28/02/23

DÍA DE ROSALÍA

 XORNADA ROSALIANA

 O 23 de febreiro celebramos no  noso centro o Día de Rosalía.

 A súa imaxe na entrada do centro estivo acompañada por unha colección de marcapáxinas confeccionadas polo alumnado de 3ºde ESO 



O alumnado de 4º de ESO  do noso IES completou o taboleiro ilustrando versos rosalianos de diferentes obras da escritora:

                        Este vaise e aquel vaise/ e todos, todos se van 

                          

                              Cala rula, os teus arrulos ganas de morrer me dan"

                               Tecín soia a miña tea...

            

   

16/02/23

RECITAL DE POEMAS DE AMOR

A Candeloria e a celebración do Amor foi  motivo para que o alumnado  recitase  poemas  coloridos coma panos de seda. Tantas cores dixeron do amor coma as que eles mesmo  luciron no pescozo. Porque o amor pode ser primixenio, ou paixonal ou transformer, ou propio... Pero é que eles sábenas dicir todas porque son o Club de Poetas de 4º B




Despois do recital, unha caixa de correos abría a súa boca para poder enviar cartas de corazón vermello, cuxos encargados de repartilas foron os mesmísimos  carteiros/ as do amor.



15/02/23

MICROPOEMAS POLA PAZ

 

PREMIOS

 Con motivo da celebración do Día da Paz o alumnado creou micropoemas con imaxe. 

Ademais da participación, puidemos observar a súas habilidades gráficas e plásticas

Os traballos foron expostos no taboleiro da biblioteca  e  concedéronse dous premios