O pasado venres 28 de outubro, os alumnos de 4º de ESO de Artes Escénicas preparon unha actividade de "medo" para a primeira hora da mañá, antes de que os seus compañeiros entraran nas aulas. Aclararon que non tiveran moito tempo para montala, pero que se coordinaron bastante ben. Era unha actividade para que o alumnado se divertira e pasara un momento diferente ao resto das mañás, xa que en anos anteriores non ocurrira nada parecido.
Pensaron moito como situarse para que os alumnos, según foran entrando, se impresionaran , ao igual que a elección da iluminación e a música adecuada para crear ambiente. Tamén tiveron en conta o vestiario, a maquillaxe,... Recoñecen que a última hora andiveron bastante apurados.
Ao rematar a interpretación sentíronse satisfeitos do traballo realizado.
Outras actividades realizadas para este día foron:
- Preparación dun almorzo saudable e terrorífico por parte do alumnado de 1º ESO dentro do proxecto para este nivel "Almorzo saudable"
- Participación na decoración da entrada principal do centro e construción de fantasmas nos laboratorios de Bioloxía por parte de alumando de 1º ESO.
- Celebración dun magosto durante o recreo.
- Exposición na biblioteca de libros e películas para pasar unha ponte de medo.
Parabéns a todos, e agradecemento especial ao alumando de Artes Escénicas de 4º por axudarnos a escribir esta entrada!
Slidely Photo Gallery
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. b>. Amosar todas as publicacións
06/11/16
24/10/16
CERTAME LITERARIO "RELATOS TERRORÍFICOS SAMAÍN 2016" E CONCURSO DE EPITAFIOS "RIP, RIP, HURRA!"
A
VICEDIRECIÓN, A BIBLIOTECA, o EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN
LINGÜÍSTICA e o DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA do IES de Melide, convocan:
- O
certame literario "Relatos terroríficos Samaín 2016" para
o alumnado de 1º e 2º ESO.
- O
concurso de epitafios "RIP, RIP, HURRA!" para
o alumnado de 2º e 3º ESO, 1º e 2º de Bacharelato, ESA, EBI, FP Básica e Ciclo
de Madeira.
Aquí tes as bases:
“RELATOS TERRORÍFICOS SAMAÍN
2016”
BASES:
1.
Poderá participar no Certame todo o alumnado de 1º e 2º ESO.
2. Os relatos presentados deberán ter un carácter “terroríficamente
aterrador” e estar relacionados co momento do Samaín.
3. As obras presentadas deberán estar escritas en
lingua galega.
4. A extensión dos traballos a presentar é libre.
5.
Os traballos, nos que se farán constar os datos do/a autor/a, deberán
presentarse na Biblioteca.
6.
prazo de entrega comeza o luns 24 de outubro e remata o xoves 27 de outubro
no recreo.
7. xurado estará composto por
representantes do alumnado, do profesorado e do persoal non docente do Centro.
8. Os premios serán entregados nun
acto que terá lugar o 28 de outubro na Biblioteca.
9. PREMIOS:
Haberá premios para o primeiro,
segundo e terceiro seleccionado, aos que lles corresponderá:
1º Premio:Tres semanas de bocatas
gratis na cafetería do centro e un libro de temática terrorífica.
2º Premio: Dúas semanas de bocatas
gratis na cafetería do centro e un libro de temática terrorífica.
3º Premio: Unha semana de bocata gratis na cafetería do
centro e un libro de temática terrorífica.
"RIP, RIP, HURRA!!”
BASES:
1. Poderá participar no concurso calquera alumno ou alumna do centro de 3º e
4º de ESO e 1º e 2º de bacharelato, ESA, EBI, FP Básica; Ciclo de Madeira.
2. A participación será individual. Os textos deben ser orixinais e inéditos.
3. Valorarase que sexan enxeñoso, pero non poden ser
ofensivos nin incluír groserías.
4. Os traballos poden presentarse en diversos
materiais (cartulina, cartón, poliexpán…) ou outros materiais reciclables, pero
procurando imitar unha lápida (campa) . As
dimensións non podrán exceder de
DIN-A3 ou DIN-A4.
5. Os epitafios deberán estar escritos en lingua
galega.
6. Os traballos, nos que se farán constar os datos
do/a autor/a, deberán presentarse na Biblioteca.
7. O prazo de entrega comeza o luns 24 de outubro e
remata o xoves 27 de outubro no recreo.
8. O xurado estará composto por representantes do
alumnado, do profesorado e do persoal non docente do Centro.
9. Os premios serán entregados nun acto que terá lugar
o 28 de outubro na Biblioteca.
10. Categorías:
Epitafio ( valorarase, especialmente, o texto )
Lápida
( valorarase especialmente o deseño )
11. Premios::
Haberá tres premios por
categoría, en forma de vales, e que poderán trocarse en
calquera librería de Melide.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)