29/10/24
Contacontos de Samaín
28/10/24
Debuxa o samaín
No IES de Melide non nos faltan as persoas dotadas cun extraordinario talento para o debuxo e a pintura, e non puidemos evitar tirar proveito.
Nesta ocasión, escollimos un conto de Paula Carballeira, recollido no seu libro 13 avisos. Durante a lectura do relato, a rapazada ía debuxando aquilo que máis a inspiraba. Quedaron estampas ben xeitosas! Cal vos gusta máis a vós?
21/10/24
O samaín chegou!
Non sabemos se o Samaín é moda ou tradición, se é galego ou estranxeiro, se nos dá medo ou risa... pero que ben o pasamos preparando esta data! A literatura está chea de referencias a
este momento do ano e nós quixemos traelo á Biblio. Prepárate porque estes días hai sorpresas detrás das portas!
Comezamos cun obradoiro de Hamma Beads de terror, para decorar a biblio e inspirar un pouco terros entre os que nos visita.
Estas figuriñas fanse xuntando pequenas doas de goma colacados seguindo un patrón xeométrico que, tras derreterse con calor, deixan ver unha figura ben orixinal. Cal vos gusta máis?Ademais, os nosos voluntarios e voluntarias máis creativas deixaron a Biblioteca a cargo de Jack Skellington e da Noiva Cadáver. Parecen talmente saídiños da película.
Non faltaron as tumbas, as pantasmas e as cabazas, que ambientaron o espazo para estas datas.
18/10/24
Día das escritoras
Cada 15 de outurbro celebramos, desde xa fai case 10 anos, o Día das Escritoras. Elas non o tiveron doado. Moitas non podía publicar os seus libros, outras facíanos con psudónimos e outras estaban condenadas ao escarnio público por atreverse a facer algo reservado para eles. Por iso as celebramos a elas, ás que alzaron a voz para que hoxe nós esteamos onde estamos.
Fixemos unha xincana para poidades coñecer a cada unha das escritoras que fixeron e fan historia e ademais, tivémolas na Biblio, poderedes recoñecelas?
Todo isto foi posible grazas á colaboración da Asemblea Feminista Estela Lila do IES de Melide!
01/10/24
Papalibros miúdos!
Co inicio do curso, o Club de Lectura inicia unha nova andaina e as portas están abertas para quen lle guste a lectura e tamén para quen lle guste pero aínda non o sabe!
Podedes anotarvos no club de lectura dos Papalibros, na modalidade que vos corresponda, e animarvos así a facer actividades diferentes, como xogos, contacontos, merendas literarias, proxeccións de cine... e todo o que se vos ocorra.
A lectura é unha boa forma de compatir experiencias cos teus compañeiros e compañeiras!