31/05/09

CONFERENCIA DE BALI RAI


O mércores, 27 de maio, estivo connosco o autor inglés de raíces punxabis Bali Rai, dándonos unha conferencia sobre o seu libro Un casoiro ben mal amañado, obra que está tendo moito éxito no Reino Unido e que non está traducido a ningunha lingua da Península agás ao galego.

Cando estivo aquí, pediunos desculpas pois el fala inglés e non entende o español nin o galego, pero tivo unha cordial frase de "bos días". Por iso estivo acompañado polo tradutor Ramón Porto, un mozo melidán que fixo a estupenda tradución da obra ao galego e que tamén traducía o que o autor nos ía contando.

O autor estab a dar conferencias por outros sitios de Galicia e contounos anécdotas que lle pasaron.

O libro Un casoiro ben mal amañado é en parte autobiográfico e cóntanos ademais cousas que lles pasaron a persoas próximas a el. Este libro reflectía dalgunha maneira o que a día de hoxe el chegou a ser, un home libre e estudado.

Tamén nos estivo a dicir que se sentía un inglés de pés a cabeza. Estívonos falando un pouquiño de onde el era (Reino Unido) e da cantidade de razas distintas que alí convivían, e, por suposto, preguntámoslle se prefería que gañase o Barça ou o Manchester, e díxonos que é do Liverpool dende os tres anos.

Despois de falarnos sobre o libro e sobre o Reino Unido, nós fixémoslle preguntas, e ao final el tivo a amabilidade de botarlle un garabato aos nosos libros.

Mereceu moito a pena que viñese, pois, ao coñecelo, o libro faise máis interesante, xa que é en parte autobiográfico.

Anímovos a todos/as a que o leades. Hai exemplares na biblioteca do centro.

Bicos

Edurne (B1B)

22/05/09

ADIÓS A MARIO BENEDETTI

El domingo pasado , 17 de mayo, fallecía a los 89 años de edad en su casa de Montevideo, el escritor uruguayo Mario Benedetti. Fue un destacado poeta, novelista, dramaturgo, cuentista y crítico, y, junto con Juan Carlos Onetti, la figura más relevante de la literatura uruguaya de la 2ª mitad del siglo XX. En su obra pueden diferenciarse, al menos 2 periodos marcados por sus circunstancias vitales, así como por los cambios sociales y políticos de Uruguay y el resto de América Latina. En el 1º, Benedetti desarrolló una literatura realista sobre el tema de la burocracia pública, a la cual él mismo pertenecía, y el "espíritu pequeño-burgués" que la animaba.
En 1945, comenzó a trabajar como periodista en distintos diarios. De esta época son sus Poemas de la oficina y Montevideanos. En 1960 escribe El país de la cola de paja, un ensayo ácido y polémico, y se consolida literariamente con dos novelas : La tregua y Gracias por el fuego, que constituye una crítica más amplia de la sociedad nacional, con la denuncia de la corrupción del periodismo como aparato de poder.

En el 2ºperíodo (años 70) sus obras se hicieron eco de la angustia y la esperanza de amplios sectores sociales, por encontrar salidas socialistas a una América Latina subyugada por las dictaduras militares. Durante más de diez años, Benedetti vivió fuera de su patria como consecuencia de ello. Su literatura se hizo. Escribió una novela en verso: El cumpleaños de Juan Ángel así como cuentos fantásticos . Trató el tema del exilio en la novela Primavera con una esquina rota. En su obra poética, se vieron, igualmente, reflejadas las circunstancias políticas y vivenciales del exilio uruguayo y el regreso a casa ( La casa y el ladrillo, Vientos del exilio, Geografías, Las soledades de Babel). En teatro denunció la institución de la tortura con Pedro y el capitán, y en el ensayo, hizo comentarios sobre literatura contemporánea .Reflexionó sobre problemas culturales y políticos ene El desexilio y otras conjeturas, libro que recoge su labor periodística desplegada en Madrid.
En marzo de 2001 recibió el Premio Iberoamericano José Martí en reconocimiento a toda su obra. Fue director del Dpto de Literatura Hispanoamericana de la Facultad de Humanidades y Director del Centro de Investigación Literaria en la Habana.
He aquí uno de los poemas más famosos de Mario Benedetti recitado por él mismo: No te salves . Puedes oírlo en este enlace de la biblioteca Cervantes.
http://www.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras?portal=0&Ref=2813&audio=0

