28/05/18
24/05/18
21/05/18
17 de MAIO: DÍA DAS LETRAS
Son varias as actividades que ao longo da semana fixéronse no centro para conmemorar o día das Letras.
Empezamos a semana coa asistencia do alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato a unha representación teatral en Santiago de Compostela baseada na obra Anagnórise de María Victoria Moreno, escritora homenaxeada este ano. Este libro fora previamente lido e traballado polo alumnado asistente.
O martes, membros dos clubs de lectura Papalibros de alumnas e adultas participamos, xunto con alumnado e profesorado do IES Camilo José Cela de Padrón, nun roteiro literario pola Ribeira Sacra guiado polo escritor Xabier Quiroga. O itenerario discorreu por diversos lugares do entorno do Miño que o escritor utiliza como escenarios da súa novela Izan o da saca, inspirada nas rutas que utilizaron numerosos responsables do réxime nazi para esconderse en España, e fuxir despois da derrota alemá na Segunda Guerra Mundial. Visitamos o Ecomuseo de Arxeriz, vimos a igrexa de San Martiño da Cova, comemos e, algúns bañáronse, na praia da Cova, e fixemos un percorrido a pé que nos levou á fervenza de Augacaída e ao castro de Merce. Foi unha xornada espectacular a nivel paisaxístico e literario! E foi un pracer compartila con Xabier Quiroga e os profesores e alumnos do IES Camilo José Cela!
O mércores, alumnado de 1º de bacharelato B coordinado por Marga Quintela, deleitounos con intervencións de microteatro nas aulas cunha adaptación dun texto de Sachu Sende titulado "Actitudes da mocidade ante o galego".
Ao final da representación, EDNL do IES deMelide agasallounos cunha díptico sobre a vida e obra de María Victoria Moreno, e un subliñador co lema "Coloréaa, ilumínaa,... que curusque a túa lingua".
O venres, alumado de 4º e 1º de bacharelato puido disfrutar do recital en galego dunha escolma de poemas da Literatura Universal feita polo alumnado de da Literatura Universal e artes Escénicas de 1º de bach. O alumnado caracterizouse dos poetas e poetisas cuxos poemas recitaron.
Durante toda a semana contamos no centro coa exposición "Sombra e Luz" elaborada polo IES Torrente Ballester de Pontevedra e gañadora do concurso das Letras Galegas 2018. Esta exposición fai un percorrido polos momentos máis significativos da biografía e pola obra da autora María Victoria Moreno.
O alumnado de 1º de bacharelato de TICs elaborou este gif animado con todos os homenaxeados o Día das Letras desde o ano 1963, ano no que se iniciou esta conmemoración.

...

13/05/18
A BIBLIOTECA XAQUÍN YEBRA PARTICIPA NUN CURSO DO CFR DE A CORUÑA
O pasado luns fomos invitadas a participar no curso "Bibliotecas Escolares, Centro de Recursos de Información " para contar a nosa experiencia sobre a elaboración e desenvolvemento do Proxecto lector no IES de Melide. Compartimos a sesión con Beatriz, responsable da biblioteca do CEIP Francisco Vales Villamarín, que nos explicou un interesantísimo e precioso proxecto, "Descubrindo as cores do mundo. Unha viaxe en globo", que desenvolveron o curso pasado en colaboración coa EEI de Fontelo e coa EEI de Coirós de Arriba, e que recibiu o premio na modalidade Proxectos de Investigación Intercentros.
Foi unha moi boa oportunidade para intercambiar experiencias con compoñentes de equipos de bibliotecas escolares de diferentes centros da provincia de A Coruña.
Esta foi a presentación que levamos e coa que intentamos amosar que facemos e como traballamos no centro para fomentar a lectura, a escritura e as habilidades de uso, tratamento e produción da información en apoio á consecución das competencias claves por parte do alumnado, incidindo en que a clave de todo este proceso está en que a biblioteca Xaquín Yebra é un proxecto de moit@s.
GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

07/05/18
O 68 EN COMPOSTELA
O 68 cambiou o mundo; de París a Praga, e de Berkeley a México, e tamén en Galiza. Ou mellor dito, antes en Galiza. En febreiro a universidade estoupou en mobilizacións masivas, tendo en conta súa aínda reducida dimensión, con peches e folgas que marcaron a toda unha xeración e que fixeron que nos anos vindeiros xa nada fose o mesmo.
Desde o IES Melide o departamento de Xeografía e Historia, en colaboración cos departamentos de Francés e Música, quixo conmemorar o 50 aniversario deste feito histórico cunha serie de actividades que comezaron a finais de abril e continúan ao longo deste mes de maio:
1.- Charla "Maio do 68 en Compostela"
Ricardo Gurriarán, doctor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, estivo o martes 24 de abril co alumnado de 1º de bacharelato que cursa a materia Historia do Mundo Contemporáneo para explicar como se desenvolveu e viviu o maio do 68 en Compostela.
2.- " Do Gaudeamus Igutur ao Venceremos Nós"
Desde o 7 de maio ata finais deste mes podemos disfrutar desta exposición da Fundación 10 de Marzo, exposición na que se reconstrúe os acontecementos estudiantís do curso 1967/68 contra a ditadura, pola loita polas liberdades e a representación democrática.
A exposición comeza coa explicación do que era a cidade de Santiago e a Universidade baixo a ditadura franquista e a análise dos elementos que promoveron as revoltas estudiantís posteriores: a cultura oficial e a cultura alternativa, a presencia de forzas clandestinas antifranquistas, ...
A continuación, explica detalladamente as mobilizacións estudiantís do curso 1967/68: desde a solidaridade galega ata o nacemento de Voces Ceibes; desde as asambleas universitarias ata o peche da Facultade de Filosofía e Letras; desde a represión sobre os líderes estudiantís ata a actitude do profesorado.
3.- Consignas do Maio do 68 francés.
En Universidades, barrios obreiros, prazas públicas e rúas do centro contábanse por centos as consignas convertidas en grafitis, a través das que nos chegan os aires de revolución que se respiraban no maio francés. O alumnado de 4º de ESO de Francés reproduciu algunhas destas consignas en carteis.
4.- Banda sonora do Maio do 68.
Esta é a selección de cancións que marcaron ou se inspiraron neste movemento feita polo alumnado de 4º de ESO de Música:
- Ahir (diguem no) de Raimon
- Al vent de Raimon
- Avec les temps de Léo Ferré
- Blowing in the wind de Bob Dylan
- Ma liberté de George Moustaki
- Il est 5 heures, París s´éville de Jacques Dutranc
- 1968 de Joaquín Sabina
- Piece of my heart de Janis Joplin
- La mala reputación de Paco Ibáñez
- Galicia Terra Nosa de Los Tamara
- L´estaca de Lluis Llach
- Papá, cuéntame otra vez de Ismael Serrano
- S´en va anar de Salomé
- Sympathy for the devil de The Rolling Stones
- I can´t get no de The Rolling Stones
- Eu son a voz do pobo de Voces Ceibes
- Venceremos de Voces Ceibes
- Longa noite de pedra de Voces Ceibes
- María soliña de Voces Ceibes

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)