Comezamos un novo curso no que compartiremos lecturas, actividades e soños.
O lema proposto para a campaña anual de bibliotecas escolares é: "Aprende
a pensar coa bilblioteca escolar", pois “este é un espazo
privilexiado para que o alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para
que aprenda a formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais ou
sociais e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca
vivir. Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das
lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais
de divulgación científica, a través das investigacións. Aprender a pensar co
cine e coa música. Aprender a pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura,
nas actividades compartidas"
24/09/17
15/06/17
28/05/17
21/05/17
ACTIVIDADES DA SEMANA DAS LETRAS
Para conmemorar as Letras Galegas 2017, leváronse a cabo as seguintes actividades:
- Exposición de nubes de palabras deseñedas polo alumnado de TIC de 1º de Bacharelato.
- Luns 15 de maio: Pequena improvisación teatral a cargo do grupo TEIROA.
- Reparto dun pequeno agasallo conmemorativo.
- Reparto dun tríptico sobre vida e obra de Carlos Casares.
- Martes 16 de maio: Participación no festival das Letras organizado pola asociación AMARAI.
- Exposición de libros de Carlos Casares na Biblioetca do centro.
- Presentación das novidades en galego adquiridas este curso 2016-17 para a Biblioteca.
- Exposición do conto "A Galiña Azul" ilustrado por alumnos de 1º ESO.
Letras Galegas 2017
19/05/17
NOVIDADES EN GALEGO
A semana das Letras presentamos todas xuntas as novidades en galego adquiridas pola Biblioteca do centro durante o presente curso ata primeiros de maio. Están no taboeiro da biblioteca e agora tamén no blog.
15/05/17
12 DE MAIO: DÍA ESCOLAR DAS MATEMÁTICAS
Para conmemorar o día Escolar da Matemáticas, o venres 12 expuxemos no corredor da biblioteca o resultado de varios traballos realizados por grupos de diferentes niveis ao longo da segunda avaliación e principios da terceira:
1.- "¿Que é o número Pi?, traballo de investigación feito polo alumnado de 1º ESO.
2.- "Roscón Matemáticos", realizados polo alumnado de 2º e 4º ESO.
3.- "Fibonacci está entre nós", traballo de investigación sobre a presencia da serie de Fibonacci ao noso redor, feito por alumnado de 3º ESO.
4.- Proxección de dous vídeos con contido matemático realizados por alumnado de 3º e 4º ESO.
Durante o recreo, os alumnos Xoel e Lía (1º ESO) déronnos unhas nocións básicas para a resolución do cubo de Rubik 3x3x3, ademais de confeccionar uns carteis con información sobre este puzzle tres dimensión e as súas variantes. Puidemos tamén disfrutar da exposición de máis de 50 cubos de Rubik e variantes gracias a eles, Patricia (1º BAC) e Dolores (3º ESO), que nos cederon por un día as súas pezas.
Algúns animáronse a facer figuras co Tangram, xogar ao tres en raia ou tratar de trasladar a torre dun pao a outro seguindo as normas das Torres de Hanoi, tamén durante o recreo.
Ao longo da xornada, o alumnado de 2º ESO que elaborou os roscóns, púxoos en practica cunha competición, e o resto xogou ao parchís, que nesta ocasión tiña, en cada casilla, unha cuestión matemática con contidos traballados neste nivel ao longo do curso.
Na biblioteca montamos unha pequena exposición con libros nos que se combinan matemáticas con retos, maxia, teatro, asasinato, intriga, diarios, sonrisas, arte, ...
!Gracias atodos pola vosa colaboración e facernos disfrutar das Matemáticas!
Sonia Iglesias Castro de Slidely by Slidely Slideshow

05/05/17
SEMANA DO LIBRO: ¿COMO O CELEBRAMOS?
Como anunciabamos na entrada anterior, empezamos a semana do libro combinando poesía e gominolas cos "Canapés literarios", canapés que prepararon e repartiron alum@s de 1º de ESO durante o recreo.!En menos de dez minutos non quedaba nada! !Soubo a pouco!
