23/12/08


ATÉ O ANO QUE VEN COA MOCHILA VIAXEIRA!!!

Neste trepidante final do 1º trimestre no que se xuntan os exames, os traballos de última hora para subir nota, a participación en actividades de Nadal e un longo etcétera., un grupo de rapazas de 4º da ESO do IES de Melide, atoparon un pouco de tempo para , coa axuda da profe bibliotecaria, escoller libros (de ficción, ensaio, cómics…) películas e discos para levarlles aos seus pais, nais, irmáns, abós, e até madriñas , nunha mochila de "ida e volta". Esta actividade hai pouco que se fai no instituto, e soe espertar bastantes reticencias: "os meus pais non teñen tempo para ler, non sei ben os seus gustos, a miña irmá está na típica idade insoportable, non sei que lle levar….” Pero entre todas (si, todas "féminas", ¿por qué será?) puxémonos as pilas e nun tempo récord fomos quen de acadar o noso obxectivo: facer un pequeno “agasallo” ás familias dos alumnos e tentar, tamén, inculcar a idea de que os regalos de Nadal ou Reis poden ser algo mais que roupa, complementos, xogos de ordenador etc. Non esquezades os libros. Un bo libro é un regalo que nunca se esquece. Un libro é a mellor viaxe.
Este foi o lema que puxemos dentro das mochilas xunto con este outro:“AFAITE A REGALAR LIBROS POLO NADAL “

14/12/08

UN PASEO POLA IDADE MEDIA

Este ano na biblioteca do IES decidimos tratar a animación lectora con temas que se van miodificando cada certo tempo. Así, decidimos comezar co MUNDO MEDIEVAL: toda a biblioteca se converte nunha fortaleza.

A mesa do banquete está preparada co necesario: xarras e copas para beber e libros para comer (ou, mellor dito, para devorar).

Pero non falta o preso na terrible mazmorra, o recuncho do frade copista, as imaxes de arte e películas proxectadas na pantalla, os murais sobre diferentes aspectos medievais, e moitas máis cousas.


Animádevos todos a entrar no pasado, e botádelle un ollo aos fabulosos libros que temos na mesa dos PAPALIBROS: son para mirar, para tocar, e para levar a casa e ler.
Dende a biblioteca queremos dar as grazas a todos os que fixestes posible que a ambientación se levase a cabo: a alumnos (que tanto traballastes nelo), e a profesores de moitos departamentos (a vós, que fixestes cancelas, almeas e escudos; aos que trouxestes manequíes; aos que montastes Powerpoints para proxectar; aos que elaborastes murais cos rapaces; e un longo etcétera).
Á volta de Nadal seguiremos un pouco con este tema, e en breve cambiaremos. Iso si: aceptamos suxestións!!

12/12/08

OUTRA CARA DOS DEREITOS HUMANOS

Na D.U.D.H., a Violencia de Xénero ocupa, ou debería ocupar, un lugar prioritario. Ese artigo que fala da non discriminación por razóns de sexo, semella papel mollado ante a crúa realidade. Esta lacra existe en todos os rincóns do planeta, mesmo no considerado “mundo desenvolvido” : as mortes de mulleres a mans das súas parellas , acadan cifras arrepiantes que van en aumento, a máis das mutilacións xenitais, a prostitución feminina (incluida a infantil), as vexacións e a explotación laboral , que son prácticas globalmente extendidas. É preciso recoñecer que moitas veces oímos falar destes temas nos medios de comunicación cunha indeferencia certamente culpable.
Os alumnos do IES de Melide traballaron sobre este terrible problema dende distintos puntos de vista.
Co gallo do 25 de novembro, o alumnado de 4º da ESO cubriu toda unha parede do instituto con esquelas funerarias duns 30 casos de crimes cometidos contra mulleres : as fontes da información foron os xornais e as revistas da biblioteca .
Rapaces de 1º de BAC, recorrendo ás mesmas fontes xornalísticas (prensa escrita e dixital), elaboraron un mural con textos de noticias e imaxes ilustrativas, algunhas moi elocuentes, do drama que non cesa.
Finalmente alumnos de 2º de BAC elaboraron unha información (recollida en soporte mural e exposta a carón da Biblioteca) sobre a consideración da muller nas distintas relixións: cristianismo, islam, hinduísmo, budismo, mitoloxía grega...
E despois de todo este traballo, qué podemos facer fronte a estas situacións?. Cando nos falan de sucesos ocorridos en lonxanos países, pensamos que iso “non vai con nós”, que realmente pouco podemos facer. Isto é relativo:existen O.N.G.s que se adican a loitar pola dignidade da muller
nos cinco continentes e, especialmente no 3º mundo. Podemos colaborar con elas, cada un, dentro das súas posibilidades. Podemos non mercar productos que sabemos que están feitos gracias á explotación laboral, especialmente a feminina. Pero por enriba de todo, hai un elemento fundamental: a EDUCACIÓN nos valores do respecto á vida, á dignidade e á igualdade entre sexos dende a infancia, educación, que, no noso país, é aínda tan deficiente. Non perdamos a esperanza. E lembremos que “nada do humano énos alleo”. Aínda que sexa doutro sexo.

10/12/08

60º ANIVERSARIO DE LA D.U.D.H. POLA O.N.U.

Tal día coma hoxe en 1948, a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración Universal de Dereitos Humanos. Os antecedentes mais próximos no tempo, foron a Carta Magna da Inglaterra medieval, a Declaración de Independencia Norteamericana, e a Declaración de Dereitos do Home en 1789 durante a Revolución Francesa, texto que ilustra este comentario.
Na historia da humanidade, sempre se loitou polo establececemento escrito das leis,que regulaban as relacións entre os poderosos e o pobo chan, e entre os cidadáns mesmos, cando se tivo conciencia disto. A realidade, coma sempre, é túzara , e o nivel de cumprimento de ditos dereitos é calamitoso en moitísimas partes do planeta. Informes de organizacións como Amnistía Internacional dannos a alerta sobre situacións arrepiantes de xenocidios, prostitución infantil, terrorismo, explotación laboral e un longo etcétera. Tamén no chamado primeiro mundo abondan casos desta índole. Tócalles aos gobernantes, aos poderes públicos, evidentemente , arranxar este cumio de inxustizas, pero todos, no noso traballo, no noso posto, podemos facer mais do que en principio podemos pensar. Non esquezamos aquelas palabras que Hemingway

utilizou na introdución dunha das súas mais coñecidas novelas: non somos illas, somos continentes....por iso...non preguntes por quen dobran as campás: dobran por tí.
Que o saibamos entender a tempo.