25/02/18

VISITA Á EXPOSICIÓN " A ARTE NO CÓMIC"

Alumnado de 2º  e 4º de ESO e  de 1º de Bacharelato visitou á exposición " Arte no cómic" na sede Afundación de Santiago de Compostela, exposición que recolle reinterpretacións  dalgunhas das obras máis emblemáticas da historia do arte a través dos cómics de 73 ilustradores e autores de prestixio.
Tamén participou nos obradoiros "Bocadillo de cómic e historia", o alumnado de 2º, e " O arte no cómic", o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Mostramos aquí algunhas das súas producións.









23/02/18

21 DE FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DAS LINGUAS MATERNAS

Con este motivo proxéctouse o documental de Manuel Piñeiro "A palabra xusta", un filme no que se aborda a vida de Antía Cal, mestra e pedagoga, que durante os anos 60 fundou unha das escolas con maior vangarda pedagóxica de Galiza.
É un documental biográfico no que se narran as experiencias persoais e profesionais dunha muller singular que no ano 1961 fundou o Colexio Rosalía de Castro de Vigo. Reflexo dunha vida e dunha que obra que aínda perdura entre o seu alumnado a día de hoxe.
"A palabra xusta" exhibe os pensamentos, as emocións e os recordos de Antía Cal, "Tita" para o seu alumnado. Este percorrido vital avanza dende as súas orixes, a súa infancia, o espertar da súa vocación ou a súa pelexa por poder estudar, até a chegada do grande amor da súa vida, Antón Beiras, ou a fundación dunha escola que ía romper co establecido até aquel momento: 
nenos e nenas xuntos, primeira escola bilingüe en inglés e castelán, pioneira no uso do galego, ...
O alumnado do IES de Melide de 3º de ESO e 1º de Bacharelato asistiu á proxección.