Tamén o alumando de 1º de ESO decorou o corredor principal con cartaces adicados ao Día do Libro e ilustracións de poesías de distintos autores, e podemos disfrutar da presentación que elaboraron para compartir con nós os seus libros favoritos en galego. O alumnado de 4º de ESO fíxonos recomendación de libros en lingua castelá. ¡Xa tomamos nota de libros para o verán, que está aí, á volta da esquina!
O alumnado de 1º e 4º de ESO cedeu á biblioteca para a súa exposición dúas xoias resultado dos “Obradoiros de escritura creativa” : “Libro Partido” e “Jitanjáforos!
O luns achegouse ata o centro Diego Horschovski para presentar ao alumnado de 1º de bacharelato e 4º de ESO “LUME”, revista de Filosofía. ¡Iniciativa moi interesante e valente!
Os departamentos de latín e grego desenvolveron, un ano máis, un obradoiro de escritura, convertindo a biblioteca do Xaquín Yebra do IES de Melide en biblioteca de Alexandría por un día. O martes no recreo a biblioteca encheuse de copistas ataviadas como antigas gregas e romanas que escribían textos clásicos latinos e gregos sobre papiro utilizando un cálamo. A realización deste obradoiro non sería posible sen o apoio incondicional do profesorado e alumnado do Ciclo de Madeira do IES de Melide, que fabricaron uns cálamos de altísima calidade, umbilici para enrolar os pairos e unha espectacular cadeira klismos.
O mércores proxectamos durante o recreo os traballos feitos polo alumnado de PMAR sobre o escritor galego Valle Inclán, e a poetisa madrileña Gloria Fuertes, de cuxos nacementos cumpríronse, ao longo deste curso, 150 e 100 anos respectivamente. Achegáronnos dun xeito moi ameno e visual á vida e obra destes dous escritores. Desde a biblioteca quixemos completar a homenaxe a estes dous autores e outros dos que no 2017 se celebraba algún aniversario coa exposición “Vai de aniversarios”. Rematamos a semana coa segunda edición da “Feira de Intercambio de libros".
¡Gracias a todos e todas pola vosa colaboración e parabéns polos traballos feitos!

20/04/17
24 - 28 DE ABRIL: SEMANA DO LIBRO.
O día internacional do libro e dos dereitos de autores é o 23 de abril. Como este ano é domingo,trasladamos á semana do 24 a súa conmemoración.
Presentamos a continuación as actividades previstas:
Presentamos a continuación as actividades previstas:
08/04/17
OS MOBLES DE HAI 60 ANOS
O departamento de madeira segue a sorprendernos coa súa vea creativa. Nesta ocasión, e inspirados de novo pola conmemoración do 50º aniversario do IES de Melide, fan un repaso pola década dos 60 do s. XX, época na que comezou a súa andaina o IES de Melide.
Parabéns por este traballo que fará as delicias dos máis vetranos da nosa comunidade escolar, que poden/podemos ver escenas, mobles e obxectos cotiáns da infancia ou xuventude. En que fogar non había unha vaixela duralex, as famosas latas de colacao, que volven estar de moda, ou un clásico sofá de skay marrón?
Etiquetas:
IES de Melide 50 anos,
Madeira
03/04/17
Día das Artes Galegas 2017: Maruja Mallo
O Día das Artes Galegas celebra e reivindica este 1 de abril a vida e a obra de Maruja Mallo, a universal pintora galega nada en Viveiro en 1902, protagonista da explosión de creatividade dos anos previos ao golpe franquista e cuxo talento seguíu desenvolvendo ata os últimos anos da súa vida, que remataba en 1995 en Madrid.
Nesta presentación recollemos unha breve biografía e unha inrodución á súa obra,á espera da estrea da curta que o alumnado de Artes Escénica de 2º de bacharelato está a facer a partir da adaptación dunha obra de teatro sobre esta muller vangardista, moderna, comprometida e, sobre todo libre.

