08/03/23
Músicas galegas
07/03/23
Oca Revolucionaria
28/02/23
DÍA DE ROSALÍA
XORNADA ROSALIANA
O 23 de febreiro celebramos no noso centro o Día de Rosalía.
A súa imaxe na entrada do centro estivo acompañada por unha colección de marcapáxinas confeccionadas polo alumnado de 3ºde ESO
O alumnado de 4º de ESO do noso IES completou o taboleiro ilustrando versos rosalianos de diferentes obras da escritora:
Este vaise e aquel vaise/ e todos, todos se van
Cala rula, os teus arrulos ganas de morrer me dan"
Tecín soia a miña tea...
16/02/23
RECITAL DE POEMAS DE AMOR
A Candeloria e a celebración do Amor foi motivo para que o alumnado recitase poemas coloridos coma panos de seda. Tantas cores dixeron do amor coma as que eles mesmo luciron no pescozo. Porque o amor pode ser primixenio, ou paixonal ou transformer, ou propio... Pero é que eles sábenas dicir todas porque son o Club de Poetas de 4º B
Despois do recital, unha caixa de correos abría a súa boca para poder enviar cartas de corazón vermello, cuxos encargados de repartilas foron os mesmísimos carteiros/ as do amor.
15/02/23
MICROPOEMAS POLA PAZ
Con motivo da celebración do Día da Paz o alumnado creou micropoemas con imaxe.
Ademais da participación, puidemos observar a súas habilidades gráficas e plásticas