![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgo64xydBAFxjRM32iRZjcHo1t7meMDRmuRI8BNW4LZXXbR7mpCuhNQX4H_25v6Lw73L-ixzPEV7yAVdF5mCcvLaWz0pjaS3-6z2-wdfgxaFiz8WAcrFBRFjBdY8KkeFr9k4BB-E_t9-B8/s400/bibliotecas2+copia.jpg)
O 24 de outubro celébrase o Día Mundial da Biblioteca. En España vense conmemorando dende 1997.
As bibliotecas son, na súa acepción tradicional, espazos onde se atopan libros. En todas as épocas históricas houbo importantes e magníficas bibliotecas, dende a Antigüidade (Alexandría, Pérgamo) pasando pola Idade Media, o Renacemento, Barroco....até chegar a nós.
Para celebrar a data, este curso fixemos unha exposición cunha serie de bibliotecas de distintas épocas e estilos, dende a da Universidade de Santiago de Compostela (hoxe en día na Facultade de Xeografía e Historia) até algunhas de E.E.U.U. ben curiosas, por certo, cos libros facendo de muros exteriores.
E sempre sen esquecer a frase de J.L.Borges que encabeza a exposición: “sólo entendería el Paraíso como un lugar donde hubiese libros” Ogallá que todos saibamos aproveitar os recursos que temos ao noso dispor, no noso centro e noutras entidades para non deixar de abrir e descobrir ese tesouro agochado que está esperando a que o atopemos..........nun libro.