CONTACONTOS MITOLÓXICOS NO CEIP MESTRE PASTOR BARRAL
Os pasados 30 e 31 de marzo o alumnado de cultura clásica de 3º B e C do IES de Melide visitou o CEIP Mestre pastor Barral de Melide para contar contos mitolóxicos ao alumnado, convidados polo equipo de biblioteca que coordina Luísa Martínez.
Organizados en seis equipos, de dúas a catro persoas cada un, as alumnas e alumnos de clásicas prepararon os mitos de Teseo e o Minotauro, Perseo e a Medusa, Orfeo e Eurídice, os Doce Traballos de Heracles, a Odisea e a Guerra de Troia adaptados aos diferentes niveis de primaria. Estes contacontos, concebidos en orixe como actividade de biblioteca e club de lectura, foron un procedemento máis de avaliación mediante unha especie de rúbrica que guiase ao alumnado nos aspectos se ían valorar.
Era a primeira vez que nos embarcábamos en algo semellante e tivemos moi pouco tempo para preparalo, só unha clase para facer un esbozo dos guións e dúas tardes de ensaio en horario extraescolar, porque as dúas horas semanais da cultura clásica de 3º non dan para moito.
Aínda que houbo erros varios, o resultado foi espectacular. Usáronse diferentes recursos escénicos como música, monicreques, indumentaria e accesorios varios e, sobre todo, unha gran forza narrativa que case tod@s conseguiron sacar e empregar. Foi unha actividade sinxela que nos servoi para aprender a traballar en equipo e organizarse, botar man da creatividade, aprender a falar en público e tratar de empatizar cos receptores da nosa mensaxe. Tamén foi unha boa oportundidade para descubir o potencial de cada quen, por fin saíron a luz un montón de talentos ocultos!
Pero o mellor de todo foi o noso público, as nenas e nenos do colexio Mestre Pastor Barral e as súas profesoras e profesores que nos deron unha acollida tan cálida e agarimosa. Non tedes máis que mirar as súas caras nas fotos. Grazas de corazón e, se nos convidades para o ano que vén, volvemos con máis e mellor!!
22/03/17
MACHISMOS: DE MICRO NADA
Esta afirmación rotunda e con algo de retranca é o título que o colectivo Fiadeiras deu ao libro que se presentou no IES de Melide o pasado luns, 13 de marzo, no marco das actividades conmemorativas do día da muller.
Esta interesante publicación vén ser unha reflexión sobre os modelos e estereotipos sexistas que seguen presentes na nosa vida cotiá a través de relatos de mulleres e homes con moi diferentes contextos, cancións, viñetas, poemas e outros fragmentos literarios.
Comezamos a actividade cunha dramatización do grupo Teiroa con textos do libro adaptados por Marga Quintela para sorprender e agasallar a Tania e Natalia, as dúas Fiadeiras que se achegaron ao centro. A continuación elas organizaron un pequeno obradoiro, explicáronnos o labor das educadoras sociais e tratamos algúns aspectos do libro, entre eles esa retranca do título, que xorde como réplica ao termo acuñado polo psiquiatra Luís Bonino para definir as condutas "invisibles", machistas e dominantes, que moitos homes pratican no seu día a día.
Ao ser un gupo pouco numeroso, a actividade resultou moi agradable e que o tempo se nos fixo pouco.
Etiquetas:
Actividades,
Conmemoracións,
Muller
10/03/17
AS NOSAS MULLERES
Nas aulas de 1º de ESO e Reforzo e PMAR de 2º estivemos a facer un pequeno traballo colaborativo para recoñecer a importancia das mulleres que están máis perto de nós para celebrae o 8 de marzo. Elas están sempre traballando, quérennos, cóidannos e sempre están pendentes de que non nos falte nada.
