Amosando publicacións coa etiqueta ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ciencia. Amosar todas as publicacións

16/06/25

Incorporacións á Biblio. Anatomicum

As novidades na biblio sempre son ben recibidas, pero se ademais son así de fermosas e con tanto detalle aínda nos gustan máis. Neste caso temos un museo do corpo humano nas nosas mans. O Anatomicum fai unha viaxe polas centos e milleiros de partes que compoñen a engranaxe da máquina que nos mantén con vida e que máis debemos coidar: o noso corpo. 

A autora é Katy Wiedman e pubícao a editorial Impedimenta. Na biblio tes á túa disposición ademais o Insectarium.





31/01/23

NOITE DE ESTRELAS



Este luns, 30 de xaneiro, o Club de Ciencias e o observatorio Ramón Mª Aller da USC organizaron na nosa bibioteca o evento "Noite de estrelas e desexos para 21 días co galego e +"




Empezamos cunha conferencia a cargo de Pedro, do observatorio Ramón Mª Aller, na que nos puxo en antecedentes do que íamos observar logo no patio.

Unha interesante introducción ó Sistema Solar e as estrelas e constelacións, que despois poderíamos ver no patio co telescopio, ou a simple vista, aproveitando un ceo despexado (eso sí, moi frío).


Unha vez rematada, xa no patio, puidemos ver como se monta un telescopio e facer as observacións que a data e hora nos permitía: Xúpiter e as principais lúas, Marte, a Lúa, o cometa C/2022 E3 (ZTF)...







Nesta ocasión non foi posible observar Saturno e Venus pois xa estaban fóra do horizonte visible.

08/11/13

Día da Ciencia en Galego 2013: o dereito a gozar da Ciencia e a Arte en galego

Este ano, o día da ciencia en galego rende homenaxe ao arquitecto Richard Buckminster, á enfermeira Florence Nightingale e ao intelectual e artista creador de Sargadelos, Isaac Díaz Pardo. Esta edición céntrase na Estatística (estamos no ano internacional desta parte das Matemáticas) e na Arte e a Ciencia. Co obxectivo de ilustrar a estreita relación que hai entre ciencia e arte, elaboramos a presentación “A arte na ciencia, a ciencia no arte”. Na primeira parte, “A arte na ciencia”, intentamos escoller exemplos das diferentes ramas científicas (matemáticas, física, química, bioloxía,..) que nos chamaron a atención pola súa beleza. Na segunda parte, “A ciencia na arte”, intentamos ilustrar, a través da selección de obras e autores de distintos movementos artísticos, a presenza das ciencias nas artes.