Como en anos anteriores, desde Vicedirección, Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística, o departamento de Lingua e Literatura Galega e a Biblioteca, fixemos unha convocatoria do Certame Literario "Relatos Terroríficos" para o alumnado de 1º e 2º de ESO polo Samaín.
Este ano recibimos moitos relatos e a decisón de seleccionar só tres non foi nada doada. Menos mal que contamos coa inestimable axuda do alumnado de Literatura Galega do século XX que fixo de xurado. Queremos agradecerlle o seu difícil labor e esperamos contar con eles noutros certames.
Tamén queremos darlle as gracias ao profesorado de Lingua e Literatura Galega de 1º e 2º ESO por animar ao seu alumnado a participar neste concurso.
Parabéns ás gañadoras!!!
Primeiro premio:
Os irmáns Morgan, de Belén Agra Parrado (2º ESO)
Segundo premio:
Voces, de Omaira Vidad Vidal (2º ESO)
Terceiro premio:
Unha mensaxe para Uxía, de Saínza Rúa Gómez (1º ESO)
E para finalizar, estes son os relatos. Morrede de medo coa súa lectura!!!