07/03/17
A MULLER NA PUBLICIDADE DOS ANOS 60
Para conmemorar o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, o Departamento de Madeira realizou esta magnífica escolla de imaxes publicitarias dos anos 60 nas que aparece a muller no contexto do fogar, co mobiliario como telón de fondo.
En todas elas podemos ver a muller nos roles estereotipados de perfecta ama de casa, complaciente esposa e abnegada nai e sempre traballadora incansable. Nalgunhas delas a imaxe feminina, literalmente axeonllada ao lado do home, non necesita máis palabras. Non está demais recordar que a maioría destes anuncios semellan proceder de EEUU ou do mundo anglosaxón, culturas nas que se presupón que a muller estaba moito máis emancipada que na España da ditadura franquista. Sen embargo estas imaxes non difiren moito daquelas que conservamos da Sección Feminina española.
Este sinxelo pero estupendo traballo que revisa a imaxe da muller hai 50 anos, enlaza tamén co noso tema de traballo monográfico para este curso sobre os 50 anos que o IES de Melide cumpre agora.
Etiquetas:
Conmemoracións,
IES de Melide 50 anos,
Madeira,
Muller
SEGUIMOS A TRABALLAR COS TRANSPLANTES
Como ben sabedes, no IES e Melide temos un grupo de traballo, dentro do Plan Proxecta, sobre transplantes de órganos que está formado por membros do Departamento de Madeira.
Todos recordamos aquela estupenda curta que no ano 2013 recibira o 1º premio dentro do III Concurso de Curtometraxes para Escolares relacionadas coa doazón e os trasplantes.
Agora o grupo segue a traballar ofrecéndonos esta interesante selección de películas que teñen como tema central o transplante e a doazón.

09/02/17
"SEGUE AS SÚAS PEGADAS. PONTE NA SÚA PEL"
O 30 de xaneiro conmemórase o Día
Escolar da Non Violencia e a Paz. Nesta data facemos especial fincapé na
necesidade de educar na tolerancia, a solidariedade, o respeto polo Dereitos
Humanos, a non violencia e a paz.
Este ano decidimos que o eixe
central da nosa conmemoración debía ser o dos refuxiados co obxectivo principal
de concienciar á comunidade educativa do IES de Melide sobre esta problemática
de índole mundial . Tamén decidimos non concentralo nun único día e otorgarlle así a importancia
que require.
Así, a día de hoxe, son varias e
variadas as actividades que se levaron e están a levar a cabo relacionadas co
tema dos refuxiados. Aquí recollemos algunhas delas.
O luns 30 de xaneiro, alumnado de
artes escénicas de 4º de ESO e de
reforzo de 1º de ESO, participou na montaxe dun “campo de refuxiados” na entrada principal do
centro.
Neste campo, ao longo da semana e
durante os recreos, o alumnado de Valores Éticos de 1º de ESO, reclamou a nosa
atención e reflexión sobre a situación de Siria e dos desprazados procedentes
deste país a través de cartaces de elaboración propia, ou portando imaxes de
refuxiados coas súas demandas.
O alumnado de Reforzo de 2º de ESO
utilizou como aulas as tendas do campo. Cincuenta minutos fixéronse moi longos
nesas condicións: frío, pouco espazo, incomodidade,... moi lonxe esta
pequena experiencia do día a día dun
refuxiado que sufre as inclemencias do
tempo coa a única protección dunha tenda
de campaña, sen auga corrente, sen ou con escasa comida, sen aseos, ...
O alumnado de PMAR elaborou dous
murais explicativos sobre os países en conflito actualmente e os refuxiados.
Na biblioteca construímos un espazo
baixo o lema "Nós tamén fomos refuxiados. Nós tamén podemos ser
refuxiados" no que se expuxeron cómics, libros e películas relacionados
coa temática.
En inglés, o alumnado achegouse á
historia dunha familia siria que agora está refuxiada en Irak a través de
diferentes actividades de aula adaptadas a cada nivel .
O alumnado de 1º de ESO reflexionou
sobre a problemática dos refuxiados a partir dunha historia real na materia de
Lingua Galega.
