Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca. Amosar todas as publicacións

14/11/25

Obradoiro con Hama Beads

 A creatividade é un piar da nosa Biblio. Por iso, e aínda que pareza unha cousa ben sinxela, esta semana gozamos das creacións con Hama Beads, unhas perliñas que coas que, a través de patróns, se poden crear unhas figuriñas ben fermosas.

Moitos e moitas dos nosos artistas crearon o seu patrón dende cero! 

Ademais, podemos dicir que é algo que relaxa moito a mente de podemos descansar a cabeza despois dunha xornada intensa!





20/10/25

Cabazas de Samaín

 Publicado o concurso de cabazas de Samaín! Anímte a decorar a túa cabaza e traela ao centro.

O día do Magosto celebraremos a votación da cabaza máis orixinal!


30/09/25

Incorporacións. Novo xogo na Biblio!

A nosa orientadora preferida tróuxonos o seu particular descubrimento para a Biblio! Un xogo ben sinxelo pero moi entretido!

Serás capaz de desfacerte das túas pedriñas? Resulta que estas pezas están imantadas e se aproximas unha a outra... únense! Se pasa iso, debes recoller todas as que se xuntaron e comezar co lote que teñas! Unha dor de cabeza se non controlas os campos magnéticos. 

Vide probalo!






25/02/25

Homenaxe a Rosalía

O día do nacemento de Rosalía sempre é un día espcial. É por iso que este ano, para conmemorar o nacemento da nosa escritora nacional, inmortalizamos a lectura dos seus versos nun fermoso photocall, che de rosas e camelias. Por alí pasaron alumnos, alumnas e profesorado, porque non merece outra cousa ca un altar. Podedes ver aquí unha pequena mostra.









15/02/25

O día no que casan os paxariños

 Coa entrada do mes de febreiro, xa se albiscan os primeiros paxariños na busca de boa compaña. Comezan a medrar os días e o sol combina moi ben con ventos frescos e mañás xeadas. Celebramos ese día que medio inverno vai fóra, e que apenas queda a outra metade. 

Di a lenda que o día 2 de febreiro é o día no que casan os paxariños e nós celebramos esta data recordando os bicos máis emblemáticos da hsitoria da arte, do cine e da literatura. Saberías recoñecer a quen pertencen estas mostras de amor?






16/01/25

Pasaporte lector

 É ben sabido que cos libros podes viaxar a outros mundos, coñecidos e por coñecer, próximos ou máis afastados. Por iso, na Biblio do IES de Melide podes adquirir o teu pasaporte lector e selar aqules libros que te levaron a coñecer mundos xamais soñados.

Con cada selo, podes obter un pequeno agasallo; porque ler é iso, un agasallo.