Antía contounos que un tema tan serio como o da saúde mental pode abordarse desde o sentido do humor, pois iso é o que nunca perde a protagonista, pese a perder a estabilidade. Díxonos que non hai perfís cando se trata de transtornos da personalidade e que calquera, en calquera momento da vida, pode sentir sen ningunha razón que o elefantiño chama e ...toc, toc, xa está na súa porta. Porque calquera pode ter un TOC.
27/02/24
VISITA DE ANTÍA YÁÑEZ
DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
O 11 de febreiro celebramos o Día da Muller e da Nena na Ciencia.
O expositor da entrada da biblio fixo mostra de varios exemplares en col desta efeméridde
Por outra banda o Club de Ciencias aportou a visita da científica Socorro Castro García, profesora de Química na Universidade de A Coruña, cuxo campo de investigación son os materiais.
O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato obtivo resposta a preguntas fundamentais: Que fai unha científica? Por que hai menos mulleres adicadas a este eido da investigación?
DíA DA CANDELORIA
O IES de Melide é moito de mostrar os afectos por iso o día 2 de febreiro deu comezo no centro á manifestación do amor co casamento dos paxariños
Coincidindo coa celebración do entroido, colocouse na entrada do centro un mural deseñado con papiroflexia e un refrán que dá conta da metade do inverno:
No chan, dous goxos recheos de herba seca foron o niño perfecto para as aves multicolor que, no canto de ovos, deixaron cartas de amor e amizade que non tardaron en ser enviadas aos seus/ súas destinatari@s. Porque o amor é asi, urxente.
19/02/24
DÍA DA PAZ
REGUEIFANDO
O alumnado de 2º de ESO amenizou a sesión de recreo cunha regueifa en relación co Día da Paz
Por outra parte, o grupo de 4º D xogou coa eufonía para escribir a PAZ:
Dixeron que a Paz pode ir:
Con ...
Con ...
P
de pel
ou de polpa de pexego
ou de pedir plural
ou de papoula e pan
ou de pentagrama e poema
Con...
A
de amor
ou de antes menos ca agora
ou de ás veces atoladamente
ou de amenceres de alecrín amarelo
Con...
Z
de zume
ou de zugar na vida
ou de máis zoooooom para a paz
16/02/24
CÓNTAME UN MITO (2)
Desta vez a tarima da biblio serviu de escenario para iniciar unha saga de mitos. Desta vez veuse representar o mito de Aracne, a cargo do alumnado de 1º de BAC
Con esta dramatización comprendemos que a soberbia é sempre mala compañeira. A deusa Atenea tivo compaixón de Aracne e salvoulle a vida, pese á súa rabia e envexa, pero castigouna converténdoa en araña e condenouna a tecer para o resto dos seus días
E velaí como quedou
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)