Amosando publicacións coa etiqueta IES de Melide 50 anos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta IES de Melide 50 anos b>. Amosar todas as publicacións
08/04/17
OS MOBLES DE HAI 60 ANOS
O departamento de madeira segue a sorprendernos coa súa vea creativa. Nesta ocasión, e inspirados de novo pola conmemoración do 50º aniversario do IES de Melide, fan un repaso pola década dos 60 do s. XX, época na que comezou a súa andaina o IES de Melide.
Parabéns por este traballo que fará as delicias dos máis vetranos da nosa comunidade escolar, que poden/podemos ver escenas, mobles e obxectos cotiáns da infancia ou xuventude. En que fogar non había unha vaixela duralex, as famosas latas de colacao, que volven estar de moda, ou un clásico sofá de skay marrón?
Etiquetas:
IES de Melide 50 anos,
Madeira
07/03/17
A MULLER NA PUBLICIDADE DOS ANOS 60
Para conmemorar o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, o Departamento de Madeira realizou esta magnífica escolla de imaxes publicitarias dos anos 60 nas que aparece a muller no contexto do fogar, co mobiliario como telón de fondo.
En todas elas podemos ver a muller nos roles estereotipados de perfecta ama de casa, complaciente esposa e abnegada nai e sempre traballadora incansable. Nalgunhas delas a imaxe feminina, literalmente axeonllada ao lado do home, non necesita máis palabras. Non está demais recordar que a maioría destes anuncios semellan proceder de EEUU ou do mundo anglosaxón, culturas nas que se presupón que a muller estaba moito máis emancipada que na España da ditadura franquista. Sen embargo estas imaxes non difiren moito daquelas que conservamos da Sección Feminina española.
Este sinxelo pero estupendo traballo que revisa a imaxe da muller hai 50 anos, enlaza tamén co noso tema de traballo monográfico para este curso sobre os 50 anos que o IES de Melide cumpre agora.
Etiquetas:
Conmemoracións,
IES de Melide 50 anos,
Madeira,
Muller
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)