30/04/15

DÍA DO LIBRO: O HOMO HABILIS E A ESCRITURA (II)


O noso alumnado de 1º de ESO tamén participou nun taller de escritura creativa, organizado pola nosa compañeira Gloria, demostrando as súas extraordinarias habilidades. Estas son algunhas das súas creacións:


                       

O alumnado de Lidia, tamén nos ofreceu unha magnífica exposición sobre os "Alfabetos do mundo":

                      

Non podía faltar, neste percorrido polos distintos alfabetos do mundo, a contribución de Juan Carlos, que fixo un excelente traballo para achegarnos á lingua de signos:

                      
       "Cando as mans se moven, a beleza da Lingua de Signos só explota" (Carrie McDaniel).


Pola súa parte,  alumnos de 2º de ESO fixeron un traballo de documentación, dirixido por Ana, sobre os distintos soportes materiais de escritura e lectura: dende petroglifos, pinturas rupestres, papiros e escritura xeroglífica,  escritura cuneiforme sobre tablillas de arxila,  escritura medieval en pergaminos, pasando pola imprenta ata chegar á máquina de escribir , o libro electrónico e as tabletas. Compartiron parte deste traballo cunha exposición nos corredores do noso Instituto.


                     

29/04/15

DÍA DO LIBRO: O HOMO HABILIS E A ESCRITURA

Seguindo a cita de J.L. Borges do noso anterior artigo, na que se afirma que o libro é o instrumento máis asombroso do home, neste 23 de abril de 2015 que celebramos baixo o lema de Homo Habilis, queremos incidir sobre a importancia da da escritura, como unha faceta máis da habilidade humana. En diversas aulas o alumnado estivo traballando os diferentes sistemas de escritura en todas as súas facetas: a escritura textual, a musical e a matemática. Velaí os resultados:

23/04/15

DÍA DO LIBRO


"De todos los instrumentos del hombre, el más asombroso es, sin duda, el libro. Los demás son extensiones de su cuerpo. El microscopio, el telescopio, son extensiones de su vista; el teléfono es extensión de la voz; luego tenemos el arado y la espada, extensiones del brazo. Pero el libro es otra cosa: el libro es una extensión de la memoria y la imaginación"  
                                                                                                                                  Jorge Luis Borges


Hoxe, 23 de Abril, celebramos o Día do Libro con diversas actividades que teñen como fío condutor o tema de traballo da nosa Biblioteca durante este curso: Homo Habilis.
AFEXDI, asociación dedicada á integración socio-laboral das persoas con minusvalidez intelectual a través do desenvolvemento do seu propio traballo, organizou no noso instituto un obradoiro, co obxectivo de dar a coñecer o proceso de encadernación dun libro.



                    



No marco dunha viaxe organizada polo Departamento de Grego, parte do noso alumnado acompañado polos nosos compañeiros Susana e David, quixo unirse á celebración participando nun obradoiro de escritura latina  na Domus Baebia Saguntina, seguindo a liña de traballo "Homo Habilis".

                     



Ademais, inspirados por artistas como Harvey Brown ou Justin Rowe, decidimos dar vida a historias como Moby Dick, Tom Sawyer ou Brancaneves.