En 2º de ESO, na materia de Lingua
Castelá, o alumnado traballou o formato entrevistas facendo uns de xornalistas
e outros de refuxiados.
Na materia de Matemáticas, un grupo
de alumnos de 1º de ESO coñeceu as historias e seguiu o percorrido de nove
persoas desprazadas de diferente procedencia, desde a saída forzosa do seu país
ata o país no que se atopan actualmente. Marcaron eses percorridos no mapa e
calcularon a súa lonxitude.
Esta semana de actividades culminou coa presentación dunha
performance por parte do alumnado de
"Artes Escénicas" de 4º ESO na recreación do "campo de refuxiados ", na que
un membro do grupo, que representaba a UE, escoitaba impasible e dándolle a espalda ó
resto, que en primeira persoa, e intentando poñerse na súa pel, contaban a
historia de refuxiados reais.
Finalizamos esta entrada cun poema
de Celso Emilio Ferreiro, unha adaptación do mesmo feita por Marga
Quintela e a reflexión que ela nos
propón.
dia da paz_refuxiados by Slidely Photo Gallery
02/02/17
29/01/17
30 DE XANEIRO: DÍA DA ILUSTRACIÓN.
Desde o ano 2014 -a iniciativa da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, AGPI, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitariada Xunta de Galicia- celébrase o Día da Ilustración para poñer en valor o sector gráfico galego e para visibilizar a cultura da ilustración e o diseño dentro do mundo do libro.
Esta efeméride celébrase cada 30 de xaneiro, coincidindo coa data de nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, figura clave da nosa cultura non só na súa faceta política senón tamén como intelectual, creativo e divulgador que deixou a súa profunda pegada plasmada a través de múltiples formas de expresión: ilustracións, caricaturas e escritos.
Cada ano ríndese homenaxe a un ilustrador galego para dar a coñecer a súa obra a lectores e demais creadores. Este 2017 está adicado ó debuxante, caricaturista e humorista gráfico Álvaro Cebreiro (1903-1956).
Vídeo-homenaxe: Cebreiro
Breve vídeo web que percorre o universo creativo e as obras máis destacadas do ilustrador coruñés.

25/01/17
NOVIDADES
Unha eclipse de sol desata unha serie de situacións inesperadas entre uns personaxes ao límite da loucura: un agricultor que constrúe un foguete para fuxir da fin do mundo cos seus anciáns pais, un mozo que `pensa propoñerlle matrimonio á súa parella no momento no que se se superpoñen a Lúa e o Sol, ...
Joël Egloff retrata con humor e delicadeza nesta serie de relatos satíricos os desexos e medos máis frecuentes.

Americanah, que recolle o termo burlón co que os nixerianos chaman ós que volven de EEUU dándose aires, é unha historia de amor ó longo de tres décadas e tres continentes, a historia de como se crea unha identidade á marxe dos dictados da sociedade e os seus prexuízos.
"Pequenos gandes xestos" é unha colección de libros ilustrados para que os rapaces e rapazas se familiaricen con valores como a tolerancia, a xustiza e a convivencia, animándoos mediante o exemplo a convertirse tamén en protagonistas da súa propia historia.
Este libro recolle historias de home se mulleres que dedicaron a súa vida a loitar poloa conservación da natureza. Jane Goodall, Peter Wilcox, Berta Cáceres,... son algúns exemplos que nos demostran que o ser humano debe coidar e protexer o medio ambiente polo ben das xeracións presentes e futuras
Este libro recollle a historia de homes e mulleres como Rosa Parks, Malala Yousafzai, Firas Maraghy... que loitaron polos seus dereitos convencidas de que todas as persoas nacen iguais.
Barcelona, 1943.
O asasino máis sanguinario que viu a cidade anda solto. Mauricio "Her Doktor", detective privado pouco convencional, aparcará a súa axenda para dar caza ó criminal. Polo de agora, os seus clientes deberán esperar, entre eles, Laia.
