Amosando publicacións coa etiqueta Recitais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recitais. Amosar todas as publicacións

26/03/22

SEMANA DA POESÍA



Como xa vén sendo costume no IES de Melide, recibimos a primavera celebrando o Día da Poesía cunha semana de recitais.

Nesta semana do 21 ao 25 de marzo en todos os recreos soou poesía na biblioteca Xaquín Yebra, recitada por alumnas e alumnos dende 1º de ESO a 2º de BAC, en galego, castelán, portugués, inglés, rumano, árabe, latín e grego. Moitos dos poemas foron preparados na aula coa axuda do profesorado, pero unha boa cantiade deles fron recitados de forma espontánea polo alumnado. Recitáronse autora e autores dende a antigüidade clásica até os nosos días, e tamén un bo número de poemas compostos polo alumnado en aulas de literatura galega. Non faltou a poesía sinestésica acardo do alumnado de filosofía.

Para rematar a semana, Lola Corzo, acompañou o recitado de varios poemas do alumnado con linguaxe de signos, porque a poesía non se limita ao son.



27/05/16

RELATORIO-RECITAL DE NOVOS VALORES POÉTICOS GALEGOS



Este mércores, o Departamento de Lingua e Literatura Galega organizou no noso Instituto un relatorio-recital de novos valores poéticos galegos coa presenza de Mª Xosé Fernández, Teresa Ramiro e Antom Laia. Aquí recollemos algúns dos momentos cos que nos agasallaron:



 Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

22/03/13

RAPEANDO NA BIBLIOTECA

Para celebrar o fin de avaliación e descansar un pouco dos exames, na última semana antes das vacacións de semana santa tivemos un invitado moi especial, Serxio García, cantante do grupo de hip hop Dios Ke Te Crew. García falounos un pouco da historia do hip hop e das súas raíces na cultura popular en dúas sesións, pola mañá ás alumnas e alumnos de música de 3º de ESO e a mediodía aos Papalibros. Despois deunos uns cantos consellos e ideas e puxémonos a rapear. Un equipo de reporteiras e superfans de García fíxolle tamén unha entrevista para Falamelide, a radio do instituto. Velaí un pequeno resumo desta xornada.

13/12/12

12-12-12-12 con Celso Emilio

Por fin chegou o día e hora tan esperados e un montón de rapaces, rapazas e profesoras xuntámonos na biblioteca do IES de Melide  para recitar a Celso Emilio, seguindo a convocatoria da Coordinadora Galega de ENDL.
Despois dunha extraordinaria introdución a cargo de Lorena Ambrosio, as alumnas e alumnos de 2º de BAC fixeron un recitado de "Deitado frente ao mar", acompañados por música en directo, interpretada por  tamén alumnasde 2º e 1º de BAC.
A continuación os Papalibros fixeron unha versión hip-hop deste mesmo poema, que conseguiu sonar ben graza a axuda inestimable de David.
Este foi o noso xeito de conmemorar o centenario do nacemento de Celso Emilio, poeta comprometido coa lingua, coa xente sinxela e cos que sofren. Foi esta tamén a nosa maneira de reivindicar o dereito á nosa identidade, a educarmos en galego porque queremos, porque nos peta
Aproveitameos tamén esta data redonda para participar nunha lectura de textos clásicos, dentro da convocatoria "yo conozco mi herencia. ¿Y tu?", da que vos damos conta no noso blog Aspasia.

21/05/11

MAKINARIA

 
 

Estes coches representan, segundo Carlos Negro, o número de mozos e mozas menores de 30 anos que morren todos os anos en accidentes de tráfico, tema do que trata a súa obra Makinaria.
Durante unha hora, Carlos Negro estivo recitando poemas da súa obra ao alumnado de Bacharelato e PDC do IES de Melide.  O poeta, coma sempre, conseguiu emocionar o auditorio.
Finalmente, despois de lernos un conto, agasallounos con poemas de amor para un sms.