25/01/17
NOVIDADES
Unha eclipse de sol desata unha serie de situacións inesperadas entre uns personaxes ao límite da loucura: un agricultor que constrúe un foguete para fuxir da fin do mundo cos seus anciáns pais, un mozo que `pensa propoñerlle matrimonio á súa parella no momento no que se se superpoñen a Lúa e o Sol, ...
Joël Egloff retrata con humor e delicadeza nesta serie de relatos satíricos os desexos e medos máis frecuentes.
Americanah, que recolle o termo burlón co que os nixerianos chaman ós que volven de EEUU dándose aires, é unha historia de amor ó longo de tres décadas e tres continentes, a historia de como se crea unha identidade á marxe dos dictados da sociedade e os seus prexuízos.
"Pequenos gandes xestos" é unha colección de libros ilustrados para que os rapaces e rapazas se familiaricen con valores como a tolerancia, a xustiza e a convivencia, animándoos mediante o exemplo a convertirse tamén en protagonistas da súa propia historia.
Este libro recolle historias de home se mulleres que dedicaron a súa vida a loitar poloa conservación da natureza. Jane Goodall, Peter Wilcox, Berta Cáceres,... son algúns exemplos que nos demostran que o ser humano debe coidar e protexer o medio ambiente polo ben das xeracións presentes e futuras
Este libro recollle a historia de homes e mulleres como Rosa Parks, Malala Yousafzai, Firas Maraghy... que loitaron polos seus dereitos convencidas de que todas as persoas nacen iguais.
Barcelona, 1943.
O asasino máis sanguinario que viu a cidade anda solto. Mauricio "Her Doktor", detective privado pouco convencional, aparcará a súa axenda para dar caza ó criminal. Polo de agora, os seus clientes deberán esperar, entre eles, Laia.
Laia é feliz...pero Laia vive unha mentira.
O novo cómic de de Rayco Pulido está próximo ao xénero negro. Pero nesta trama, o importante non será desvelar o quen, senón o como e o porqué.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario