de actividades para conmemorar esta data.



O departamento de Lingua Castelá e Literatura organizou o primeiro concurso de videopoemas e foi todo un éxito!!



Outra das actividades realizadas consistiu nunha tarefa interdisciplinar entre os departamentos de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Educación Plástica, Visual e Audiovisual. A rapazada converteuse por un día en pintoras e pintores creando un mural de debuxos que representaban cadanseu poema.




        

                                                                                         
                   
  


Ademais confeccionouse un tendal de "poemas para levar" e tod@s marchamos  ás   aulas colgad@s nun verso.

 Tamén se organizou un recital  poético  en diferentes linguas como en francés: 

 


 

 

 ...e en portugués:







Ademais, desde o Departamento de Matemáticas levouse a cabo un pyema: unha oda ó número PI. 


 




Marabilloso escoitar!!!









01/04/24

8M, DÍA DA MULLER

 Esta data fíxose visible desde os corredores do centro  coa exposición de cartaces relativos a mulleres que fixeron camiño.

Ademais, o  Departamento de Música elaborou unha listaxe de mulleres galegas especialistas no oficio: compositoras, músicas de diferentes estilos...

 


O noso equipo de " Tecendo historias" contou para esta data  con dúas avoas tecelás, que nos deixaron abraiados/as coa súa destreza no manexo do  gancho e das agullas. Que grandes mestras!




Por outra banda, este curso, dende a biblioteca, reivindicouse  a figura de Irene a Porteira, a través dunha unidade didáctica  baseada no cómic de Xulia Pisón,  enviada  ao profesorado, para que puidese traballar nas aulas.

                                             IRENE, A PORTEIRA | XULIA PISON | Casa del Libro

Finalmente e, como non, tamén a biblio foi o lugar de encontro do equipo " Estela lila" que se creou este curso e  arrancou  con brío para dar visibiliade a  todos os colectivos sociais desfavorecidos. Comezouse  coa lectura dun manifesto 


                             


Arriba, no segundo andar da nosa biblio, un grupo de profesoras  fixeron  unha pequena homenaxe a "Las Sinsombrero", mulleres artistas ( escritoras, pintoras, actrices...) correspondentes á Xeración do 27, que mostraron a súa rebeldía ao prescindir do sombreiro, atavío feminino normativo  na sociedade da época. Mulleres para quitar o sombreiro.


 
 
 
 
                        

E á  beira da porta da biblio   instalouse un mercado solidario de   mulleres wanawake, de África subsahariana, que loitan entre outros dereitos pola abolición da mutilación xenital feminina.
 
 
 



                                    







22/03/24

DÍA DE ROSALÍA



    "Para dicirche de onde veño, téñoche que sacar a lingua"

                   ( YOLANDA CASTAÑO)

Así comezou o alumnado de 4º de PDC  a identificarse porque na mesma data celebramos na biblio a lingua e a obra rosaliá. E as dúas se foron nobelando a un tempo.







No Día de Rosalía a tarima da nosa biblio teceu os seus poemas  a toda cor, .oi sen dúbida un día florido.



"Castellanos de Castilla", "A xustiza pola man" e "Unha vez tiven un cravo" foron recitados polos nosos e nosas Penélopes que tamén celebraron  o Día da Lingua Materna con calas, lirios, camelias e colchas de la para abrigar poemas.











 

27/02/24

VISITA DE ANTÍA YÁÑEZ


Onte veunos visitar ao Club de Lectura a escritora Antía Yáñez, para falarnos da súa novela "Non penses nun elefante rosa








Antía contounos que un tema tan serio como o da saúde mental pode abordarse desde o sentido do humor, pois iso é o que nunca perde a protagonista, pese a perder a estabilidade. Díxonos que non hai perfís cando se trata de transtornos da personalidade e que calquera, en calquera momento da vida pode sentir como o elefante sen ningunha razón o elefantiño chama e ...toc, toc xa está  na súa porta. Porque calquera pode ter un TOC. 



                



                         





















DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 O 11 de febreiro celebramos o Día da Muller e da Nena na Ciencia.
O expositor da entrada da biblio fixo mostra de varios exemplares en col desta efeméridde    

              



Por outra banda o Club de Ciencias  aportou a  visita da científica Socorro Castro García, profesora de Química na Universidade  de A Coruña, cuxo campo de investigación son os materiais. 
O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato obtivo resposta a preguntas fundamentais:  Que fai unha científica? Por que hai menos mulleres adicadas a este eido da investigación? 




                                 









DíA DA CANDELORIA



 O IES de Melide é moito de mostrar os afectos por iso  o día 2 de febreiro  deu  comezo  no centro á manifestación do amor co casamento dos paxariños




Coincidindo coa celebración do  entroido, colocouse na entrada do centro un mural deseñado con papiroflexia e un  refrán que dá conta da metade do inverno: 




                                   


 No chan,  dous goxos  recheos de herba seca foron o  niño  perfecto para as aves  multicolor  que,  no canto de ovos, deixaron cartas de amor e amizade  que non tardaron en  ser  enviadas aos seus/ súas  destinatari@s. Porque o amor  é asi, urxente.

19/02/24

DÍA DA PAZ


  REGUEIFANDO 
 
O alumnado  de 2º de ESO amenizou a sesión de recreo cunha regueifa en relación co Día da Paz
 
 

 
 
 
Por outra parte, o grupo de 4º D  xogou coa eufonía para escribir a PAZ:
 
Dixeron que a Paz pode ir:

  Con ...
  
 
P

de pel

ou de  polpa de pexego

ou de pedir plural

ou de papoula e pan

ou de pentagrama e poema




Con...


A

de amor

ou de antes menos ca agora

ou de ás veces atoladamente

ou de amenceres de alecrín amarelo


Con...


Z

de zume

ou de zugar na vida

ou de máis zoooooom para a paz

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

16/02/24

CÓNTAME UN MITO (2)

 Desta vez  a tarima da biblio serviu de escenario para iniciar unha saga de mitos. Desta vez veuse  representar o mito de Aracne, a cargo do alumnado de 1º de BAC


 Con esta dramatización comprendemos que   a soberbia é sempre mala compañeira. A deusa Atenea tivo compaixón de Aracne e salvoulle a vida, pese á súa rabia e envexa, pero castigouna converténdoa en araña e condenouna a tecer para o resto dos seus días






E velaí como quedou





12/01/24

FIN DE ANO CON MENSAXE POÉTICA


   E marchamos, esvarando na espiral dun verso do  puño e letra  de Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023, á calor da cheminea  fabricada polo  alumnado do ciclo de Madeira e  exposta  na entrada do centro. 

 Así, nesta tarxeta postal perfumada de lavanda e ideada pola coordinadora do Equipo de Normalización Lingüística, Marga Quintela.







EN NADAL...AGASALLA UN LIBRO

   

   E  antes de nos ir de vacacións, a nosa biblio foi o lugar de entrega e recolla de libros, atendendo ao lema" Agasalla un libro".

 Enriba da mesa envoltas e anoadas cun lazo encarnado, @s mag@s deixaron aquí as nosas lecturas favoritas.