13/12/23
DRAMATIZACIÓN EN PORTUGUÉS
05/12/23
SEMANA DA CIENCIA
04/12/23
25N
Esta semana elaborouse un mural de fotos relacionadas coa temática da violencia de xénero nas escaleiras do centro.
Ademais, leváronse a cabo diferentes actividades na biblio: un concurso de relatos a cargo do alumnado de 4º da ESO. Os gañadores foron expostos no taboleiro da biblio.
Tamén se elixiu unha lista de cancións de artistas como Rozalén, Suso Vaamonde, Fillas de Cassandra... para escoitar durante os recreos e, desta maneira, conseguir que o alumnado tome conciencia desta problemática a través das letras.
01/12/23
CÓNTAME UN MITO (1)
O alumnado de Afondamento de 1ª de Bacharelato relatou varias historias mitolóxicas. Velaí a Lúa, que subiu á tarima e encheu de maxia a biblio coa historia de Ariadna.
XOGOS NOVOS NA BIBLIO
Chegaron xogos novos á biblio. O alumnado estes de chuvia desfrutaron na biblio de recreos lúdicos.
Todos e todas a eles!!! Xa están á túa man.