Laia é feliz...pero Laia vive unha mentira.
O novo cómic de de Rayco Pulido está próximo ao xénero negro. Pero nesta trama, o importante non será desvelar o quen, senón o como e o porqué.
15/01/17
PREMIOS ÓS MICRORRELATOS SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO
O alumnado do IES de Melide demostrou unha vez máis que a literatura pode combatir a violencia de xénero. Foron moitos os microrrelatos que se presentaron á convocatoria lanzada desde este blog. O noso agradecemento a todas as persoas participantes. Despois dunha longa e difícil deliberación por parte do xurado, os microrrelatos premiados foron:
1º ciclo de ESO:
" Nun corazón nunca se entra á forza, porque un corazón é libre. Non o abren ofensas nin insultos nin desprezos, e moito menos bofetadas" ( Lucas López Andrés, S1B)
2º ciclo de ESO e FP Básica:
" Vi como llegó a casa sin mamá. Le pregunté donde la había dejado y me dijo que se había tenido que ir por motivos de trabajo y que no volvería. Pero no me cuadraba porque traía la ropa llena de sangre y la navaja medio abierta y medio escondida.
Desde ese momento supe que mi madre estaba muerta" (Sandra Varela García, S3B)
Bacharelato e Ciclo Formativo:
"Se eu non fose o val e el o pico da montaña. Se as bágoas non enchesen a piscina que intenta ser baleirada. Se deixase de ser o paxariño necesitado. Se cada insulto fose substituído por un "ti podes con iso e con todo o que te propoñas". Se se cortasen, dunha vez por todas, as raíces das árbore da que maduran os prexuízos...
Só entón, quizais, non sería aquela noticia en primeira plana" (Iria Barreiro Vázquez, B1B)
PARABÉNS A TODOS/AS GAÑADORES/AS.
Só entón, quizais, non sería aquela noticia en primeira plana" (Iria Barreiro Vázquez, B1B)
PARABÉNS A TODOS/AS GAÑADORES/AS.
Etiquetas:
Concursos,
Conmemoracións,
Muller
01/12/16
22/11/16
Entrega de premios do certame literario e do concurso de epitafios Samaín 16.
O día 9 de novembro tivo lugar a entrega dos premios correspondentes ao Certame literario “Relatos Terroríficos” e ao concurso de epitafios "RIP, RIP, Hurra!. Tanto o número como a calidade dos traballos presentados resultaron ser moi satisfactorios. Este foi o dictame do xurado:
Certame literario "Relatos terroríficos":
1º premio: "O Xanciño", de Candela (1ºESO A)
2º premio: "Habelas, hainas", de Sofía Pumar (1º ESO C)
3º premio: "Unha nota misteriosa", de Antía Berredo (2º ESO D)
Concurso de epitafios "RIP, RIP, hurra!":
Categoría epitafio:
1º premio: " Esta sesta fóiseme das mans", de Nerea Quintás (2º BAC C)
2º premio: "Tanto tempo mirando esquelas, e non vin a miña", de Uxía Rico (1º BAC A)
3º premio: "Era visto", de Rubén
Categoría lápida:
1º premio: Hilda Mosteiro (1º BAC B)
Parabéns @s gañador@s e participantes!!!
Slidely Photo Gallery
16/11/16
ADEUS NARF, QUEDAREMOS COA TÚA MÚSICA
Onte, martes 15 de novembro, deixounos NARF, nome artístico de Fran Pérez, poeta, músico, trobador... compromoteido.
Deixámos aquí unha ligazón ao diario Sermos Galiza, onde tedes máis detalles sobre a súa gran traxectoria musical.
Deixámos aquí unha ligazón ao diario Sermos Galiza, onde tedes máis detalles sobre a súa gran traxectoria musical.
15/11/16
CONCURSO DE MICRORRELATOS
Un ano máis o Equipo de Biblioteca do IES de Melide convoca un concurso de Microrrelatos con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Cantas palabras necesitamos para poder contar unha boa historia? Retamos ao alumnado do IES de Melide a que con menos de cen palabras tente chegar ao corazón d@s lectores/as. Atrevédesvos?
