Escea 5 – O FACEBOOK: Antía acaba de deixalo coa súa parella, levaban 6 meses. Andrés, a ex parella de Antía é moi celoso e ela comezou a decatarse de que non era o que quería. A raíz desta ruptura, Andrés empeza a colgar en FACEBOOK fotos que comprometen a Antía e ela non sabe como rematar con este problema. Un día comenta ás súas amizades, Lucía e Iria, que volveu con Andrés, que el está moi arrepentido.
27/11/13
PARECE DE CINE PERO NON O É
Escea 5 – O FACEBOOK: Antía acaba de deixalo coa súa parella, levaban 6 meses. Andrés, a ex parella de Antía é moi celoso e ela comezou a decatarse de que non era o que quería. A raíz desta ruptura, Andrés empeza a colgar en FACEBOOK fotos que comprometen a Antía e ela non sabe como rematar con este problema. Un día comenta ás súas amizades, Lucía e Iria, que volveu con Andrés, que el está moi arrepentido.
24/11/13
@s adolescentes e a violencia de xénero
Un 21% dos adolescentes españois está de acordo coa
afirmación de que os homes non deben chorar. Un de cada cinco cre que está ben
que os rapaces saian con moitas rapazas, pero non ao revés. O 12,8 % non
considera maltrato ameazar – ou recibir ameazas- en caso de que a súa
parella queira romper coa relación. O 4% das adolescentes de entre 14 e
19 anos foron agredidas polo mozo co que saen ou saían; case unha de catro
confesa que o seu mozo ou exmozo contrólaas ata o punto de fiscalizar con quen
falan ou como visten. Control, relatan, a golpe de Tuenti e WhatsApp.
Estas son algunhas das conclusións que se
extraen do estudo “Evolución da adolescencia española sobre
igualdade e prevención de violencia de xénero” levado a cabo por
investigadores da Universidade Complutense de Madrid coas entrevistas online a
8000 menores.
E preguntámonos: O retrato robot de como son e como
viven @s adolescentes as súas relacións que se deduce do estudo
mencionado, axústase á maneira de vivir as súas relacións @s
adolescentes do IEs de Melide? Para tratar de dar resposta e esta
cuestión precisamos da vosa colaboración. Só tedes que cubrir o
cuestionario ANÓNIMO que tedes a continuación e enviarnos as vosas
respostas.
13/11/13
Día internacional contra a violencia de xénero
Cantas palabras precisamos para contar unha boa historia? Seguro que podemos facelo con menos de 100. Atrevémonos?
O Equipo de Biblioteca do IES de Melide, en colaboración co ENDL convoca un concurso de microrrelatos con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.Podemos escribir un pequeno texto relacionado coa violencia ou todo o contrario, un relato no que se fale dunha situación de amor e bos tratos entre os membros da familia.
Aquí van as bases.
08/11/13
Día da Ciencia en Galego 2013: o dereito a gozar da Ciencia e a Arte en galego
Este ano, o día da ciencia en galego rende homenaxe ao arquitecto Richard Buckminster, á enfermeira Florence Nightingale e ao intelectual e artista creador de Sargadelos, Isaac Díaz Pardo. Esta edición céntrase na Estatística (estamos no ano internacional desta parte das Matemáticas) e na Arte e a Ciencia.
Co obxectivo de ilustrar a estreita relación que hai entre ciencia e arte, elaboramos a presentación “A arte na ciencia, a ciencia no arte”. Na primeira parte, “A arte na ciencia”, intentamos escoller exemplos das diferentes ramas científicas (matemáticas, física, química, bioloxía,..) que nos chamaron a atención pola súa beleza. Na segunda parte, “A ciencia na arte”, intentamos ilustrar, a través da selección de obras e autores de distintos movementos artísticos, a presenza das ciencias nas artes.
04/11/13
PELÍCULAS RECOMENDADAS PARA NOVEMBRO
Unha das actividades deste noso Ano de película é, por suposto, desfrutar vendo cine. Estas son algunhas das películas que vos recomendamos para este mes de novembro, mes de samaín e mes no que comemoramos o día de ciencia e o día da violencia de xénero.
Pero ademais de desfrutar, os cinéfilos/as que sigan as nosas recomendacións verán que úteis lle van ser estas películas e como velas terá a súa recompensa.... (estade atent@s!)
Pero ademais de desfrutar, os cinéfilos/as que sigan as nosas recomendacións verán que úteis lle van ser estas películas e como velas terá a súa recompensa.... (estade atent@s!)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)