20/05/09

ENTREVISTA A XOSÉ MIRANDA

Xosé Miranda naceu en Lugo no ano 1955. Licenciouse en Biloloxía na Universidade de Compostela en 1978. Na actualidade exerce como profesor de Bioloxía e Xeoloxía no Instituto Xoán Montes de Lugo. Comezou escribindo prosa, relatos e novelas para adultos, pero tamén escribe contos e relatos curtos para nenos, é un bo especialista de literatura oral, e xunto con outros autores, como Reigosa e Cuba escribiu unha historia titulada Contos marabillosos e un Dicionario de seres míticos galegos. En 1988 acadou o premio de relatos breves Modesto Figueiredo co relato Na terra sombría. Xa en 1990 conseguiu outro premio, o de Manuel García Barros por Historia dun paraugas azul. Finalmente acadou en 1990 o premio Xerais coa novela Morning Star.
Aproveitemos para escoitar o que el mesmo nos di.

E- Podería definirse?

XM- Como escritor? Como persoa?

E.- En xeral

XM.- Son unha persoa bastante melancólica, imaxinativa e, como escritor, penso que iso define a miña traxectoria. Interésome moito polas persoas e polo que hai no fondo, dentro das persoas.

E.- Sabemos que vostede estudou Bioloxía. Como sendo biólogo se iniciou no mundo literario?

XM.- En realidade, non creo nas diferenzas entre as Letras e as Ciencias que no sistema educativo español priman, e paréceme que iso é un erro, porque as persoas somos unha soa, non existen persoas de Letras e persoas de Ciencias, cada un de nós é suficientemente complexo como para que lle poidan gustar cousas dun lado e do outro. Hai moitísimos escritores que eran médicos ou biólogos ou físicos: Castelao era médico, Ernesto Sábato é físico, matemáticos , sempre existiu isto , e no Renacemento, por exemplo, ou os antigos gregos non recoñecían estas diferenzas. A min sempre, desde que era neno, me interesaron as dúas cousas e outras, coma a historia tamén. Non podía estudar todo e entón decidinme por estudar bioloxía porque me gustaban moito os animais, a natureza, pero tamén seguín escribindo sempre, e noutros países un pode estudar unhas asignaturas, por exemplo se está nunha carreira pode completar con materias que sexan doutra diferente, aquí cando eu estudaba isto non se podía facer. Eu creo que é un erro que lles fagan decidirse aos rapaces desde tan novos por unha cousa ou por outra, me parece que isto vai en contra dunha formación completa das persoas. A min gustaríame que os rapaces puidesen estudar bioloxía e literatura ao mesmo tempo sen que houbese inconvenientes.

E.- Élle doado compaxinar o seu traballo de profesor coa literatura?

XM.- Máis doado, desde logo, que se traballase na construción, entón si que me resultaría imposible porque non tería tempo ou se me dedicase á política porque entón tamén tería que estar todo o tempo non só traballando ou facendo que traballaba, senón en eventos sociais, etc. Desde logo, se algunha cousa permite ser escritor é ser profesor porque tes un pouco máis de tempo para dedicarlle. Despois claro que moitas veces a preocupación polo que pasa nas clases, pola marcha dos alumnos che quita de poder centrarte na literatura, pero supoño que isto en calquera profesión ocorrerá, é dicir, iso de que desconectas ao chegar á casa non é verdade, sempre estás preocupado por moitas cousas, pero supoño que lle pasa a todo o mundo, non só aos profesores, polo tanto creo que dentro do malo ser profesor non é o peor para dedicarse á literatura, de feito a maioría dos escritores son profesores.

E.- Quen ou que lle axudou a iniciarse na literatura?

XM.- Eu digo sempre que o que me axudou foron as miñas avoas e a miña nai que me contaban contos cando era neno, e a mestra que me ensinou a ler e a escribir, que xa desde pequeniño nos mandaba facer contos, redaccións e todo iso, creo que son estas persoas ás que lles debo a miña vocación literaria, é dicir, que nunca se recoñece suficientemente a débeda que temos cos nosos pais, cos nosos avós ou cos nosos mestres, e eu creo que son os que inflúen dunha maneira máis decisiva no que imos facer despois.

E.- Como se sentiu ao ver publicada a súa primeira obra?

