06/05/08

FAHRENHEIT 451


E se non tivésemos dereito a ler?” Esta frase que aparece na promoción do filme, introdúcenos nesta película dirixida por François Truffaut e baseada nunha novela do estadounidense Ray Bradbury: é unha fábula de ciencia-ficción que nos amosa o futuro dunha sociedade sen acceso á lectura, onde unha especie de “policía política-corpo de bombeiros” se encarga de queimar todos os libros que atopan. A 451 º da escala Fahrenheit (equivalente a 233ºC.), prende o papel: todos os libros, sen excepción, son queimados, os lectores, detidos e os cidadáns, alentados a delatar aos presuntos culpables.
Os rasgos dos individuos non lectores son patolóxicos.
Esta obra de R. Bradbury, escrita durante o macartismo de E.E.U.U., non é, por desgraza, pura invención: todos os reximes totalitarios de calquera signo político fixeron e fan as súas “listas negras” para evitar que os cidadáns lean cousas “non convenientes”. Quizais, a razón hai que buscala nese pensamento de Ricardo Corazón de León: “os libros ensináronme a pensar e o pensamento fíxome libre”.
Ficha técnica
Dirección: François Truffaut
Producción: Lewis M. Allen
Guión: François TruffautJean-Louis Richard
Música: Bernard Herrmann
Fotografía: Nicolas Roeg
Reparto:
Oskar WernerJulie ChristieCyril CusackAnton Diffring, Jeremy Spenser, Bee Duffell, Alex Scott, Michael Balfour.
País: Reino Unido
Año: 1967
Género: Ciencia ficción