10/12/09

10-XII. DIA UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS


Un curso mais, como cada 10 de decembro, chega a conmemoracion da Declaracion Universal dos Dereitos Humanos, aprobada pola O.N.U. hai 61 anos. Unha vez mais contemplamos o enorme abismo que segue a existir entre "o que deberia ser e "o que e". Como reaccionar, que facer?
Nos sos non podemos acabar coa fame no mundo, coas guerras, coas enfermidades e con distintas catastrofes que, as veces, teñen moito que ver coa decision dos poderosos da terra. O Primeiro Mundo e o Terceiro Mundo...as mulleres nas distintas culturas......os campos de refuxiados.....os presos politicos......o comercio inxusto e a explotacion e tantos longos etceteras....Como non somos nin podemos ser "quixotes", sempre atopamos argumentos do tipo de "eu paso de todo porque non podo facer nada" , "isto sobrepasame" , "non e asunto meu" ," a vida e asi"... para ficar coa conciencia tranquila. Pero non e certo. Porque, por exemplo, o dereito a integridade fisica e moral dunha persoa, e dicir, a ser respectada , independentemente do seu sexo, clase social, raza, relixion, idade e un dereito que se pode cumprir ou non, no noso instituto, verdade?. Polo tanto si que podemos facer ou "desfacer" neste eido e en moitos outros. So hai que estar atento e ter boa vontade. Non e tan dificil e podemos chegar mais ala do que pensamos. Como di un dos carteis das Bibliotecas Escolares de Galicia Xuntos/as podemos ! asi como os dedos son individualidades , que xuntos, forman a nosa man. Pois iso, xa e hora de COMEZAR !

VIOLENCIA DE XENERO NA LITERATURA ACTUAL

A violencia exercida contra as mulleres, reflictese en obras literarias de todas as epocas. Tamen
en obras de "rabiosa" actualidade e exito de ventas como a saga MILLENNIUM de Stieg Larsson Por se alguen ainda non leu algunha obra da famosa serie, aqui tedes un articulo de Veronica Trabazo Mouriño (alumna de 1º BAC C) que fai unha reflexion sobre o tratamento do tema na obra do escritor sueco : fainos unha descoberta relacionada cun episodio da vida de Larsson sobre agresion a unha muller.

Stieg Larsson e a violencia cara as mulleres

O pasado 25 de novembro celebrouse o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, unha lacra que cada vez está máis presente na nosa sociedade e,tamén, en todas as clases sociais. Cada vez que encendemos a nosa televisión e raro que non escoitemos unha noticia sobre a morte dunha muller a mans do seu home.
Contra este problema loitou o escritor e periodista sueco Stieg Larsson, autor da trioloxía Millennium. Seguro que moitos de vós xa desfrutástedes da lectura dos tres libros que compoñen esta trioloxía, que sen dubida se converteu nunha das lecturas de moda. O eixe central destas novelas é a referencia ás mulleres e ás diferentes formas de violencia que se realizan cara elas. Nelas aparecen diferentes escenas de agresións a mulleres, agresións que podemos atopar nas sociedades máis “democráticas” todos os días: violacións, trata de mulleres e prostitución, violencia no entorno familiar, agresións sexuais, acoso laboral, dobre desamparo das mulleres inmigrantes pobres...Debemos salientar que nas novelas de Larsson ningún dos agresores queda impune.
Por outro lado, a protagonista de historia Lisbhet Salander amosase como unha persoa antisocial e distante, pero ao mesmo tempo tremendamente intelixente e racional. Amosase deste xeito porque “o sistema fíxoa así”. Nos asasinatos e delitos que descobre, adoita encargarse ela mesma de executar as sentenzas, pois non confía nin no Estado nin nas súas leis. “Non hai inocentes, só distintos graos de responsabilidade”.
A lectura de Millenium demostra que o seu autor estaba especialmente sensibilizado no tema da violencia de xénero. De feito a súa compañeira Eva Gabrielsson cóntanos o porque: “cando era xoven, nunha festa con compañeiros, presenciou unha violación, e culpábase de non tela evitado. Tiña esa espiña cravada e dedicou moito tempo a consolar e axudar as vítimas”. Stieg dedicou toda a sua vida a procura dun mundo xusto, , e fíxoo en respectuosa colaboración con persoas de diferentes culturas, relixións, convicións políticas, idades, procedencia social e profesións. En canto a feminista, prefería colaborar con mulleres”. De ahí, probablemente, que a denuncia de calquera forma de violencia fronte ao xenero feminino, sexa un dos leitmotiv, unha das ideas que se repite ao longo das súas obras.
Como consecuencia do seu traballo, o Observatorio contra a Violencia doméstica e de Xénero concedeulle ao escritor, falecido no ano 2004, o V Premio de Recoñecemento ao labor máis destacado na erradicación de dita violencia.
Este observatorio, que preside Inmaculada Montalbán, considerou que Larsson é merecedor do premio pola súa achega, a través da literatura, a visualizacion da violencia contra as mulleres “que se segue perpetuando nas sociedades actuais, tamén nas máis avanzadas”. Ademáis, destacaron a contribución do escritor sueco a poñer de relevo que “non só é desexable, senón posible a contribución a unha sociedade libre de violencia de xénero por todos os seus integrantes, mulleres e homes”.
Recomendo a lectura destas novelas tan exitosas as cales se atopan entre as miñas preferidas, non só polo contido destas e pola forma que ten o autor de expresar os temas , senon tamén polo especial dos seus persoaxes. Ademáis espero que grazas a publicación destes libros, se poida aumentar a sensibilización e o rexeitamento das diversas formas de violencia cara as mulleres, que persisten en todas as sociedades, aínda que continuará a ser compricado mentres que os cidadans non cambien a súa mentalidade, o cal é unha das causas desta lacra.
Verónica Trabazo Mouriño 1º BAC C

04/12/09

VIOLENCIA DE XÉNERO II



O conxunto dos alumnos de Antropoloxía de 1º de Bacharelato do I.E.S. de Melide, traballaron sobre a Violencia exercida contra as Mulleres, co gallo do 25 de novembro. Varias alumnas elaboraron os separadores ou marcapáxinas con lemas e imaxes alusivos ao tema , incidindo na idea da non silenciación do maltrato físico e psicolóxico, tanto por parte das propias vítimas, como das persoas que coñecen ou intúen dita situación: o amor non ten nada que ver con soportar accións que vulneran a dignidade da persoa. Como elas din, hai que aspirar a "amar sen sufrir" e ter "o coraxe de ser ti mesma". Gracias a todas elas e eles que foron quen de concienciarse dun tema de terrible e persistente actualidade que, coma tantos outros, pasa por diante dos nosos ollos sen decatarnos del, porque pensamos que nos queda moi lonxe ou que nunca nos afectará. Ogallá que "as campás" de Hemingway non cheguen a dobrar por ninguén.

(Elaboraron os separadores Laura Sánchez Agra, Lucía Mato, Doa Laya, Lorena Vázquez e Laura Segade)