29/09/09

30 DE SETEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DO TRADUTOR


O día 30 de setembro conmemórase o Día Internacional da Tradución, coincidindo coa festividade de San Xerome, considerado o patrón dos tradutores e, en certo modo pai da tradución, por verter a Biblia ao latín vulgar a principios do s. V d. C. A Biblia, escrita orixinariamente en hebreo e grego, xa fora traducida ao latín no s. II d. C., pero seguía sin ser accesible aos crentes, debido a descoñecemento da lingua e á imperfección da linguaxe. A tradución de Xerome denominouse Vulgata porque estaba pensada para o pobo ou vulgus, e a Igrexa adoptouna como versión oficial da Biblia durante 15 séculos.

A tradución é, sen embargo, un labor máis antigo. Una das primeiras testimuñas é a Pedra de Rosetta, unha estela exipcia datada no s. II a. C. escrita en tres idiomas (exipcio xeroglífico, exipcio demótico e grego) que serviu para descifrar os xeroglíficos exipcios. A finais da Idade Antiga e principios da Idade Media foi especialmente significativa a tradución dos textos bíblicos, sendo a Biblia un dos libros máis traducidos en todas as épocas. A partir do s. IX e X os textos científicos e filosóficos gregos foron traducidos ao árabe, o que contribuiu a súa difusión por toda Europa a traveso de España ata o s. XV, cando os árabes foron desterrados. A Escola de tradutores de Toledo xogou un importante papel na transmisión do pensamento clásico e no desenvolvemento científico, vertendo textos clásicos do árabe ou hebreo ao latín, servíndose do español ou das linguas romances.

"Traduttore, taditore" é un dito italiano que significa "Tradutor, traidor". Esta idea de que a tradución traiciona ou perverte o texto orixinal tamén é compartida por Cervantes cando di: «... y lo mesmo harán todos aquellos que los libros de verso quisieren volver en otra lengua: que, por mucho cuidado que pongan y habilidad que muestren, jamás llegarán al punto que ellos tienen en su primer nacimiento.» Pero o certo é que o labor dos tradutores, ademais de facilitar o intercambio cultural, permítenos acceder ás grandes obras da literatura universal. O propio Cervantes non sería tan lido se non fose traducido a tantos idiomas, e que diríamos dos autores rusos, xaponeses... mesmo a Ilíada a Odisea, A Eneida ou os poemas de Horacio só poderían ser lidos por moi poucos. Que sería de nós, que non sabemos sueco, sen a tradución da triloxía Millenium de S. Larsson? e aínda que o inglés é máis asequible, sería tremendo non poder devorar a toda velocidade a saga de Crepúsculo, de S. Meyer. E que sorte poder ler a Paasilinna en galego! Afortunadamente cada vez temos unha maior implicación das editoriais galegas na tradución de obras da literatura universal, tanto as veteranas Galaxia ou Xerais, como outras máis novas e mellor coidadas como Rinoceronte.

A escola de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo ven celebrando nos últimos anos o Día Internacional da Tradución, homenaxeando a un tradutor ou tradutora e celebrando unhas xornadas. Este ano a homenaxeada é Marilar Aleixandre, que á parte da súa coñecida obra coma escritora para todo tipo de públicos, ten desenvolvido un interesante labor como tradutora, con obras como A caza do Carbairán de L. Carroll ou Harry Potter e a pedra filosofal, de J.K. Rowling. As xornadas asistirá Daoud Hari, recoñecido intérprete no conflicto bélico de Darfur, quen pronunciará unha conferencia en 12 idiomas na que contará a súa experiencia e abordará cuestións relativas a súa obra O intérprete: memorias dun membro dunha tribo de Darfur.
Alba, Fátima, Lorena e Xisela (As "multi-tradutoras" de 2º B de Bac)

22/09/09

BENVIDA Á NOVA BIBLIOTECA !!

Parece que foi onte cando marchamos de vacacións e xa estamos de volta cun novo curso só para nós: para estudar, compartir, ter novas experiencias .....e entre elas está disfrutar e aproveitar os recursos da nosa biblioteca : se a visitades , comprobaredes que se están a crear novos espazos dentro da mesma: un recuncho para o visionado de películas, coas súas butacas vermellas, e con auriculares para non molestar a ninguén, a zona de informática que conta con dous ordenadores máis, un proxector de imaxes ....e aínda haberá algunha novidade máis. Todo isto levouse a cabo grazas ao PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), un programa da Xunta no que estamos inscritos hai dous anos e que levamos adiante unha serie de profesores axudados en ocasións por alumnos e alumnas do centro.
Neste comezo do curso dámoslles unha especial BENVIDA aos rapaces e rapazas de 1º da ESO, que chegan ao noso instituto por primeira vez : xa sabedes, entrando polo corredor da planta baixa, á esquerda, espéranvos miles de oportunidades de conectar con mundos distintos (e non só por internet) : atoparedes aventuras, monstruos, piratas, namorados/as, meigas, fadas e os vosos personaxes favoritos de cómic. Hai un libro, película, CD-ROM esperando por ti. Non deixes pasar a oportunidade de pasar un bo tempo de lecer. Os libros non se len só por obriga : lense tamén por pracer: que o saibades descubrir.
Benvida a todos !!!