Rematamos o 2015 cunha recomendación dalgunha das nosas novidades. Felices lecturas!!!
14/12/15
11/12/15
DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS
O
Día dos Dereitos Humanos celébrase o 10 de decembro para conmemorar a Declaración
Universal dos Dereitos Humanos, aprobada en 1948 polas Nacións Unidas.
Nesta ocasión o Día está dedicado ao lanzamento dunha campaña dun ano de duración para celebrar o 50 aniversario dos dous pactos internacionais de dereitos humanos: o Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais e o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos, adoptados pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 16 de decembro 1966. Estes dous Pactos, xunto coa Declaración Universal dos Dereitos Humanos, constitúen a Carta Internacional de Dereitos Humanos, que establece os dereitos civís, políticos, culturais, económicos e sociais que ten todo ser humano. Baixo o lema «Os nosos Dereitos. As nosas liberdades. Sempre», esta campaña (que xira en torno ao tema dos dereitos e liberdades: a liberdade de expresión, a liberdade de culto, a liberdade a vivir libres da miseria e a liberdade a vivir sen medo) ten como obxectivo promover e dar a coñecer os dous Pactos no seu 50 aniversario.

Para
recordar que estes dereitos e liberdades son tan relevantes hoxe como cando se
adoptaron os Pactos fai 50 anos, o noso alumnado levantou un “muro da vergonza”
no que se denuncian distintas violacións de dereitos no mundo e se pon de manifesto
o longo camiño que aínda nos queda por percorrer.
27/11/15
ENTREGA PREMIOS “CERTAME SAMAÍN-15”

Categoría Meigallo (alumnado de 1º e 2º ESO): “Unha nova vida”, de Ana María Prieto Rodríguez.
Categoría Poción (alumnado de 3º e 4º ESO): “Relato de terror”, de Iria Barreiro
Vázquez.
Categoría Santa Compaña (alumnado de Bacharelato): neste caso resultou gañador o relato presentado
conxuntamente por Adrao Salgado, Xose
Vilamor e Daniel Cabo.
Parabéns @s gañador@s e participantes!!!
Parabéns @s gañador@s e participantes!!!
Etiquetas:
Concursos,
Creación Literaria,
ENDL,
Homo Habilis,
terror
25/11/15
25 DE NOVEMBRO. EMILIA PARDO BAZÁN
Este ano, con motivo da celebración do día internacional contra a violencia
de xénero, o Departamento de Lingua castelá decidiu centrarse na figura
da escritora galega dona Emilia Pardo Bazán, considerada unha das pioneiras do
movemento feminista no noso país.
A condesa estivo sempre rodeada de polémica, non só por as ideas
progresistas sobre a muller recollidas nos seus escritos, senón tamén por o seu
propio estilo de vida, que chocaba co esperable dunha aristócrata da súa época.
Separada do seu marido, quen non apoiaba a súa vocación literaria, foi a
primeira muller en ocupar unha cátedra de Literatura na Universidade e foi
rexeitada tres veces a súa solicitude de ingresar na RAE polo simple feito de
ser muller.
Os alumnos de 4º de ESO, que estudan a literatura realista e naturalista da
segunda metade do século XIX en lingua castelá, profundizaron na vida e na obra
da célebre escritora, pero sobre todo, nas súas ideas revolucionarias sobre a
muller. Para iso fixeron exposicións orais na clase, viron documentais, e tal
como vos amosamos, buscaron citas dispersas nos seus escritos nos que se
recolle o pensamento da condesa. Herdeira do pensamento ilustrado do seu
paisano Feijoo, abundan aquelas citas que proclaman o dereito da muller a un
ensino de calidade. Destacamos tamén aquelas nas que se proclama o dereito a
traballar o intelecto e non o aspecto, a non ser as perfectas amas de casa ou
renunciar a ter fillos. Finalmente vemos tamén a denuncia das mortes desas
mulleres anónimas asasinadas por os seus maridos .
Biblomelide Biblomelide de Slidely by Slidely Slideshow
25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este curso, para conmemorar o Día
Internacional contra a Violencia de Xénero, o alumnado do I.E.S. de Melide deseñou distintas
campañas de concienciación co obxectivo de previr e erradicar este grave problema. Estas campañas foron
impulsadas polos Departamentos de Francés (3º de ESO) e Filosofía (4º de ESO).
Biblomelide Biblomelide de Slidely by Slidely Slideshow
Biblomelide Biblomelide's Collage by Slidely Photo Gallery
Etiquetas:
Actividades,
Conmemoracións,
Homo Habilis
22/11/15
19 DE NOVEMBRO. DÍA MUNDIAL DA FILOSOFÍA.
O Día Mundial da Filosofía
celébrase todos os anos o terceiro Xoves de Novembro e ten como finalidade
fomentar o pensamento crítico e independente.
"O
pensamento filosófico é unha ferramenta que acompañou ao ser humano desde a súa
aparición na terra e foi o elemento central para que este evolucionara e
transformase a súa contorna ata chegar ao que hoxe é o noso planeta e todos os
seus desenvolvementos. O pensamento filosófico permea a todos os seres humanos
e inflúe nas súas actividades cotiás á marxe de que estes o saiban ou o
ignoren. O pensamento filosófico foi e é o camiño cara a unha calidade de vida
caracterizada pola plenitude e a satisfacción”.
Estudo da UNESCO: "A filosofía, unha escola de liberdade"
Estas foron algunhas das actividades organizadas polo Departamento de Filosofía do noso Centro para celebrar este día:
Etiquetas:
Actividades,
Conmemoracións,
Homo Habilis
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)