O luns 10 de xuño entregamos o premio do I Concurso de Videopoemas do IES de Melide na categoría 3º e 4º de ESO e Bacharelato na que participaron 17 producións de alumnado de 4º ESO e 1º de bacharelato, con poemas propios e alleos. Agradecemos enormemente a participación de todo este alumnado e esperamos poder deleitarnos o ano que vén de novo cos seus videopoemas e cos doutros/as alumnos/as, principalmente do primeiro ciclo da ESO, categoría na que non se presentou ninguén.
Lembramos que había un único premio por categoría e este recaeu, despois dunha intensa deliberación entre os membros do xurado, en Canto ao idioma galego, recreación do poema de Manuel María de Lucía Vilela (1º BAC):
Os dous videopoemas finalistas foron:
21/06/19
17/06/19
14 DE XUÑO: DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS
Un grupo formado por alumnado e profesorado do IES de Melide participa na gravación do vídeo que se pode ver a continuación como maneira de contribuír á visibilización da comunidade xorda e das súas linguas. Gracias a todos/as participantes e en especial a Lola Corzo, a interprete de lingua de signos do centro, por axudarnos a levar a cabo esta iniciativa.
O IES DE MELIDE APOIA A LINGUA DE SIGNOS!!
10/06/19
COMEZA A CONTA ATRÁS!
Estas son as últimas propostas da Biblioteca Xaquín Yebra para o presente curso:
09/06/19
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)