
Desta vez presentamos unha pequena "selecta" dunha mostra exposta no interior da biblioteca: son escenas cotiás da vida da muller, reflectidas en instantáneas atopadas na rede: dende os traballos típicos do mar e do campo e o tempo de lecer até personaxes femininos pioneiros na súa época na política, coma
Mª Purificación Gómez, alcaldesa da Cañiza, única muller galega en acadar este posto durante a segunda república.
Elisa e
Jimena Fernández de la Vega foron as primeiras mulleres universitarias galegas, ámbalas dúas licenciadas en Medicina e investigadoras cos doctores
Gregorio Marañón e
Nóvoa Santos; e
mulleres de "antes" paseando pola rúa.
O traballo das primeiras mulleres, con labores non recoñecidos e, non por iso menos importantes, foron os piares das derradeiras. Grazas ó traballo polo recoñecemento da muller galega das nosas devanceiras, somos hoxe en día o que somos, cos mesmos dereitos e oportunidades que o sexo oposto, e aínda que xa levamos camiño percorrido, a loita pola igualdade dos sexos non debe cesar.
Conserveiras
Redeiras
Marisqueiras 
Mulleres pola rúa

Alcaldesa republicana

Excursión parroquial

1ªs universitarias galegas