28/10/16
24/10/16
CERTAME LITERARIO "RELATOS TERRORÍFICOS SAMAÍN 2016" E CONCURSO DE EPITAFIOS "RIP, RIP, HURRA!"
A
VICEDIRECIÓN, A BIBLIOTECA, o EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN
LINGÜÍSTICA e o DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA do IES de Melide, convocan:
- O
certame literario "Relatos terroríficos Samaín 2016" para
o alumnado de 1º e 2º ESO.
- O
concurso de epitafios "RIP, RIP, HURRA!" para
o alumnado de 2º e 3º ESO, 1º e 2º de Bacharelato, ESA, EBI, FP Básica e Ciclo
de Madeira.
Aquí tes as bases:
“RELATOS TERRORÍFICOS SAMAÍN
2016”
BASES:
1.
Poderá participar no Certame todo o alumnado de 1º e 2º ESO.
2. Os relatos presentados deberán ter un carácter “terroríficamente
aterrador” e estar relacionados co momento do Samaín.
3. As obras presentadas deberán estar escritas en
lingua galega.
4. A extensión dos traballos a presentar é libre.
5.
Os traballos, nos que se farán constar os datos do/a autor/a, deberán
presentarse na Biblioteca.
6.
prazo de entrega comeza o luns 24 de outubro e remata o xoves 27 de outubro
no recreo.
7. xurado estará composto por
representantes do alumnado, do profesorado e do persoal non docente do Centro.
8. Os premios serán entregados nun
acto que terá lugar o 28 de outubro na Biblioteca.
9. PREMIOS:
Haberá premios para o primeiro,
segundo e terceiro seleccionado, aos que lles corresponderá:
1º Premio:Tres semanas de bocatas
gratis na cafetería do centro e un libro de temática terrorífica.
2º Premio: Dúas semanas de bocatas
gratis na cafetería do centro e un libro de temática terrorífica.
3º Premio: Unha semana de bocata gratis na cafetería do
centro e un libro de temática terrorífica.
"RIP, RIP, HURRA!!”
BASES:
1. Poderá participar no concurso calquera alumno ou alumna do centro de 3º e
4º de ESO e 1º e 2º de bacharelato, ESA, EBI, FP Básica; Ciclo de Madeira.
2. A participación será individual. Os textos deben ser orixinais e inéditos.
3. Valorarase que sexan enxeñoso, pero non poden ser
ofensivos nin incluír groserías.
4. Os traballos poden presentarse en diversos
materiais (cartulina, cartón, poliexpán…) ou outros materiais reciclables, pero
procurando imitar unha lápida (campa) . As
dimensións non podrán exceder de
DIN-A3 ou DIN-A4.
5. Os epitafios deberán estar escritos en lingua
galega.
6. Os traballos, nos que se farán constar os datos
do/a autor/a, deberán presentarse na Biblioteca.
7. O prazo de entrega comeza o luns 24 de outubro e
remata o xoves 27 de outubro no recreo.
8. O xurado estará composto por representantes do
alumnado, do profesorado e do persoal non docente do Centro.
9. Os premios serán entregados nun acto que terá lugar
o 28 de outubro na Biblioteca.
10. Categorías:
Epitafio ( valorarase, especialmente, o texto )
Lápida
( valorarase especialmente o deseño )
11. Premios::
Haberá tres premios por
categoría, en forma de vales, e que poderán trocarse en
calquera librería de Melide.
23/10/16
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Desde 1997, cada 24 de outubro conmemórase 0 Día da
Biblioteca, unha iniciativa da Asociación
Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, co apoio
do Ministerio de Cultura, en recordo da destrución da Biblioteca de Saraxevo
incendiada en 1992 durante a Guerra dos Balcáns . Esta
conmemoración naceu para trasladar á opinión pública a importancia da
biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa
cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.
Ao longo da presentación que amosamos a continuación, recollemos exemplos de
bibliotecas alternativas. Independentemente do tipo ou do motivo, todas se
encadran na categoría do diferente. Pero, no fondo, todas teñen algo en común:
levar a información a todos os que a queren consumir.
Esta é unha presentación aberta.
Se coñeces algunha iniciativa de
achegamento da palabra á xente que quere ler , semellante ou diferente a estas,
cerca ou lonxe de aquí, actualmente ou no pasado, fáinola chegar a través
dun comentario a esta entrada e engadirémola a este traballo.
17/10/16
DÍA DAS ESCRITORAS
Este ano celébrase por primeira vez o “Días das Escritoras”, unha
iniciativa da Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de
Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarais (FEDEPE) e a
Asociación Clásicas e Modernas para a igualdade de xénero na cultura.
Como data de celebración elexiuse o primeiro luns seguinte á festividade de
Teresa de Jesús, que se conmemora o 15 de outubro.
Con esta celebración “búscase reivindicar o labor e a traxectoria das
escritoras tantas veces relegadas a un segundo plano ao longo da
historia”.
Pola nosa parte,
unímonos a esta iniciativa facendo a presentación dos últimos libros das
escritoras Ledicia Costa, Cassandra Clare e J.K. Rowling, xunto
a unha breve reseña delas, e rescantando un monográfico sobre mulleres galegas escritoras publicado na Revista das Letras no ano 2007. Forman parte deste monográfico Lupe Gómez, Eva Pedreira, María Reimóndez, Marilar Aleixandre, Ana Romaní, Xohana Torres, Pilar Pallarés, Eva Veiga, Marica Campo, Medos Romero, Marta Dacosta, Rosa Aneiros, María do Cebreiro, Chus Pato, Helena de Carlos, Olga Novo e Carmen Blanco. Cada escritora escolle á seguinte explicando as razóns da súa elección.
Etiquetas:
Conmemoracións,
Escritoras,
Novidades.
E O NOBEL FOI PARA DYLAN
Neste novo curso estreamos o blog, que non as actividades!, celebrando o Premio Nobel de Literatura concedido Bob Dylan, cantautor consagrado no seu país, EEUU, e no mundo enteiro. Esta decisión da academia sueca causou sorpresa e controversia, mentres uns celebramos que os tempos estean cambiando, como o propio autor anticipaba xa en 1964 co seu tema The Times They Are Chanching, outros rásganse as vestiduras indignados. Todo isto sérvenos para facer algunhas pequenas reflexións.
Deixámosvos aquí cunha das máis famosas e fermosas cancións de Dylan, Blowin' the wind, subtitulada en español e portugués para que poidades apreciar a fermosura do texto.
- A orixe da poesía está intimamente ligada á música. A poesía lírica xurde na antiga Grecia e toma o seu nome de "lira", pequena arpa coa que se acompañaban os poetas cando cantaban os seus poemas aos seus amigos e compañeiros de banquete. O obxectivo era comunicar os seus sentimentos nun tono máis íntimo e persoal que a épica.
- O feito de que a arte, sexa literatura, artes plásticas, música... chegue ás masas non ten que ser necesariamente en detrimento da súa calidade. A novela de B. Pasternak Doctor Zhivago foi un best-seller cando se publicou en 1957, o que puido forzar á academia sueca a concederlle o Nobel en 1958. Nalgúns casos concédese o Nobel para dar a coñecer a obra de alguén e noutros, polo contrario, o Nobel é un recoñecemento
- É indiscutible o papel da música na revolución cultural dos anos sesenta e Bob Dylan é un dos músicos máis representativos da canción protesta.
Deixámosvos aquí cunha das máis famosas e fermosas cancións de Dylan, Blowin' the wind, subtitulada en español e portugués para que poidades apreciar a fermosura do texto.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)