Un ano máis o Equipo de Biblioteca do IES de Melide convoca un concurso de Microrrelatos con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Cantas palabras necesitamos para poder contar unha boa historia? Retamos ao alumnado do IES de Melide a que con menos de cen palabras tente chegar ao corazón d@s lectores/as. Atrevédesvos?
Velaí as BASES e desta vez ninguén se queixará do moito que ten escribir:
- Os relatos xirarán en torno á violencia contra as mulleres ou ben a non violencia e como debe ser o bo trato en calquera relación.
- Terán unha extensión máxima de cen palabras.
- O prazo de presentación remata o mércores, 30 de novembro de 2016 .
- Establécense tres premios para os tres mellores microrrelatos presentados (1º ciclo; 2º ciclo e FP Básica; Bacharelato e CF).
*O xurado poderá deixar deserto/s o/s premio/s se o considera oportuno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario