Este curso, o noso
Centro celebrou o Día
da Ciencia en Galego cunha gran variedade de actividades:
- O alumnado de 2º de ESO e 1º de BAC asistiu á charla “Viaxe
á Antártida” de Javier Cristobo,
director do Centro Oceanográfico de
Xixón e investigador galego experto na Antártida e na súa probemática que estivo oito veces neste continente ( http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2016/01/26/javier-cristobo-span-langglteno-virus-da-antartidaspan/0003_201601G26P26992.htm).
- O Departamento de Tecnoloxía converteu
os corredores do noso Centro, durante o recreo, nun concorrido laboratorio no
que brillantes científicos de 3º ESO realizaron os seguintes experimentos:
- Como extraer o ferro dos cereias?
- Cloud in a bottle? Aprendemos o que é a condensación
- Explotamos globos cubha laranza. O ácido disolve o plástico.
- Disolvemos o poliestreno. Con acetona.
- Diferentes tensións superficiais no leite coloreado, cun pincel e
xabrón.
- WOOD STAR, a dilatación da madeira.
- Da man do Departamento
de Ciencias Naturais, o alumando de 1º de ESO demostrounos que é posible
inflar un globo sen aire e amosounos un par de maquetas de volcáns en activo.
-Pola súa banda os departamentos de Grego, Física e Química,
Matemáticas e Ciencias Naturais,
organizaron o 3 de novembro ás 19.30,
como actividade inagural do Día da Ciencia, unha sesión de observación de estrelas grazas á colaboración do Observatorio
Astronómico Ramón Mª Aller Ulloa da USC, dentro do seu programa TODOCOSMOS.
Estas actividades foron seguidas de preto polo programa de
divulgación da Radio Galega titulado “Efervesciencia”
(http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/) e polo
seu director, Manuel Vicente. O alumnado do IES Melide, coa
colaboración do propio Manuel Vicente, foi o encargado de realizarlle unha
entrevista en profundidade a Javier Cristobo, entrevista que o domingo 6 foi
emitida pola Radio Galega. Destacar que
a gravación se realizou cos propios medios do centro, sen
necesidade de que a Radio Galega mandase
técnico ningún.
Ningún comentario:
Publicar un comentario