29/04/24
VISITA DE IRIA ALDEGUNDE
TALLER DE PAPIROFLEXIA
.jpg)
Cando tocou o timbre, así de rápido, quen quixo puido acudir á aula moi ben acompañd@: cun libro e unha flor.
TERTULIA LITERARIA
"Unha viaxe a través da literatura" é a frase que serviu de título para establecérmonos de novo coa radio na biblio e camiñar cun grupo de alumnado que ten neste asunto moito que dicir.
A nosa compañeira Paloma, de Lingua Castelá, conduciu unha conversa amena con alumn@s de Colombia, Venezuela, Marrocos para achegármonos á súa andaina lectora dentro e fóra das nosas fronteiras.
SEMANA DO LIBRO
A Semana do Libro comezou traendo a radio á biblio. O 22 de abril, en vésperas do Día do Libro, a nosa compañeira de Lingua Galega, Pilar Lado, entrevistou a Moisés Barcia, tradutor e membro de Rinoceronte Editora, a primeira editorial especializada na publicación de obras traducidas ao galego.
VISITA DE EMILIO DEL RÍO
02/04/24
21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA
O departamento de Lingua Castelá e Literatura organizou o primeiro concurso de videopoemas e foi todo un éxito!!
Outra das actividades realizadas consistiu nunha tarefa interdisciplinar entre os departamentos de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Educación Plástica, Visual e Audiovisual. A rapazada converteuse por un día en pintoras e pintores creando un mural de debuxos que representaban cadanseu poema.

Ademais confeccionouse un tendal de "poemas para levar" e tod@s marchamos ás aulas colgad@s nun verso.
Tamén se organizou un recital poético en diferentes linguas como en francés:
...e en portugués:
Ademais, desde o Departamento de Matemáticas levouse a cabo un pyema: unha oda ó número PI.
01/04/24
8M, DÍA DA MULLER
Esta data fíxose visible desde os corredores do centro coa exposición de cartaces relativos a mulleres que fixeron camiño.
Ademais, o Departamento de Música elaborou unha listaxe de mulleres galegas especialistas no oficio: compositoras, músicas de diferentes estilos...
O noso equipo de " Tecendo historias" contou para esta data con dúas avoas tecelás, que nos deixaron abraiados/as coa súa destreza no manexo do gancho e das agullas. Que grandes mestras!
Por outra banda, este curso, dende a biblioteca, reivindicouse a figura de Irene a Porteira, a través dunha unidade didáctica baseada no cómic de Xulia Pisón, enviada ao profesorado, para que puidese traballar nas aulas.
Finalmente e, como non, tamén a biblio foi o lugar de encontro do equipo " Estela lila" que se creou este curso e arrancou con brío para dar visibiliade a todos os colectivos sociais desfavorecidos. Comezouse coa lectura dun manifesto
Arriba, no segundo andar da nosa biblio, un grupo de profesoras fixeron unha pequena homenaxe a "Las Sinsombrero", mulleres artistas ( escritoras, pintoras, actrices...) correspondentes á Xeración do 27, que mostraron a súa rebeldía ao prescindir do sombreiro, atavío feminino normativo na sociedade da época. Mulleres para quitar o sombreiro.
