13/12/23

DRAMATIZACIÓN EN PORTUGUÉS

Os alumnos de 1º de bacharelato deleitáronnos na biblio cunha dramatización dos diálogos do capítulo X de Os Maias de Eça de Queirós. Vaia actores!!! Deixáronnos abraiados!



05/12/23

SEMANA DA CIENCIA

No Día da Ciencia o alumnado deleitounos cos seus experimentos científicos. Nesta imaxe podemos ver o proceso de tensión superficial dos líquidos.


Nestoutra coñecemos os fractais e o cálculo de altura de obxectos mediante o emprego dun espello.

Tamén construíron e aprenderon a manexar un astrolabio que permitía a navegación na antigüidade empregando a posición das estrelas.


Ademais, na biblio fíxose unha exposición sobre a obra de  Domingo Fontán Rodríguez, xeógrafo coñecido por ser o autor do primeiro mapa topográfico e científico de Galicia.

   
 Por outra banda, o expositor da biblio exhibiu material bibliográfico relacionado co ámbito científico.


04/12/23

25N

 Esta semana elaborouse un mural de fotos relacionadas coa temática da violencia de xénero nas escaleiras do centro. 

Ademais, leváronse a cabo diferentes actividades na biblio: un concurso de relatos a cargo do alumnado de 4º da ESO. Os gañadores foron expostos no taboleiro da biblio.

  

Tamén se elixiu unha lista de cancións de artistas como Rozalén, Suso Vaamonde, Fillas de Cassandra... para escoitar durante os recreos e, desta maneira, conseguir que o alumnado tome conciencia desta problemática a través das letras.




01/12/23

CÓNTAME UN MITO (1)

 O alumnado de Afondamento de 1ª de Bacharelato relatou  varias historias mitolóxicas. Velaí a Lúa, que subiu á tarima e encheu de maxia a biblio coa historia de Ariadna.



XOGOS NOVOS NA BIBLIO

 

 Chegaron xogos novos á biblio.  O alumnado estes de chuvia desfrutaron na biblio de recreos lúdicos.



 Todos e todas a eles!!! Xa están á túa man.

03/11/23

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

O alumnado do IES de Melide participou activamente na decoración da nosa biblio para ambientala na celebración: pegadas de sangue, arañeiras, cabazas e  néboa  envolveron os expositores,  ateigados de  lecturas de misterio e terror, previamente seleccionadas polo profesorado colaborador da biblioteca

24/10/23

DÍA DAS ESCRITORAS


 


No IES de Melide conmemoramos o legado das mulleres escritoras para facer visible o seu traballo na literatura e combater discriminación que sufriron ao longo da historia.

 Un  mural  ilustrativo quedou exposto no corredor principal


             


 E realizouse unha actividade  na biblio  consistente nun reto,  á procura de títulos e autoras para gañar o concurso.

 


 

 


 


 

 


 

 

04/10/23

VISITA DE MARÍA SOLAR


 

 

                       VISITA DE MARIA SOLAR

 

   

    

Estreamos   curso  coa escritora  María Solar e a presentación de  "A  culpa", Premio Xerais Novela, 2022. 

 María entrou coma unha rebanda de sol na biblioteca e gobernou a mesa con tanta dozura que case esquecemos os biscoitos.

 

 


Veu para dicirnos  que, con frecuencia, son sutís as fórmulas que nos indican ás mulleres onde está a nosa mera de culpa . E tamén de atranco, claro.  Veu para confirmarnos  que a vida dunha escritora é así  a dunha muller calquera, coma a  dunha nai, coma a dunha filla,  que vive e  traballa por fóra da novela malia que ás veces de camiño deba  encargarse  dalgún personaxe.

 Hoxe abrimos  as  portas  da biblio. Todas. Deixamos entrar o outono descalzo. E  cando saímos a lúa estaba tan baixa coma unha mazá. 

A culpa foi de María Solar.

 

19/06/23

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

 

E para o verán...

    

    

   un  libro


1º ciclo de ESO:

-A gruta da torre, Lois Pérez (narrativa)

-A lebre mecánica, Ledicia Costas (narrativa)

-Que me pare o corazón se te esquezo, Andrea Maceiras (narrativa)

-Chamábase Simbad, Francisco Castro (narrativa)

-A nena lectora, Manuel Rivas (álbum ilustrado)

-A lavandeira de San Simón, Eva Mejuto (álbum ilustrado)

-Velloucas e Minchas, Lorena Conde (narrativa)

-Oliver Twist, Juliette Saumande, Daniela Volpari (cómic)


2º ciclo de ESO e BAC:


-Amor é unha palabra coma outra calquera, Francisco Castro (narrativa)

-Un elefante na sala de estar, Berta Dávila (narrativa)

-Os corpos invisibles, Emma Pedreira (narrativa)

-As voces ágrafas, Emma Pedreira (poesía)

-Feliz Idade, Olga Novo (poesía)

-Lixeiro, Ismael Ramos (poesía)

-Non temerás os coches amarelos, Marta Villar (narrativa)

-El mundo de Sofía, Nicoby Vicent Zabus (album ilustrado)

-A historia de Sara, Francisco Castro (novela ilustrada)

-A parte fácil, Ismael Ramos (narrativa)










Profesorado:

- Días de intemperie, Antón Riveiro Coello (narrativa)

-Vémonos mañá, Xosé Monteagudo ( narrativa)

-A gran novela galega, César Cequeliños ( narrativa)

-Coa man esquerda, Xabier Quiroga ( narrativa)

-Azucre, Bibiana Candia ( narrativa)

-As fauces feroces, Emma Pedreira ( narrativa)

-Non penses nun elefante rosa, Antía Yáñez ( narrativa)

-Feliz Idade, Olga Novo ( poesía)

-Materia, Yolanda Castaño ( poesía)

-Ben sabe o mar que posúo o botín das piratas, Luz Campello ( poesía)

-Lixeiro, Ismael Ramos ( poesía)

-Hierba, Keum Suk Gendry-Kim ( cómic)

-O bosque dos raposos aforcados, Arto Paasilinna ( cómic)

-El mundo de Sofía, Nicoby Vicent Zabus (album ilustrado)

-Todo va a mejorar, Almudena Grandes ( narrativa)

- Hijos de la fábula, Fernando Aramburu ( narrativa)









“Non hai mellor fragata que un libro para levarnos ben lonxe”, Emily Dickinson
                    "El libro es fuerza, es valor, es alimento;
                    antorcha del pensamiento y manantial del amor",  Rubén Darío



                        







30/05/23

VISITA DE ANTÓN RIVEIRO COELLO

 
       PRESENTACIÓN  de Días de intemperie, de ANTÓN RIVEIRO COELLO
 
 


                     

    As actividades do Mes das Letras foron clausuradas na biblio coa visita do escritor Antón Riveiro Coello, que veu presentar Dias de intemperie, un conxunto de relatos dedistintas guerras que todas son a mesma, di o autor, porque todas conducen á devastación.
                
                     
                
 
 
O autor analizou  a dimensión humana que teñen os personaxes diante dunha situación límite, ese espazo onde pode asomar o mellor  mais o peor do ser humano. Falounos tamén da súa paixón pola escrita, complemento xa imprescindible na súa vida, e adiantounos o título da súa próxima novela: Hotel Carioca.