23/12/08


ATÉ O ANO QUE VEN COA MOCHILA VIAXEIRA!!!

Neste trepidante final do 1º trimestre no que se xuntan os exames, os traballos de última hora para subir nota, a participación en actividades de Nadal e un longo etcétera., un grupo de rapazas de 4º da ESO do IES de Melide, atoparon un pouco de tempo para , coa axuda da profe bibliotecaria, escoller libros (de ficción, ensaio, cómics…) películas e discos para levarlles aos seus pais, nais, irmáns, abós, e até madriñas , nunha mochila de "ida e volta". Esta actividade hai pouco que se fai no instituto, e soe espertar bastantes reticencias: "os meus pais non teñen tempo para ler, non sei ben os seus gustos, a miña irmá está na típica idade insoportable, non sei que lle levar….” Pero entre todas (si, todas "féminas", ¿por qué será?) puxémonos as pilas e nun tempo récord fomos quen de acadar o noso obxectivo: facer un pequeno “agasallo” ás familias dos alumnos e tentar, tamén, inculcar a idea de que os regalos de Nadal ou Reis poden ser algo mais que roupa, complementos, xogos de ordenador etc. Non esquezades os libros. Un bo libro é un regalo que nunca se esquece. Un libro é a mellor viaxe.
Este foi o lema que puxemos dentro das mochilas xunto con este outro:“AFAITE A REGALAR LIBROS POLO NADAL “