25/03/11

OBRADOIRO DE POESÍA CON CARLOS NEGRO

O pasado venres, día 28, veu de novo o poeta Carlos Negro ao noso centro para seguir co obradoiro de poesía que xa comezara a impartir o 25 de febreiro.
Nesta ocasión incidiu moito sobre a importancia dos sons na poesía. Escoitamos cancións de Manu Chao e de Diosketecrew, lemos poemas de Novoneyra, Celso Emilio... e elaboramos un todos xuntos a partir dunhas "pistas para amasar poemasonidos. Na foto estámolo lendo.
Finalmente, os alumnos e alumnas de 2º de ESO-A lemos uns poemas que compuxemos nós mesmos nos que falaban os espellos.
Aprendemos moito e pasámolo ben.

02/03/11

A SEMANA DAS CURTAS NA BIBLIOTECA

Na semana do 28 de febreiro ao 4 de marzo desenvolverase no noso centro  “A semana das curtas”, organizada pola Coordinadora Galega dos Equipos de Dinamización Lingüística en colaboración cos ENDL dos centros de Galiza, entre eles o noso.

As curtametraxes proxectaranse na biblioteca, onde se acaban de instalar unhas cortinas moi prácticas que nos permitirán ver ben as imaxes na pantalla, xa que consideramos que unha biblioteca é un espazo que serve para múltiples actividades, non só para ler libros ou traballar nos ordenadores.



Esta actividade servirá para que o alumnado vexa o que se está facendo a nivel audiovisual en Galiza, e que tamén nos centros se pode facer. Poderán poñerse en contacto con mozos e mozas de Galiza que están vendo os mesmos documentais a través dun blog, e incluso votar pola curta que máis lles gustou