Por fin chegou o día e hora tan esperados e un montón de rapaces, rapazas e profesoras xuntámonos na biblioteca do IES de Melide para recitar a Celso Emilio, seguindo a convocatoria da Coordinadora Galega de ENDL.
Despois dunha extraordinaria introdución a cargo de Lorena Ambrosio, as alumnas e alumnos de 2º de BAC fixeron un recitado de "Deitado frente ao mar", acompañados por música en directo, interpretada por tamén alumnasde 2º e 1º de BAC.
A continuación os Papalibros fixeron unha versión hip-hop deste mesmo poema, que conseguiu sonar ben graza a axuda inestimable de David.
Este foi o noso xeito de conmemorar o centenario do nacemento de Celso Emilio, poeta comprometido coa lingua, coa xente sinxela e cos que sofren. Foi esta tamén a nosa maneira de reivindicar o dereito á nosa identidade, a educarmos en galego porque queremos, porque nos peta
Aproveitameos tamén esta data redonda para participar nunha lectura de textos clásicos, dentro da convocatoria "yo conozco mi herencia. ¿Y tu?", da que vos damos conta no noso blog Aspasia.
Amosando publicacións coa etiqueta Celso Emilio b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celso Emilio b>. Amosar todas as publicacións
13/12/12
11/12/12
RECITANDO A CELSO EMILIO E COÑECENDO A NOSA HERDANZA.
O 12 do 12 do 2012 ás 12.00 Biblomelide tamén estará recitando a Celso Emilio, celbrando así o centenario do seu nacemento.
E este mesmo día 12 do 12 do 2012 ás 12.1, porque non podía ser doutro xeito. Alumnas e alumnos do departamento de grego leran textos clásicos, dentro do envento Yo conozco mi herencia. ¿Y tu?, que tamén podedes ver con detalle no noso blog Aspasia

Etiquetas:
Actividades,
Celso Emilio,
Poesía
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)