XM.- Moi ben, porque eu tardei moitos anos en publicar a primeira obra que foi a Historia dun paraugas azul . Tiña máis de trinta anos, porque era unha novela e, claro, as novelas non se escriben normalmente cando es un rapaz, senón cando chegas a unha certa idade. Eu tiña moitos poemas escritos, pero sen publicar ou publicados ao mellor en xornais ou en revistas, pero non en libro, e a primeira obra que publiquei foi porque gañou un premio e entón as editoriais decidiron publicala. Sentinme moi ben porque confirmaba que o que eu escribía lle podía interesar a outra xente e o peor que lle pode pasar a alguén é que todo o que está facendo pase desapercibido e outros non se decaten do que sucede, polo tanto, cando publicas a primeira obra sénteste realizado, dalgunha maneira sénteste feliz.

E.- De todos os premios que recibiu cal é do que máis orgulloso se sente?

XM.- Non sei contestar a esa pregunta, porque os premios axudan a que un sexa coñecido e a que a túa obra chegue a máis xente, que te recoñezan, e facilita por exemplo que os libros se vendan máis. Tamén veñen moi ben economicamente porque che axudan e non estamos nun país no que os escritores sexan precisamente millonarios, pero, á parte diso, eu aos premios non lles dou tanta importancia como se adoita facer, porque eu creo que cando gañas un premio, un pouco é porque, hai que ter en conta que hai un xurado que son persoas como as demais e que se poden equivocar, e finalmente premian o que máis lles gusta, o que non quere dicir nunca que sexa o mellor. Cantas obras moi boas se presentaron a premios e non gañaron. Eu cando gaño un premio non creo nunca que non houbese outros que o poderían ter gañado ou cando non o gaño, que tamén me sucede, tampouco penso que o meu libro sexa necesariamente o peor, é dicir, creo que hai moito de lotería niso, entón relativizo a importancia dos premios. Con todo, o premio Xerais que lle deron a Morning Star, para min foi o máis significativo porque significou que eu pasei de ser un escritor para minorías que lían uns centos de persoas a ser un escritor con miles de lectores, iso si que é moi importante.

E.- Das obras que vostede escribiu, cal é a que máis lle gusta?

XM.- Esta pregunta... é como se che preguntan a que fillo lle queres máis. Unha das que máis me gusta, da que máis satisfeito estou é O demo á orella, que é un libro no que se van contando vidas de persoas dende a prehistoria ata case os días de hoxe e son todas vidas tristes, en realidade, este libro íase chamar Vidas tristes e ao final cambiámoslle o título. Eu teño pensado escribir algúns contos máis e engadilos, e entón cambiarlle o título e recuperar o título antigo que era Vidas tristes . Eu neste libro, o que quero facer ver é que aínda que se fala sempre do progreso e do moito que avanza a humanidade, se nos paramos a considerar a vida de cada unha das persoas, o progreso é moi relativo e non vai tan aló, e a tristura e a violencia na que viven as persoas no mundo da prehistoria e no mundo de hoxe non é tan diferente. Hai moitos avances técnicos, pero na cuestión da vida persoal, das dores que un soporta, na cuestión ética, a humanidade avanzou moi pouquiño, e eu estou satisfeito porque me parece que neste libro que o reflexei bastante ben.
E.- Hai algún autor ou autora que o influíra?
XM.- Pois si, moitos, claro, por exemplo neste libro O demo á orella hai un autor francés que non é coñecido polas maiorías, pero que é un autor fundamental, que se chama Marcel Schwob . Era un xudeu francés de principios do século XX que escribiu un libro que se chama Vidas exemplares, e este libro influíu moitísimo noutros escritores e determinou boa parte da literatura do século XX, a pesar de que moita xente non coñece a Marcel Schwob. É por exemplo o mestre de Borges e de Cunqueiro. Eles cando fan eses relatos que son como retratos de persoas, en quen se están baseando é neste escritor que a min me influíu moitísimo. Outro caso é Stevenson, que por certo eran moi amigos, de feito Stivenson morreu na Polinesia, Schwob estaba xa moi enfermo porque tiña tise ósea, pois seguiu os seus pasos e foi alá a buscalo, chegou tarde porque Stevenson xa morrera, pouco tempo despois morreu el. Son dous autores que a min me influíron moitísimo, e no caso dos galegos, Cunqueiro.

E.- Que escribe con máis facilidade, poesía ou narrativa?