Velaí as BASES e desta vez ninguén se queixará do moito que ten escribir:
- Os relatos xirarán en torno á violencia contra as mulleres ou ben a non violencia e como debe ser o bo trato en calquera relación.
- Terán unha extensión máxima de cen palabras.
- O prazo de presentación remata o mércores, 30 de novembro de 2016 .
- Establécense tres premios para os tres mellores microrrelatos presentados (1º ciclo; 2º ciclo e FP Básica; Bacharelato e CF).
*O xurado poderá deixar deserto/s o/s premio/s se o considera oportuno.
Etiquetas:
Concurso,
Conmemoracións,
microrrelatos,
Violencia de xénero
11/11/16
4 DE NOVEMBRO, DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Este curso, o noso
Centro celebrou o Día
da Ciencia en Galego cunha gran variedade de actividades:
- O alumnado de 2º de ESO e 1º de BAC asistiu á charla “Viaxe
á Antártida” de Javier Cristobo,
director do Centro Oceanográfico de
Xixón e investigador galego experto na Antártida e na súa probemática que estivo oito veces neste continente ( http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2016/01/26/javier-cristobo-span-langglteno-virus-da-antartidaspan/0003_201601G26P26992.htm).
- O Departamento de Tecnoloxía converteu
os corredores do noso Centro, durante o recreo, nun concorrido laboratorio no
que brillantes científicos de 3º ESO realizaron os seguintes experimentos:
- Como extraer o ferro dos cereias?
- Cloud in a bottle? Aprendemos o que é a condensación
- Explotamos globos cubha laranza. O ácido disolve o plástico.
- Disolvemos o poliestreno. Con acetona.
- Diferentes tensións superficiais no leite coloreado, cun pincel e
xabrón.
- WOOD STAR, a dilatación da madeira.
- Da man do Departamento
de Ciencias Naturais, o alumando de 1º de ESO demostrounos que é posible
inflar un globo sen aire e amosounos un par de maquetas de volcáns en activo.
-Pola súa banda os departamentos de Grego, Física e Química,
Matemáticas e Ciencias Naturais,
organizaron o 3 de novembro ás 19.30,
como actividade inagural do Día da Ciencia, unha sesión de observación de estrelas grazas á colaboración do Observatorio
Astronómico Ramón Mª Aller Ulloa da USC, dentro do seu programa TODOCOSMOS.
Estas actividades foron seguidas de preto polo programa de
divulgación da Radio Galega titulado “Efervesciencia”
(http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/) e polo
seu director, Manuel Vicente. O alumnado do IES Melide, coa
colaboración do propio Manuel Vicente, foi o encargado de realizarlle unha
entrevista en profundidade a Javier Cristobo, entrevista que o domingo 6 foi
emitida pola Radio Galega. Destacar que
a gravación se realizou cos propios medios do centro, sen
necesidade de que a Radio Galega mandase
técnico ningún.
10/11/16
06/11/16
Samaín 2016
O pasado venres 28 de outubro, os alumnos de 4º de ESO de Artes Escénicas preparon unha actividade de "medo" para a primeira hora da mañá, antes de que os seus compañeiros entraran nas aulas. Aclararon que non tiveran moito tempo para montala, pero que se coordinaron bastante ben. Era unha actividade para que o alumnado se divertira e pasara un momento diferente ao resto das mañás, xa que en anos anteriores non ocurrira nada parecido.
Pensaron moito como situarse para que os alumnos, según foran entrando, se impresionaran , ao igual que a elección da iluminación e a música adecuada para crear ambiente. Tamén tiveron en conta o vestiario, a maquillaxe,... Recoñecen que a última hora andiveron bastante apurados.
Ao rematar a interpretación sentíronse satisfeitos do traballo realizado.
