Amosando publicacións coa etiqueta arte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta arte. Amosar todas as publicacións

14/11/25

Obradoiro con Hama Beads

 A creatividade é un piar da nosa Biblio. Por iso, e aínda que pareza unha cousa ben sinxela, esta semana gozamos das creacións con Hama Beads, unhas perliñas que coas que, a través de patróns, se poden crear unhas figuriñas ben fermosas.

Moitos e moitas dos nosos artistas crearon o seu patrón dende cero! 

Ademais, podemos dicir que é algo que relaxa moito a mente de podemos descansar a cabeza despois dunha xornada intensa!





08/03/23

MÚSICAS GALEGAS




  A artista Laura Romero, ilustradora e música, vén facernos unha visita, e realizar un traballo sobre referentes femininos na música, que deixa a nosa biblio máis acolledora, neste caso pola parede exterior.







  Músicas galegas é un proxecto de ilustración, dentro dun proxecto máis amplo que é "unha música no insti", nos centros educativos, cousiñas que quedan no centro e non son tan efémeros coma unha conferencia, unha exposición, ... É un traballo a tempo máis longo...




  No noso centro quedarán unhas músicas que teñen unha certa relación co noso centro ou a contorna da Terra de Melide.

08/11/13

Día da Ciencia en Galego 2013: o dereito a gozar da Ciencia e a Arte en galego

Este ano, o día da ciencia en galego rende homenaxe ao arquitecto Richard Buckminster, á enfermeira Florence Nightingale e ao intelectual e artista creador de Sargadelos, Isaac Díaz Pardo. Esta edición céntrase na Estatística (estamos no ano internacional desta parte das Matemáticas) e na Arte e a Ciencia. Co obxectivo de ilustrar a estreita relación que hai entre ciencia e arte, elaboramos a presentación “A arte na ciencia, a ciencia no arte”. Na primeira parte, “A arte na ciencia”, intentamos escoller exemplos das diferentes ramas científicas (matemáticas, física, química, bioloxía,..) que nos chamaron a atención pola súa beleza. Na segunda parte, “A ciencia na arte”, intentamos ilustrar, a través da selección de obras e autores de distintos movementos artísticos, a presenza das ciencias nas artes.