XM.- En realidade, o que ocorre é que son estados de ánimo diferentes, porque para escribir poesía tes que ter un determinado estado de ánimo, se non, é imposible, ademais a poesía é algo que require as metáforas, as sinestesias e requiren unha axilidade mental que non en todos os momentos tes, mentres que a narrativa é case máis un traballo de oficinista, teste que poñer, tes que elaboralo, se che sae mal tes que volver a empezar e continuar, polo tanto, se non tes un estado de ánimo adecuado para escribir poesía, o que podes facer é escribir narrativa. Non se pode ser poeta as 24 horas do día , non existe ninguén capaz de facelo, pero tamén é certo que ás veces unha cousa mestúrase coa outra e hai moitos libros de narrativa que en realidade son libros de poesía, o que pasa é que están en prosa, pero hai moitísimos escritores que o que fan, é unha narrativa lírica que se achega moito á poesía, pero son traballos moi diferentes, aínda sendo literatura, hai quen di que non, porque Antonio Gamoneda que é un gran poeta leonés dixo que a poesía non é literatura, non sei moi ben o que quixo dicir, pero si que entendo que son dous traballos moi distintos que requiren unha disposición moi distinta e unha maneira de facer moi distinta tamén. Que fago con máis...? pois depende dos momentos.

E.- Como fai para escribir unha novela?, xa sabe como vai rematar cando a comeza a escribir?

XM.- Si. Eu teño un método de traballo para a narrativa que é o de Edgar Poe, é dicir, é como unha peza de reloxería o que eu fago. As miñas novelas sempre empezan polo final, é dicir, eu sei o final moito antes que o principio, porque sei a onde quero chegar, se non, non podo chegar. Despois tu deseñas unha traxectoria para os personaxes, o que ocorre é que ás veces fan o que queren e non che obedecen, pero tu valos levando como podes ata esa final, sobre todo se se trata de relatos. Nas novelas isto pode ser un pouco máis laxo, pero eu polo xeral sei a onde quero chegar. Creo que o principio e o final son as pezas máis importantes da narrativa, logo vas desenvolvendo como podes.

E.- Eu lin Morning Star, en que se baseou para escribir esa novela?

XM.- En Morning Star baseeime moitísimo na realidade, porque os bandoleiros que aparecen en Morning Star existiron, e o pirata Benito Soto e o tesouro enterrado en Pontevedra existiu, o mesmo que o pai do protagonista, Lourenzo Tasende ou Lázaro Ribadulla ou o portugués Tomé das Congostras, asaltaron ao cura de Bueu cruzando a ría nunhas barcas, todo iso son datos históricos, as torturas que facían, como se comportaban coa xente, a maneira de dar os golpes, a utilización de nenos por exemplo para cortar as cordas das campás ou que había moitas mulleres metidas nas gavelas de bandoleiros, todo isto son feitos históricos o que pasa que eu escribín a novela partindo dunha idea que é a seguinte: se os ingleses, os americanos, os franceses puideron contar aventuras utilizando os seus personaxes, e non digamos os de Holliwood que nos enchen de películas sobre Jesse James, levan 400 ou non sei cantas. Eu dixen, pero se eles poden sobre Jesse James que era un tipo que asaltaba bancos facer iso ou sobre Billy o neno, e ata nós, todo o mundo sabe quen foi Jesse James ou Billi o neno, por que os galegos que temos personaxes similares a eles, probablemente incluso ás veces moito máis brutais, moito máis patibularios, por que non se nos ocorreu aos galegos facer o mesmo e facer novelas e películas sobre esta xente? e de aí sae a idea de Morning Star . A novela fíxena, a película necesitariamos unha inxección de diñeiro para poder facela, pero temos directores de cine, temos guionistas e temos cámaras e todo o necesario menos diñeiro, necesitamos unha industria cinematográfica potente para poder facelo, pero eu quíxenme demostrar a min mesmo que os galegos podemos facer calquera cousa que poidan facer os demais e que temos material para iso.

E.- Para esta avaliación temos que ler como libro de lectura O demo á orella Como se lle ocorreu escribir un libro que comezou na Prehistoria chegando ata os nosos días?

