08/03/23

Músicas galegas




  A artista Laura Romero, ilustradora e música, vén facernos unha visita, e realizar un traballo sobre referentes femininos na música, que deixa a nosa biblio máis acolledora, neste caso pola parede exterior.







  Músicas galegas é un proxecto de ilustración, dentro dun proxecto máis amplo que é "unha música no insti", nos centros educativos, cousiñas que quedan no centro e non son tan efémeros coma unha conferencia, unha exposición, ... É un traballo a tempo máis longo...




  No noso centro quedarán unhas músicas que teñen unha certa relación co noso centro ou a contorna da Terra de Melide.

07/03/23

Oca Revolucionaria




 Presentámosvos un novo pasatempo, a "Oca Revolucionaria", un xogo da oca moi especial. No canto de ocas, temos galos franceses; no canto da morte, o Terror de Robespierre; non cantamos de "dado a dado…", senón "de Waterloo a Waterloo, vaite a Moscú"... 






  O xogo é unha creación orixinal dos mozos da FP Básica, que fusiona a Historia da Revolución Francesa, as artes gráficas e a carpintería.







  Anímaste a xogar??

  Xa dispoñible na Biblioteca do IES de Melide, grazas a donación feita polo alumnado e profesor de FP Básica.