Outras actividades realizadas para este día foron:
- Preparación dun almorzo saudable e terrorífico por parte do alumnado de 1º ESO dentro do proxecto para este nivel "Almorzo saudable"
- Participación na decoración da entrada principal do centro e construción de fantasmas nos laboratorios de Bioloxía por parte de alumando de 1º ESO.
- Celebración dun magosto durante o recreo.
- Exposición na biblioteca de libros e películas para pasar unha ponte de medo.
Parabéns a todos, e agradecemento especial ao alumando de Artes Escénicas de 4º por axudarnos a escribir esta entrada!

28/10/16
24/10/16
CERTAME LITERARIO "RELATOS TERRORÍFICOS SAMAÍN 2016" E CONCURSO DE EPITAFIOS "RIP, RIP, HURRA!"
A
VICEDIRECIÓN, A BIBLIOTECA, o EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN
LINGÜÍSTICA e o DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA do IES de Melide, convocan:
- O
certame literario "Relatos terroríficos Samaín 2016" para
o alumnado de 1º e 2º ESO.
- O
concurso de epitafios "RIP, RIP, HURRA!" para
o alumnado de 2º e 3º ESO, 1º e 2º de Bacharelato, ESA, EBI, FP Básica e Ciclo
de Madeira.
Aquí tes as bases:
“RELATOS TERRORÍFICOS SAMAÍN
2016”
BASES:
1.
Poderá participar no Certame todo o alumnado de 1º e 2º ESO.
2. Os relatos presentados deberán ter un carácter “terroríficamente
aterrador” e estar relacionados co momento do Samaín.
3. As obras presentadas deberán estar escritas en
lingua galega.
4. A extensión dos traballos a presentar é libre.
5.
Os traballos, nos que se farán constar os datos do/a autor/a, deberán
presentarse na Biblioteca.
6.
prazo de entrega comeza o luns 24 de outubro e remata o xoves 27 de outubro
no recreo.
7. xurado estará composto por
representantes do alumnado, do profesorado e do persoal non docente do Centro.
8. Os premios serán entregados nun
acto que terá lugar o 28 de outubro na Biblioteca.
9. PREMIOS:
Haberá premios para o primeiro,
segundo e terceiro seleccionado, aos que lles corresponderá:
1º Premio:Tres semanas de bocatas
gratis na cafetería do centro e un libro de temática terrorífica.
2º Premio: Dúas semanas de bocatas
gratis na cafetería do centro e un libro de temática terrorífica.
3º Premio: Unha semana de bocata gratis na cafetería do
centro e un libro de temática terrorífica.
"RIP, RIP, HURRA!!”
BASES:
1. Poderá participar no concurso calquera alumno ou alumna do centro de 3º e
4º de ESO e 1º e 2º de bacharelato, ESA, EBI, FP Básica; Ciclo de Madeira.
2. A participación será individual. Os textos deben ser orixinais e inéditos.
3. Valorarase que sexan enxeñoso, pero non poden ser
ofensivos nin incluír groserías.
4. Os traballos poden presentarse en diversos
materiais (cartulina, cartón, poliexpán…) ou outros materiais reciclables, pero
procurando imitar unha lápida (campa) . As
dimensións non podrán exceder de
DIN-A3 ou DIN-A4.
5. Os epitafios deberán estar escritos en lingua
galega.
6. Os traballos, nos que se farán constar os datos
do/a autor/a, deberán presentarse na Biblioteca.
7. O prazo de entrega comeza o luns 24 de outubro e
remata o xoves 27 de outubro no recreo.
8. O xurado estará composto por representantes do
alumnado, do profesorado e do persoal non docente do Centro.
9. Os premios serán entregados nun acto que terá lugar
o 28 de outubro na Biblioteca.
10. Categorías:
Epitafio ( valorarase, especialmente, o texto )
Lápida
( valorarase especialmente o deseño )
11. Premios::
Haberá tres premios por
categoría, en forma de vales, e que poderán trocarse en
calquera librería de Melide.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)