XM- É un libro de galegos en distintas épocas da historia Eu utilicei moito o exemplo de Marcel Schwob nas súas Vidas imaxinarias, e estas son vidas imaxinarias, é dicir, eu vou imaxinando as vidas das persoas, homes, mulleres e nenos en distintas situacións e en distintos momentos: unha é monxa, uns nenos que son raptados polos piratas, un que se mete soldado coas hostes dos romanos, sendo galego séntese romano porque foi educado desta maneira. Eu quería ver como, a pesar dos cambios na vida práctica, na vida doméstica, continuos que houbo na historia, a cuestión moral dos seres humanos a penas avanzou e ir vendo como o peso da explotación dos seres humanos uns polos outros, o peso dos estados, o peso da opresión en definitiva, continúa aí sempre, e o único que está facendo é causar dor ao longo dos tempos, e empecei coa Prehistoria, seguín cos romanos, logo coa Idade Media ata chegar á Idade Moderna, e eu quería facer iso moi próximo, e entón os personaxes son galegos sempre, duns ou outros lugares, nunha ou noutra situación, dun sexo ou de outro, en definitiva tratábase de contar como puido ser a vida verdadeira, a vida real de Galicia doutros momentos.

E.- Aínda que xa nos contestou, podería dicirnos por que non colleu Vidas tristes como título primeiro ?

XM.- É que o libro requiriría máis contos e probablemente este libro volva aparecer co título de Vidas tristes e con máis relatos. Como estaba a medio facer cando se publicou, digamos que era un proxecto máis. Como neste libro hai un narrador implícito que é o demo, porque se entende se un o le con detalle que é o demo o que está contando todas estas historias, estallas contando a alguén, porque son historias de vidas frustradas, son historias de tristura, e os seres humanos tendemos a botarlle a culpa das nosas situacións cando son terribles sempre a algo alleo, ao demo, por exemplo, que é ao que se lle bota as culpas de todo, entón o demo está contando o lado escuro da historia, que é o que se conta neste libro, non todo van ser conmemoracións, reis, batallas e non sei que historias porque a realidade é outra.

E.- Ten algún proxecto en mente para un futuro libro?

XM.- Teño un proxecto en mente que é un libro para rapaces que se vai chamar... Cando eu era neno, cando meu pai ía de viaxe e eu lle pedía que me trouxese algo, el dicíame: “Vouche traer un correverás, un brincaparedes e un mirapatrás “ claro, eu non sabía o que era un correverás, un brincaparedes e un mirapatrás, e agora vou escribir un libro que se vai titular O correverás, o brincaparedes e o mirapatrás, que son tres nenos aos que lles ocorren unha serie de aventuras. Son nenos que van ser convertidos en bonecos, entón van ter unha vida de bonecos. É a idea, o libro está sen escribir, pero esa é a idea.

E.- Moitas grazas
XM.- Grazas a vós.

VIDEO SOBRE RAMON PIÑEIRO

Velaí un vídeo sobre Ramón Piñeiro

13/05/09

17 DE MAIO. RAMÓN PIÑEIRO


Este ano o Día das Letras Galegas adícase á figura de Ramón Piñeiro (Láncara, 1915-Santiago de Compostela, 1990) , escritor, editor, político e intelectual galego.
Como político, foi unha figura histórica do galeguismo duante o S.XX, sufrindo penas de cárcere entre 1946 e 1949. Como intelectual, fundou e dirixiu a editorial Galaxia e a revista Grial
Políticamente, ademais de fundar as Mocidades galeguistas na provincia de Lugo (colaborando na comisión que preparou o referéndum sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia en 1936), foi membro do Partido Galeguista e, máis tarde, xa durante a España democrática, foi tamén deputado independente do Parlamento de Galicia . A filosofía e a língüística ocuparon espazos importantes da súa vida. Se queres saber máis cousas sobre a figura de Ramón Piñeiro pica nesta ligazón : http://www.seminariogalan.org/

08/05/09

OUTRAS CULTURAS: TAN LONXE, TAN PERTO

Dende a biblioteca do IES Melide queremos afrontar un novo reto: coñecer outras culturas, precisamente porque no noso centro hai cada vez máis nenas e nenos que proceden doutros países e culturas. Por iso organizaremos diferentes actividades que nos leven a coñecer cada vez máis esas sociedades, e, de paso, as valoremos como debemos. O vindeiro mércores 13 de maio virán visitarnos a xente da ONG GAIA Ecodesarrollo, da Coruña. O seu labor fundamental céntrase en dar cobertura, axuda, formación, e moitísimas cousas máis a persoas que chegan a España doutros países. Vannos visitar Guillermo, o seu director (mestre de formación) e máis un compañeiro que chegou ao noso país, dende África, nunhas condicións persoais moi, moi duras. A actividade estará dirixida ao alumnado de 1º de ESO, e se queredes botarlle un ollo ao blog da ONG, podédelo facer picando aquí.