Amosando publicacións coa etiqueta ENDL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ENDL. Amosar todas as publicacións

18/05/22

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS




Estes días estamos a festexar as Letras Galegas, que este ano están dedicadas a Florencio Delgado Gurriarán. Antes de que a RAG anunciara o dedicatario deste ano, este autor era descoñecido para moitas e moitos, polo que esta celebración ten o cometido de poñer en valor e difundir a obra de homes e mulleres que traballaron polo país, pero por diversas circunstancias quedaron na sombra. O caso de Florencio foi o de moitas galegas e galegos, que despois da Guerra Civil víronse obrigados a abandonar o país e elixiarse. A pesares do moito tempo que viviu fóra de Galicia, Delgado Gurriarán nunca perdeu o vínculo co idioma e desenvolveu unha gran actividade cultural en prol do país. Se queres saber máis sobre este autor, visita a exposición que temos no corredor da entrada.

Pero o IES de Melide é un fervedoiro de actividades nesta semana:

Unha actividade que non falta nestas datas é o microteatro polas aulas a cargo do grupo Teiroa, dirixido por Marga Quintela, que coordina tamén o ENDL. Este ano representouse Actitudes da mocidade galega ante o uso da lingua, adaptación dun texto de Sechu Sende.

O ENDL deseñou un precioso estoxo e marcapáxinas con versos de Florencio Delgado e Gurriarán, que se repartiron entre todos os membros da comunidade educativa.

O alumnado de plástica creou fermosos marcapáxinas con versos de poemas galegos.

E a festa continúa, mira o noso cartel de actividades para o meses de maio e xuño!.



07/06/18

MAGNÍFICO AGASALLO


Na semana pasada, na biblioteca Xaquín Yebra recibimos a visita de Marta Sánchez Villarabide, exalumna do IES de Melide, que viña taernos un agasallo precioso: o primeiro CD do seu grupo, Cuarta Xusta, cunhas fermosas dedicatorias de tod@s @s seus compoñentes.
O grupo Cuarta Xusta estreouse no 2016 no festival Presume de Galego, que organiza o ENL do IES de Melide e que xa está institucionalizado como evento cultural que se celebra o último venres de xaneiro.
Ademais de Marta (violín), o grupo está formado por Aida López Costa (voz), tamén exalumna do IES de Melide, Alba Vilariño Silva (baixo), Lúa Aguete (batería) e Alberto García Diéguez (guitarra). Comezaron versioneando temas, pero conseguiron crear temas propios e gravar o seu primeiro traballo, Un novo espertar.
Para o ENL e a biblioteca do IES de Melide é unha honra ter aportado o noso gran de area para que este grupo saíse adiante. Resultados tan brillantes como este anímannos a seguir convocando máis festivais e seguir fomentando a música en galego.
Deixámosvos cun dos temas deste traballo que Cusrta Xusta interpretou no programa Luar da TVG. Os nosos máis sinceiros parabéns, quedamos convertido@s en fans incodicionais.


03/06/16

PARAÍSO LARANXA



Este martes, 31 de Maio, tivemos ocasión de asistir, no auditorio da casa da Cultura de Melide, á magnífica representación teatral “Paraíso Laranxa”, a cargo do CPM (Consorcio para a Promoción da Música no IES de Melide), o Conservatorio Profesional de Música de Santiago e Teiroa Teatro. Tamén participou o grupo "@REcortados", formación que nace dentro da materia de música do noso Centro como práctica real de agrupación instrumental.
O CPM é un grupo de traballo do alumnado de música de 1º de Bacharelato que se constitúen nunha corporación ficticia como traballo de aula co obxectivo de facer unha práctica real dun proxecto de xestión cultural en todos os seus pasos.
Levantemos un momento o telón...


PARAÍSO LARANXA by Slidely Photo Gallery

30/05/16

ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME LITERARIO "DÍA DAS LETRAS 2016"



O pasado venres 27, durante a celebración do Corremelide-2016,  tivo lugar a entrega de premios do Certame Literario “Día das Letras 2016”.
Estes foron os gañadores e gañadoras dos diferentes concursos:

CONCURSO DE MANIFESTOS:
CATEGORÍA 3º e 4º PRIMARIA:  Víctor, Sergio, Martín, Bruno e Álvaro (4º Primaria, C. P.  Mestre Pastor Barral)
CATEGORÍA  5º e 6º PRIMARIA:  Iago García (5º Primaria, C.  P.  nº 1)
CATEGORÍA  1º e 2º ESO: Lara Méndez e Lucía Núñez (1º ESO B)
CATEGORÍA  3º, 4º e 1º BACHARELATO: Deserto.

CONCURSO DE CALIGRAMAS:
CATEGORÍA 3º e 4º PRIMARIA: Manuel García, Héctor e Kiran (3º Primaria, C. P.  Mestre Pastor Barral)
CATEGORÍA  5º e 6º PRIMARIA:  Borja García Mella (5º Primaria, C. P. nº 1)
CATEGORÍA  1º e 2º ESO: Deserto.
CATEGORÍA  3º e 4º ESO: Hilda Mosteiro (4º A) e Iria Barreiro (4º A)

CONCURSO DE POESÍA:
-          Iago García (1º ESO A)
-          Iria Barreiro (4º ESO A)

CONCURSO DE NARRATIVA:
-          Carolina Sánchez (1º ESO A), polo seu relato: “Un soño por cumprir”
-          Sara Taboada (4º ESO A), polo seu relato: “Sen acender a luz”

PARABÉNS A TODOS E A TODAS OS PARTICIPANTES!

17/05/16

DÍA DAS LETRAS 2016. MANUEL MARÍA



Manuel María Fernández Teixeiro. Figura de referencia no panorama literario galego. Poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega. Procurador, libreiro, narrador oral excepcional e gran rapsoda.
Cidadán do mundo comprometido coa política e o galeguismo. Amigo e contertulio de Luís Pimentel, Aquilino Iglesia Alvariño, Ramón Piñeiro, Uxío Novoneyra, Fermín Bouza Brey e Ramón Otero Pedrayo.


22/04/16

CERTAME LITERARIO “LETRAS GALEGAS 2016”



Un curso máis, o Departamento de Lingua, o Equipo de Normalización Lingüística e a Biblioteca Xaquín Yebra convoca o Certame Literario "Día das Letras 2016". Animámosvos a tod@s a participar.


E. Normalización IES Melide



 
              


             CERTAME LITERARIO

           "DÍA DAS LETRAS 2016"


O DEPARTAMENTO DE LINGUA, A BIBLIOTECA e o EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA do IES de Melide, convocan o Certame Literario
"Día das Letras"

BASES

1. Poderá participar no Certame calquera alumno ou alumna do Centro.
2. Establécense as seguintes modalidades de participación:
a.      Poesía.
b.     Prosa.
c.      Ensaio.
d.     Traballos de recuperación e salvagarda da memoria comunitaria.
3. Especificamente, entenderase a efectos do Certame que os traballos de recuperación e salvagarda da memoria comunitaria son aqueles que dalgún modo recuperan, para salvala do esquecemento, a memoria de formas de vida, traballos comunitarios, tradicións, costumes... das xeracións pasadas.
4. As obras presentadas deberán estar escritas en lingua galega.
5. A extensión e os temas dos traballos a presentar son libres.
6. O xurado estará composto por representantes do alumnado, do profesorado e do persoal non docente do Centro.
7. Os traballos, nos que se farán constar os datos do/a autor/a, deberán presentarse na Conserxería do Centro antes do 23 de maio de 2016.
8. Os premios serán entregados durante a celebración do Corremelide-2016.